PRINCIPAIS PROFESIÓNS RELACIONADAS COA DANZA
1. Bailarín e bailarina profesional
As persoas con talento e paixón pola danza poden adicarse a bailar e formar parte de compañías de danza ou espectáculos teatrais con bailaríns.
2. Coreógrafo e coreógrafa.
As persoas que teñen habilidades para crear e deseñar coreografías, poden traballar en compañías de danza, teatros, compañías de ópera ou incluso en produccións cinematográficas.
3. Profesor e profesora de danza
As persoas que prefiren ensinar e compartir o que saben sobre danza, poden adicarse a ser profesor ou profesora de danza. Ensinan a nenas e nenos, mozas, mozos ou adultos en escolas de danza, centros culturais ou en academias de música e danza.
4. Director e directora de compañía
As persoas que teñen capacidade para organizar traballo con artistas poden ser directores ou directoras dunha compañía de danza ou de teatro.
5. Deseñador e deseñadora de vestiario
Hai persoas creativas ás que lle gusta o deseño e que teñen habilidades para a confección e a costura. Poden adicarse a crear o vestiario para espectáculos de danza ou obras de teatro.
COMO FACEMOS PARA DANZAR?
Antes de comezar é necesario planificar a danza que imos traballar. Facemos o seguinte:
1º Activación: Atendemos para conectar coa música.
2º Execución: Iniciamos a práctica con relaxación muscular e incluimos a técnica en cada paso.
3º Expresión: Desenvolvemos a secuencia de pasos, exploramos e improvisamos.
4º Avaliación: Comentamos o resultado e valoramos o traballo realizado.
DANZAMOS:
JAZZ LEGATO - Leroy Anderson
EL DANUBIO AZUL - Johann Strauss
O Danubio azul é un valse (vals), un tipo de baile moi elegante para bailar en festas.
O Danubio azul é un dos valses máis coñecidos do compositor Johann Strauss.
Esta peza musical é considerada unha das máis populares da música clásica. O significado que ten para os vieneses e vienesa convertérono no segundo himno nacional de Austria e tamén nunha peza de obrigada interpretación no Concerto de Aninovo de Viena.
Báilase en tres tempos musicais. Escoita: 1, 2, 3; 1, 2, 3...
DANZA DE LAS HORAS - Amilcare Ponchielli
A danzas das horas é un ballet curto dentro da ópera La Gioconda, composta por Almicare Ponchielli.
Esta danza representa as horas do día a través de bailes solistas e de bailes en conxunto.
Doce bailarinas danzan en forma de círculo simulando as horas dun reloxo, e dous bailaríns danzan no centro simulando as agullas do reloxo.
A película Fantasía de Disney recreou esta danza convertindo as bailarinas en avestruces que representan as horas da aurora, en hipopótamos que representan as horas do día, en elefantes que representan as horas do atardecer, e en crocodilos que representan as horas da noite.
Así, divídense nas horas da Aurora, as do Día, as do Atardecer e aas da Noite.
MINUET EN SOL M - Johann Sebastian Bach
Exemplo de danza dun minueto










.jpg)




.jpg)






Ningún comentario: