Practica a LECTURA DE NOTAS

Practica la LECTURA DE NOTAS
Práctica, juego, reto y oído de LAS NOTAS
¿Sabes todas LAS NOTAS?

AS CALIDADES DO SON

As calidades do son son catro: altura, duración, timbre e intensidade.
A altura é a calidade do son que distingue un son agudo dun son grave. Represéntase coas notas no pentagrama.
A duración é a calidade do son que distingue un son longo dun son curto. Represéntase coas figuras e os silencios.
O timbre é a calidade do son que distingue o son particular dos instrumentos, das voces ou dos obxectos que sonan.
A intensidade é a calidade do son que distingue un son forte dun son suave. Exprésase con matices: piano, forte, mezzopiano, mezzoforte.



TOCAMOS CARILLÓN: 


NUN MERCADO PERSA-Albert William Ketèlbey


MELODÍA:

DO´DO´DO´LA SOL LA SOL MI MI

LA LA LA SOL MI SOL MI RE RE

DO´DO´DO´LA SOL LA SOL MI MI 

RE LA MI MI SOL LA LA

ACOMPAÑAMENTO: 

II: DO DO DO Z :II 

II LA LA LA Z RE RE RE Z II

II: DO DO DO Z :II 

II RE RE SOL SOL LA LA LAA II




REPASO LECTURA DE NOTAS




OS SIGNOS DE REPETICIÓN





A ÓPERA

A ópera é un espectáculo musical e teatral interpretado por cantantes e unha orquestra. 
Na súa creación participan: 
. Compositor ou compositora: crea a música.
. Libretista: crea os textos.
Na posta en escena da ópera interveñen:
. Director ou directora de escena: decide sobre todo o que sucederá no escenario.
. Directora ou director musical: coordina a interpretación dos cantantes e da orquestra.
. Cantantes e instrumentistas: interpretan a música creada polo compositor pu compositora.
. Reponsables da iluminación, do son, dos decorados, do vestiario e da maquillaxe: coordinan para que a estética da obra estea acorde ás escenas cos personaxes.


Exemplo de ópera:

Ópera Don Giovanni- Mozart
La ci darem la mano 
           





Ópera El barbero de Sevilla- Rossini
Aria de Fígaro


OS SIGNOS DE PROLONGACIÓN: LIGADURA, PUNTO E CALDEIRÓN


A LIGADURA DE UNIÓN

A ligadura de unión é un signo de prolongación do son que se representa cunha liña curva enriba ou debaixo da cabeza de figuras ou de notas e que serve para unir o son de figuras da mesma ou de diferente duración e de notas do mesmo nome.


Lectura con ligaduras de unión

O PUNTO (OU PUNTILLO)

O punto ou puntillo é un signo de prolongación do son que se representa cun punto pequeno á dereita da cabeza dunha figura ou dun silencio e aumenta a metade do valor da figura ou silencio que o leva.




Canto duran?. Calcula:




Lectura con punto

O CALDEIRÓN

O caldeirón é un signo de prolongación do son que se representa cun semicírculo cun punto no seu interior que, colocado enriba ou debaixo dunha figura ou dun silencio, permite alongar o son tanto como o ou a intérprete desexe.


Lectura con punto e caldeirón 

LECTURAS RÍTMICAS CON BAQUETAS

(lembra alternar as mans e rebotar logo de cada toque)




1


2

3





Practica negra con punto e corchea:





AS AGRUPACIONS INSTRUMENTAIS



ACTIVIDADE AQUÍ.



COMENTARIO DE PARTITURA

Para comentar unha partitura imos redactando cada paso dos que se indican a continuación, describindo coas nosas palabras o que sabemos dos diferentes elementos que aparecen.

1º Tipo de compás: Esta partitura/este fragmento musical, esta melodía... está nun compás de 2/4, 3/4, 4/4 ...



2º Número de compases (contando as repeticións): Ten tantos compases.

3º Figuras: a figura de menor duración é... e a de maior duración é...


4º Notas: a nota máis grave é .... e a máis aguda é....

5º Tempo: Débese interpretar allegro, andante, moderato...

6º Intensidade: a música comeza piano e no cuarto compás cambia a forte. Finalmente, volve a sonar piano ata o final.

Podes practicar comentando os seguintes fragmentos musicais:

1


2




KOKOLEOKO- tradicional africana

Kokoleoko mama,
kokoleoko;
Kokoleoko mama,
kokoleoko.

Abba mama,
abba;
abba mama,
koleoko.

   

ALLA TURCA/MARCHA TURCA-Mozart

  




ELEMENTOS DA PARTITURA

  


A SEMICORCHEA

A semicorchea dura a cuarta parte dun tempo. Ten cabeza, plica e dous corchetes. 

Por iso, catro semicorcheas xuntas suman un tempo.

O silencio de semicorchea tamén dura a cuarta parte dun tempo.

Entón: 

  • Redonda = 4 tempos
  • Branca = 2 tempos
  • Negra = 1 tempo
  • Corchea = 1/2 tempo
  • Semicorchea = 1/4 de tempo
EQUIVALENCIAS DAS FIGURAS MUSICAIS
 SOLTAS


EN PARELLA OU EN GRUPO



LECTURA RÍTMICA


Practica con técnica de baquetas: 

ALLA TURCA-Mozart



RE AGUDO

A nota re aguda (re´) escríbese na cuarta liña do pentagrama coa plica cara abaixo. Lembra que a plica vai cara abaixo e á esquerda en notas máis agudas ca o si e cara arriba e á dereita en notas máis graves. Na nota si pódese escribir cra arriba ou cara abaixo.




COMPÁS 4/4



A FORMA MUSICAL

A forma musical é a organización das diferentes partes dunha obra musical. Esta organización represéntase cunha estrutura baseada en letras que identifican cada parte. 
     . Forma binaria: consta de dúas partes. Unha idea principal e outra diferente que contrasta coa anterior. Estrutura:
   
    . Forma ternaria: consta de tres partes. Unha idea principal seguida de outra constrastante e repetindo a idea principal, ou unha idea principal seguida de unha constrastante e rematando con outra diferente. Estrutura:


    . Forma rondó: Consta dunha idea principal que se repite  e que se intercala con outras partes contrastantes e que remata coa idea principal. Estrutura: 


BACH





2 Reviews: