- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
SETEMBRO
Gaña puntos cada semana por portarte e traballar xenial!.
OUTUBRO
Repasamos o traballado na clase:
Cantos sons escoitas?. Vai contando os sons que recoñeces e ao final di o número total e o nome dalgúns sons que lembras.
Atento-a aos seguintes sons. Son agradables ou desagradables?. Vai dicindo en voz alta "son agradable" ou "son desagradable".
Escoita agora cada son e vai dicindo que pensas que está sonando:
Así representamos o que escoitamos:
Colle un papel e un lapis. Escoita os seguintes sons. Se un son é forte debuxa un punto grande e se o son é suave debuxa un punto pequeno.
Adiviña o animal que fai cada son:
La isla de los sonidos
Danza rusa (Tchaikovsky)
NOVEMBRO
Cantamos:
Os instrumentos de percusión
Marcha del león
-El carnaval de los animales- (Camille Saint-Säens)
Amadeus Mozart
DECEMBRO
Practica a clave de sol
Xaneiro
Pide a unha persoa maior que realice este exercicio rítmico contigo:
Cando vexades un paxaro dades unha palmada. Cantos paxaros hai?. Catro?. Pois catro palmadas. Mira o primeiro paxaro na primeira palmada, o segundo coa segunda palmada, o terceiro na terceira e miras o cuarto na cuarta palmada. Á de tres comezades. 1, 2 e 3:
Ves o niño baleiro?. Non hai paxaro. Non hai son. Agardamos sen palmear mirando para cada niño no tempo en que daríamos a palmada (o adulto pode ir sinalando cada paxaro e a nena-o seguíndoo coa vista).
Agora hai paxaro e logo marcha. Facemos catro palmadas e agardamos o tempo doutras catro palmadas. Todo seguido. Á de tres: 1, 2 e 3:
Fíxate. O paxaro vai voando en busca de comida. Ves?. Está e marcha, está e marcha... Palmea cando está e espera cando non está. Á de tres: 1, 2 e 3:
Paréceuche fácil?. Pasa agora a realizar o seguinte exercicio:
Ides pensar que a negra é o paxaro e ides palmear como no exercicio anterior. Cada vez que vexades esta figura musical dades unha palmada, vale?. Á de tres: 1, 2 e 3:
Moi ben. Agora pensades que o silencio é o niño baleiro do paxaro e esperades como fixestes antes. (A persoa adulta pode ir sinalando cada silencio e a nena-o seguíndoo coa vista).
Agora todo seguido. Palmeade nas negras e esperade nos silencios. Á de tres: 1, 2 e 3:
E agora?. Palmada, espera, palmada, espera... 1, 2 e 3:
Por último, escollede Persoa 1 e Persoa 2 para facer o ritmo que corresponde. Contades ata 3 e comezades as dúas persoas ao mesmo tempo. Logo cambiades e facedes a liña que fixo a outra persoa facendo o cambio sen parar no medio. Facédeo unha vez lento, outra normal e outra rápido.
Agora:
E por último:
O timbre
Cada persoa, animal e cousa ou obxecto ten un son particular que o diferencia dos demais. Por iso diferenciamos o son da voz de cada persoa, o son de cada animal, o son dos obxectos que sonan e o son de cada instrumento musical.
Ese son particular de cada un é o timbre, como o que diferenciamos na clase coa historia dos sons cambiados, escoitando o timbre da pandeireta, da gaita e do violín, ou coa actividade na que recoñecíamos a voz dos compañeiros e compañeiras, lembras? 😉
Febreiro
Sons agudos e graves:
El carnaval de los animales
Escoita os seguintes fragmentos de "El carnaval de los animales". Debes escoitalos mirando para as imaxes dos instrumentos. Adiviñas que instrumento fai de ELEFANTE?. E de PAXARO?. E de FÓSIL?.
Canción La casita de las notas
Paseo en trineo
Escoita con atención intentando descubrir que instrumentos sonan neste "Paseo en trineo".A escala musical
Lembras que en "La casita de las notas" entonamos unha escala musical? ... la si do´si la sol fa mi re do, se acabó.
A nosa voz sona cara arriba e logo cara abaixo. Cando sona cara arriba a escala é ascendente e cando sona cara abaixo a escala é descendente. Mira:
A clave de sol
Sabemos como se chaman as notas gracias á clave de sol. A clave de sol colócase ao comezo do pentagrama. Nace na segunda liña (contando desde abaixo). Ten unha forma enrolada como a cuncha dun caracol, estírase e baixa rematando cun rabiño. Míraa:
Escoita os seguintes instrumentos:
Marcha turca" (Beethoven)
Alla Turca (Mozart)
Escoita "Alla turca" e axuda a Mozart coa súa música dando unha palmada para recoller cada negra.
Actividades:
Une cada son co seu animal (fai clic nun son para escoitalo. Logo, marca a casilla fóra do icono do son e a casilla do animal que fai ese son para unilos).
O pentagrama
El amor de las tres naranjas
Escoita El amor de las tres naranjas de Prokofiev. Fíxate ben nos instrumentos que aparecen:
Marzo
Lectura rítmica
Abril
As notas musicais
As notas musicais son sete. Con elas fanse as melodías das cancións. O nome das notas musicais é:
DO, RE, MI, FA, SOL, LA e SI.
No pentagrama escribimos primeiro a clave de sol e despois as notas musicais.
As notas desde a primeira ata a última forman unha escala musical.
Cando a escala sona cara arriba; é dicir de grave a aguudo, a escala é ascendente e cando a escala sona cara abaixo; é dicir, de agudo a grave, a escala é descendente. Mira:
As notas sol e mi
A nota sol sitúase na segunda liña do pentagrama. A nota mi sitúase na primeira liña do pentagrama. A nota sol é máis aguda que a nota mi. A nota mi á máis grave que a nota sol. Míraas con atención e memorízaas!.
Practica dicindo en voz alta sol ou mi:
As figuras musicais
As figuras musicais representan os ritmos que facemos co corpo ou cos instrumentos. Lembramos as que aprendemos:
Practica con palmadas:
Maio
As voces femininas, masculinas e infantís
A voz dunha muller é unha voz feminina e a voz dun home é unha voz masculina. Sonan diferente, normalmente a feminina sona aguda e a masculina grave. Pero a voz dun neno e dunha nena é semellante ata que non son máis maiores. Así que tanto a voz dunha nena como a voz dun neno é unha voz infantil. Que tipo de voz son as seguintes voces faladas?. Di "feminina", "masculina" ou "infantil" segundo a voz que escoites.
O crebanoces
Ás veces a música serve para contar historias. A "Danza da fada de azucre" pertence a un ballet chamado "O crebanoces".
Na historia, unha fada golosina moi misteriosa entra pola ventá no cuarto duns nenos mentres están durmindo e cun toque da súa variña máxica lévaos ao páis dos soños.
O acuario
(O carnaval dos animais)
A respiración
😀