AS CALIDADES DO SON
As calidades do son son catro: altura, duración, timbre e intensidade.
A altura é a calidade do son que distingue un son agudo dun son grave. Represéntase coas notas no pentagrama.
A duración é a calidade do son que distingue un son longo dun son curto. Represéntase coas figuras e os silencios.
O timbre é a calidade do son que distingue o son particular dos instrumentos, das voces ou dos obxectos que sonan.
A intensidade é a calidade do son que distingue un son forte dun son suave. Exprésase con matices: piano, forte, mezzopiano, mezzoforte.
TOCAMOS CARILLÓN:
A ÓPERA
A ópera é un espectáculo musical e teatral interpretado por cantantes e unha orquestra.
Na súa creación participan:
. Compositor ou compositora: crea a música.
. Libretista: crea os textos.
Na posta en escena da ópera interveñen:
. Director ou directora de escena: decide sobre todo o que sucederá no escenario.
. Directora ou director musical: coordina a interpretación dos cantantes e da orquestra.
. Cantantes e instrumentistas: interpretan a música creada polo compositor pu compositora.
. Reponsables da iluminación, do son, dos decorados, do vestiario e da maquillaxe: coordinan para que a estética da obra estea acorde ás escenas cos personaxes.
Exemplo de ópera:
Aria de Fígaro
OS SIGNOS DE PROLONGACIÓN: LIGADURA, PUNTO E CALDEIRÓN
A LIGADURA DE UNIÓN
A ligadura de unión é un signo de prolongación do son que se representa cunha liña curva enriba ou debaixo da cabeza de figuras ou de notas e que serve para unir o son de figuras da mesma ou de diferente duración e de notas do mesmo nome.
Lectura con ligaduras de unión
O PUNTO (OU PUNTILLO)
O punto ou puntillo é un signo de prolongación do son que se representa cun punto pequeno á dereita da cabeza dunha figura ou dun silencio e aumenta a metade do valor da figura ou silencio que o leva.
Canto duran?. Calcula:
O CALDEIRÓN
O caldeirón é un signo de prolongación do son que se representa cun semicírculo cun punto no seu interior que, colocado enriba ou debaixo dunha figura ou dun silencio, permite alongar o son tanto como o ou a intérprete desexe.
Lectura con punto e caldeirón
AS AGRUPACIONS INSTRUMENTAIS
ACTIVIDADE AQUÍ.
COMENTARIO DE PARTITURA
Para comentar unha partitura imos redactando cada paso dos que se indican a continuación, describindo coas nosas palabras o que sabemos dos diferentes elementos que aparecen.
1º Tipo de compás: Esta partitura/este fragmento musical, esta melodía... está nun compás de 2/4, 3/4, 4/4 ...
2º Número de compases (contando as repeticións): Ten tantos compases.
3º Figuras: a figura de menor duración é... e a de maior duración é...
4º Notas: a nota máis grave é .... e a máis aguda é....
5º Tempo: Débese interpretar allegro, andante, moderato...
6º Intensidade: a música comeza piano e no cuarto compás cambia a forte. Finalmente, volve a sonar piano ata o final.
Podes practicar comentando os seguintes fragmentos musicais:
1
KOKOLEOKO- tradicional africana
Kokoleoko mama,
kokoleoko;
Kokoleoko mama,
kokoleoko.
Abba mama,
abba;
abba mama,
koleoko.
ALLA TURCA/MARCHA TURCA-Mozart
ELEMENTOS DA PARTITURA
A SEMICORCHEA
A semicorchea dura a cuarta parte dun tempo. Ten cabeza, plica e dous corchetes.
Por iso, catro semicorcheas xuntas suman un tempo.
O silencio de semicorchea tamén dura a cuarta parte dun tempo.
Entón:
EQUIVALENCIAS DAS FIGURAS MUSICAIS
SOLTAS
EN PARELLA OU EN GRUPO
LECTURA RÍTMICA
Practica con técnica de baquetas:
ALLA TURCA-Mozart
RE AGUDO
A nota re aguda (re´) escríbese na cuarta liña do pentagrama coa plica cara abaixo. Lembra que a plica vai cara abaixo e á esquerda en notas máis agudas ca o si e cara arriba e á dereita en notas máis graves. Na nota si pódese escribir cra arriba ou cara abaixo.
COMPÁS 4/4
A FORMA MUSICAL
A forma musical é a organización das diferentes partes dunha obra musical. Esta organización represéntase cunha estrutura baseada en letras que identifican cada parte.
. Forma binaria: consta de dúas partes. Unha idea principal e outra diferente que contrasta coa anterior. Estrutura:
. Forma ternaria: consta de tres partes. Unha idea principal seguida de outra constrastante e repetindo a idea principal, ou unha idea principal seguida de unha constrastante e rematando con outra diferente. Estrutura:
. Forma rondó: Consta dunha idea principal que se repite e que se intercala con outras partes contrastantes e que remata coa idea principal. Estrutura:
BACH












Me han encantado las canciones del alumnado
ResponderEliminarSI ESTAN GENIAL
Eliminar