AUDICIÓNS (continuación)
A DANZA DOS MIRLITÓNS-Tchaikovsky
Que son os mirlitóns?
O mirlitón é un instrumento de membrana resonante ou pitos de chapa. É coñecido tamén como kazoo ou turuta.
Trátase dun asubío (silbato) formado por unha caña oca e pechada por un dos dous extremos cunha membrana de papel fino que ao soplarse por unha abertura que ten no centro, vibra producindo son.
O Danubio azul é un valse (vals), un tipo de baile moi elegante para bailar en festas.
O Danubio azul é un dos valses máis coñecidos do compositor Johann Strauss.
Esta peza musical é considerada unha das máis populares da música clásica. O significado que ten para os vieneses e vienesa convertérono no segundo himno nacional de Austria e tamén nunha peza de obrigada interpretación no Concerto de Aninovo de Viena.
Báilase en tres tempos musicais. Escoita: 1, 2, 3; 1, 2, 3...
JAZZ LEGATO - Leroy Anderson
Con esta peza musical as nenas e nenos coñecen características empregadas no jazz, un estilo musical que se orixinou nos Estados Unidos.
mencanto la musica de 3 tiempos😎🎶👏🐱💻🐱🚀😃👀✔🐱👤🌹😎😜✌🙌👌😂😘🥰🤩💋👍💘❣💓🎉✨🥨🥓🍳🍢🍤🍩🍩🧆🍧🍭🧁🍨🛵✈🚂💖💓💗💕🤍💙🖤🖤💙🧡❤🧡🤎;):);-):-)😂😁🤣😘😙🤩😙🥰😙🥰😘😍😋😑😙😙😋😪😏🤨🤔🤗🤨😶😣😏😮🤐😪😁😀😂
ResponderEliminar