EM 2 3º

FRERE JACQUES (canción popular francesa)


CANTAMOS:                  TOCAMOS:

  

MELODÍA:

II: DO RE MI DO :II

II: MI FA SOL :II

II:SOL LA SOL FA MI DO  :II

II:DO RE DO :II

ACOMPAÑAMENTO: 

II: DO   MI   DO   MI :II

 II: MI   SOL   MI   SOL :II

II:  SOL   MI   SOL   MI :II

II: DO    DO   DO   DO :II 


O TEMPO

En música empregamos a palabra tempo para referirnos á velocidade.
Un tempo allegro leva unha velocidade rápida.
Un tempo andante leva unha velocidade normal.
Un tempo adagio leva unha velocidade lenta.
Hai tamén tempos que indican un cambio de tempo e que a velocidade cambia pouco a pouco:
Accelerando indica que a velocidade da música aumenta pouco a pouco.
Ritardando indica que a velocidade da música diminúe pouco a pouco.

                        Allegro                         Andante                     Adagio
    

Accelerando ritardando


LECTURAS RÍTMICAS

1

2

3

DIFERENCIAMOS RITMO E MELODÍA

Un ritmo é unha serie de sons cunha duración determinada. Escríbese con figuras en ritmograma. Tócano os instrumentos rítmicos.

O ritmo é o motor da música. É a combinación de figuras e de silencios que serve de base a unha melodía.

Ten que ver coa duración dos sons longos e curtos. A ordenación destes sons longos e curtos produce o ritmo.

O ritmo é un dos elementos básicos da música, tamén da danza e da poesía.


Unha melodía é unha serie de sons cunha altura e cunha duración determinados. Escríbese con notas en pentagrama.

A melodía é o elemento máis visible dunha peza musical; é dicir, aquelo do que os nosos oídos son máis conscientes ao escoitala. 

A melodía é, na maioría dos casos, o punto  de partida dunha composición musical e consiste nunha  combinación das notas dunha escala musical relacionando altura e duración. 


 Canción Supercalifragilisticoespialidoso

Eees Supercalifragilisticoespialidoso,
aunque suene extravagante, ¡raro y espantoso!;
si lo dice con soltura sonará armonioso,
supercalifragilisticoespialidoso!
Dan dilidili dan diliday, dan dilidili dan diliday.
Dan dilidili dan diliday, dan dilidili dan diliday.


AS FIGURAS MUSICAIS-Repaso


A REDONDA

Tanto a redonda como o silencio de redonda duran 4 tempos. Polo tanto, unha redonda completa ela soa un compás de catro por catro. Tamén un silencio de redonda o completa sen necesitar de ningún outro silencio ou figura. Entón a redonda é a figura que coñecemos de máis valor, despois a branca e logo a negra. Aínda estaría a corchea que vale menos que a redonda pero non fai ningún tempo completo por ela soa. Xa sabes que precisa doutra corchea ou dun silencio de corchea para completalo. Así que, as figuras que representan tempos completos son:



LECTURAS RÍTMICAS EN COMPÁS DE 4 TEMPOS

(lembra alternar as mans e rebotar logo de cada toque)


1


2


3



INDICADORES DE INTENSIDADE
En música a intensidade do son indícase con palabras italianas que nas partituras aparecen abreviadas. Dependendo de se o compositor ou compositora quere que toquemos ou cantemos máis ou menos forte, aparecerán as seguintes abreviaturas e así  deberemos interpretar. 



ELEMENTOS DA PARTITURA

  



A ÓPERA
A ópera é unha obra teatral interpretada por cantantes e unha orquestra.

PAPAGENO E PAPAGENA (MOZART)

Papageno e Papagena é un dúo dentro da obra "La flauta mágica" de Mozart
Papageno é un paxareiro que camina polo bosque en busca de sons de novos paxaros. Leva unha vestimenta feita de plumas, unha gaiola baleira atada a un cinto, e unha frauta de pan que, ao tocala, produce o son das notas sol, la si, do´e re´. Co son destas notas os paxaros ás veces calan e ás veces cantan máis e máis forte.
Papagena é tamén paxareira e, entre os dous, estan a aprender o canto de todos os paxaros do bosque. Finalmente, Papagena e Papageno casaron.




TIPOS DE VOCES NO CANTO
Lembra que as voces dos cantantes clasifícanse segundo o conxunto de notas que poden cantar
As voces das mulleres e dos homes son diferentes por natureza. En xeral, a voz dunha muller é máis aguda que a voz dun home, aínda que tamén hai mulleres con voz grave e homes con voz aguda.
A voz feminina é voz de soprano se canta un conxunto de notas agudas
A voz feminina é voz de contralto se canta un conxunto de notas graves.
A voz masculina é voz de tenor se canta un conxunto de notas agudas.
A voz masculina é voz de baixo se canta un conxunto de notas graves.
Así que, de máis aguda a máis grave, os principias tipos de voz humana  no canto son:

SOPRANO

CONTRALTO

TENOR

BAIXO




OS INSTRUMENTOS DE VENTO-MADEIRA E DE VENTO-METAL

A frauta travesa, o clarinete, o óboe, o fagot e o saxofón son instrumentos de vento-madeira.

Antigamente estaban feitos de madeira e o seu son é máis doce que o dos intrumentos de vento metal. O son prodúcese ao soprar por unha boquilla ou ao vibrar unha cana de madeira.

A trompeta, a trompa o trombón e a tuba son instrumentos de vento-metalEstán feitos de metal e o seu son prodúcese ao vibrar os beizos na embocadura.


                                                                                              

ActividadeInstrumentos de vento-metal (escribe a primeira letra con maiúscula).

Actividade: Le con atención sobre a clasificación tradicional dos instrumentos musicais:

Actividade: Escoita como sonan e observa a maneira de tocalos no seguinte vídeo (o que aparece como "corno", nós chamámoslle "trompa"). 


Actividade: Agudiza o teu oído e intenta acertar o son de cada instrumento so seguinte vídeo:


ActividadeInstrumentos da orquestra (dálle a "click to download" e a "permitir". Play para esoitar as familias de instrumentos).
ActividadeInstrumentos de vento (escribe a primeira letra con maiúscula).
ActividadeInstrumentos de percusión (escoita o son e logo preme na casilla fóra do son e na casilla do instrumento).
ActividadeSopa de letras (preme nunha letra e arrastra ata a última letra da palabra. Se non atopas algunha dálle a "mostrar palabra" para ver onde estaba).


A ORQUESTRA. COLOCACIÓN.



AGRUPACIÓNS INSTRUMENTAIS





Comentarios