RONDÓ DE LA SUITE Nº 2- Johann Sebastian Bach
A palabra rondó vén do francés rondeau, ronda ou danza en roda. Ten movemento rápido e un tema musical que se repite facendo a función de retrouso.O tema principal é claro, curto e cun motivo vivo e xoguetón facilmente recoñecible entre outros temas secundarios que fan a función de estrofas.O rondó é, pois, unha forma musical que ten un tema principal que se repite, intercalado entre outros temas diferentes.A súa estrutura é: A Tema principal. B Tema diferente. A Repetición do tema principal. C Segundo tema diferente. A Repetición do tema principal.
GREENSLEEVES - popular inglesa
Greensleeves é unha canción do folclore inglés, popularizada durante finais do século XV e ao longo de todo o século XVI. Era moi coñecida socialmente e interpretada polos pobos de diferentes lugares e tamén nos exércitos, cantándose cando estaban lonxe da casa. A temática é de amor dun cabaleiro a unha dama, que o rexeitaba,Actualmente, a melodía é máis coñecida na versión instrumental que coral.
MÚSICA PARA OS REAIS FOGOS ARTIFICIAIS-Häendel
George Frideric Händel compuxo a Música para os reais fogos de artificio en 1749, por encargo do rei, para acompañar un espectáculo de fogos artificiais sobre o río Támesis, en Londres.
É unha composición maxestuosa, triunfante e festiva.
Practica negra con punto e corchea:
OS SIGNOS DE PROLONGACIÓN: LIGADURA, PUNTO E CALDEIRÓN
A LIGADURA DE UNIÓN
A ligadura de unión é un signo de prolongación do son que se representa cunha liña curva enriba ou debaixo da cabeza de figuras ou de notas e que serve para unir o son de figuras da mesma ou de diferente duración e de notas do mesmo nome.
Lectura con ligaduras de unión
O PUNTO (OU PUNTILLO)
O punto ou puntillo é un signo de prolongación do son que se representa cun punto pequeno á dereita da cabeza dunha figura ou dun silencio e aumenta a metade do valor da figura ou silencio que o leva.
Canto duran?. Calcula:
O CALDEIRÓN
O caldeirón é un signo de prolongación do son que se representa cun semicírculo cun punto no seu interior que, colocado enriba ou debaixo dunha figura ou dun silencio, permite alongar o son tanto como o ou a intérprete desexe.
Lectura con punto e caldeirón
RONDÓ DE LA SUITE Nº 2- Johann Sebastian Bach
A palabra rondó vén do francés rondeau, ronda ou danza en roda.
Ten movemento rápido e un tema musical que se repite facendo a función de retrouso.
O tema principal é claro, curto e cun motivo vivo e xoguetón facilmente recoñecible entre outros temas secundarios que fan a función de estrofas.
O rondó é, pois, unha forma musical que ten un tema principal que se repite, intercalado entre outros temas diferentes.
A súa estrutura é:
A Tema principal.
B Tema diferente.
A Repetición do tema principal.
C Segundo tema diferente.
A Repetición do tema principal.
GREENSLEEVES - popular inglesa
Greensleeves é unha canción do folclore inglés, popularizada durante finais do século XV e ao longo de todo o século XVI.
Era moi coñecida socialmente e interpretada polos pobos de diferentes lugares e tamén nos exércitos, cantándose cando estaban lonxe da casa.
A temática é de amor dun cabaleiro a unha dama, que o rexeitaba,
Actualmente, a melodía é máis coñecida na versión instrumental que coral.
MÚSICA PARA OS REAIS FOGOS ARTIFICIAIS-Häendel
George Frideric Händel compuxo a Música para os reais fogos de artificio en 1749, por encargo do rei, para acompañar un espectáculo de fogos artificiais sobre o río Támesis, en Londres.
É unha composición maxestuosa, triunfante e festiva.
Practica negra con punto e corchea:
OS SIGNOS DE PROLONGACIÓN: LIGADURA, PUNTO E CALDEIRÓN
A LIGADURA DE UNIÓN
A ligadura de unión é un signo de prolongación do son que se representa cunha liña curva enriba ou debaixo da cabeza de figuras ou de notas e que serve para unir o son de figuras da mesma ou de diferente duración e de notas do mesmo nome.
Lectura con ligaduras de unión
O PUNTO (OU PUNTILLO)
O punto ou puntillo é un signo de prolongación do son que se representa cun punto pequeno á dereita da cabeza dunha figura ou dun silencio e aumenta a metade do valor da figura ou silencio que o leva.
Canto duran?. Calcula:
O CALDEIRÓN
O caldeirón é un signo de prolongación do son que se representa cun semicírculo cun punto no seu interior que, colocado enriba ou debaixo dunha figura ou dun silencio, permite alongar o son tanto como o ou a intérprete desexe.
Lectura con punto e caldeirón









Teño moitas ganas de que chegue xa o concerto de música.
ResponderEliminarEstou nerviosa pola actuacion
ResponderEliminarGustoume moito cantar a REGUEIFA.
ResponderEliminarQue divertido é o Rondo da suite nº2. Tamén me gustou moito a Regueifa.
ResponderEliminarTeño ganas de que empece unha nova unidade
ResponderEliminarGustoume o baile de Greensleeves
ResponderEliminarUnidade nova.
ResponderEliminar