A RESPIRACIÓN NA DANZA
Aprender a respirar é importante. Dominar técnicas de respiración permite manter a enerxía durante toda a coreografía, evitar o esgotamento prematuro e mellorar a concentración.
A respiración durante a danza debe ser lenta e profunda e a través do nariz, nunca pola boca.
Nunha respiración axeitada, o peito e os ombros non deben levantarse.
Antes de danzar, faremos:
- Quentamento: con exercicios de respiración para preparar o corpo e a mente.
- Ensaio: sincronizando a respiración coa coreografía, identificando os momentos clave para inhalar e exhalar.
- Enfriamento: con respiracións profundas para relaxar os músculos e reducir a frecuencia cardíaca.
A HIXIENE POSTURAL NA DANZA
A danza implica un traballo moi completo de todo o corpo: forza, axilidade, control do movemento e do equilibrio, e lixeireza. Polo tanto, é unha boa ferramenta para mellorar a nosa postura.
O principal obxectivo da hixiene postural é previr sobrecargas musculares e lesións, ademais de permitir unha óptima respiración.
Unha correcta hixiene postural promove o mantemento da postura correcta do corpo durante a realización das actividades da vida diaria. Grazas a unha postura axeitada, combinada cunha respiración correcta, poderás conseguir realizar as actividades con menor esforzo.
Ao danzar, debemos partir dunha boa postural corporal para poder facer os diferentes movementos eficazmente.
Comentarios
Publicar un comentario