MOI IMPORTANTE: REPASO NA SEMANA SANTA DAS SEGUINTES LECTURAS REALIZADAS NA AULA (LEMBRAR AS DURACIÓNS DAS FIGURAS VENDO ANTES CADA VÍDEO).
AS NOTAS SOL E MI
A nota sol sitúase na segunda liña do pentagrama. A nota mi sitúase na primeira liña do pentagrama. A nota sol é máis aguda que a nota mi. A nota mi é máis grave que a nota sol. Míraas con atención, memorízaas e practica dicindo en voz alta sol ou mi:
LECTURAS DE NOTAS
Lectura 1
Repasa os instrumentos que demos:
Danza Alunelul
VOCABULARIO INICIAL DAS ARTES ESCÉNICAS.
Cales son as artes escénicas?
A danza
A danza é a arte escénica que emprega o corpo en movemento acompasado coa música para expresar ideas, sentimentos ou accións. Hai diferentes tipos de danzas. Un tipo de danza moi importante é o ballet.
A ópera
A ópera é a arte escénica que emprega a voz de cantantes e a música de orquestra para contar unha historia. Os cantantes interpretan a través de melodías o papel dos personaxes da historia.
O teatro
O teatro é a arte escénica na que se representa unha situación real ou ficticia a través da actuación. Os personaxes son interpretados por actrices e actores que empregan a voz falada, con palabras e expresividade acompañada con xestos.
O circo
O circo é a arte escénica que se basea na exhibición de habilidades nun escenario que pode ser móbil. Os artistas dun circo son malabaristas se fan malabares, acróbatas se fan acrobacias, domadores se doman animais salvaxes ou magos se fan xogos de maxia.
VOCABULARIO INICIAL DE DANZA
Que elementos precisamos para danzar?
Ritmo. Hai que identificalo internamente para poder danzar externamente.
Coordinación. Hai que controlar as diferentes partes do corpo para poder mover varias ao mesmo tempo.
Equilibrio. Hai que controlar o peso do corpo en movemento.
Creatividade. Hai que ter asimilados o ritmo, a coordinación e o equilibrio para xerar novas ideas a partir da imaxinación.
Ningún comentario: