AS CALIDADES DO SON
As calidades do son son catro: altura, duración, timbre e intensidade.
A altura é a calidade do son que distingue un son agudo dun son grave. Represéntase coas notas no pentagrama.
A duración é a calidade do son que distingue un son longo dun son curto. Represéntase coas figuras e os silencios.
O timbre é a calidade do son que distingue o son particular dos instrumentos, das voces ou dos obxectos que sonan.
A intensidade é a calidade do son que distingue un son forte dun son suave. Exprésase con matices: piano, forte, mezzopiano, mezzoforte.
TOCAMOS CARILLÓN:
A ÓPERA
A ópera é un espectáculo musical e teatral interpretado por cantantes e unha orquestra.
Na súa creación participan:
. Compositor ou compositora: crea a música.
. Libretista: crea os textos.
Na posta en escena da ópera interveñen:
. Director ou directora de escena: decide sobre todo o que sucederá no escenario.
. Directora ou director musical: coordina a interpretación dos cantantes e da orquestra.
. Cantantes e instrumentistas: interpretan a música creada polo compositor pu compositora.
. Reponsables da iluminación, do son, dos decorados, do vestiario e da maquillaxe: coordinan para que a estética da obra estea acorde ás escenas cos personaxes.
Exemplo de ópera:
Aria de Fígaro
OS SIGNOS DE PROLONGACIÓN: LIGADURA, PUNTO E CALDEIRÓN
A LIGADURA DE UNIÓN
A ligadura de unión é un signo de prolongación do son que se representa cunha liña curva enriba ou debaixo da cabeza de figuras ou de notas e que serve para unir o son de figuras da mesma ou de diferente duración e de notas do mesmo nome.
Lectura con ligaduras de unión
O PUNTO (OU PUNTILLO)
O punto ou puntillo é un signo de prolongación do son que se representa cun punto pequeno á dereita da cabeza dunha figura ou dun silencio e aumenta a metade do valor da figura ou silencio que o leva.
Canto duran?. Calcula:
O CALDEIRÓN
O caldeirón é un signo de prolongación do son que se representa cun semicírculo cun punto no seu interior que, colocado enriba ou debaixo dunha figura ou dun silencio, permite alongar o son tanto como o ou a intérprete desexe.
Lectura con punto e caldeirón
AS AGRUPACIONS INSTRUMENTAIS
ACTIVIDADE AQUÍ.
COMENTARIO DE PARTITURA
Para comentar unha partitura imos redactando cada paso dos que se indican a continuación, describindo coas nosas palabras o que sabemos dos diferentes elementos que aparecen.
1º Tipo de compás: Esta partitura/este fragmento musical, esta melodía... está nun compás de 2/4, 3/4, 4/4 ...
2º Número de compases (contando as repeticións): Ten tantos compases.
3º Figuras: a figura de menor duración é... e a de maior duración é...
4º Notas: a nota máis grave é .... e a máis aguda é....
5º Tempo: Débese interpretar allegro, andante, moderato...
6º Intensidade: a música comeza piano e no cuarto compás cambia a forte. Finalmente, volve a sonar piano ata o final.
Podes practicar comentando os seguintes fragmentos musicais:
1
Hola Loli, soy Lola. No he visto las canciones del alumnado. ¿Me podrías decir donde están? 😅 🎶
ResponderEliminarOla!. Á dereita das entradas hai unha lista de cancións titulada "Cancións pedidas polo alumnado".
EliminarMe han encantado las canciones del alumnado
ResponderEliminarSI ESTAN GENIAL
Eliminar