Curso 2025-2026

Danzamos: 

TAMBOR - tradicional de Venezuela

O tambor é unha danza chea de enerxía que forma parte esencial da cultura venezolana.

É tocada por tambores venezolanos como instrumentos principais pero tamén por chácaras para celebrar festividades e cerimonias expresando a identidade en comunidade do pobo venezolano.

Sen embargo, ao seren movementos rápidos, a moitas persoas lles é dificíl aprender a bailalos.

O primeiro que hai que facer é familiarizarse co ritmo ata chegar a notar como os tambores dialogan entre si para poder bailalo con filas de parellas unhas fronte ás outras.

Unha vez que coñecemos o ritmo, o movemento das cadeiras é indispensable. Con movementos fluidos e ao ritmo da tambora.

Despois, non só se baila cos pés, senón con todo o corpo, involucrando a cadeira, os pés e os brazos, que é a última parte que engadimos ao bailar o tambor.

Traballar a coordinación é importante para poder mover en conxunto as diferentes partes do corpo.

Cando domines os pasos básicos, céntrate en sentir comodidade ao bailar.


MUIÑEIRA - folclórica de Galicia

A muiñeira é unha danza folclórica galega de ritmo rápido. Comunmente afírmase que foi nos muíños onde se moían o trigo e máis o millo, onde naceu este baile; dado que as mulleres que traballaban alí tiñan que agardar algún tempo a que o millo estivera a punto e para pasar o tempo, bailaban.


Como baile tradicional interpretábase en festas e romarías. A danza era colectiva, normalmente de tres a oito parellas colocadas fronte a fronte formando unha ringleira e vestidos co traxe tradicional.

A muiñeira distínguese principalmente polo seu compás de 6/8, rápido e vivo, interpretada por instrumentos tradicionais como a gaita, o pandeiro e a pandeireta.

A estrutura musical, composta de copla (tema A) e volta (tema B), interpretado na danza en xeito de punto e paseo.

Na muiñeira vella o home realiza puntos complexos e a muller fai paseos con forma de oito.

Na muiñeira nova un home interpretaba un punto, construído máis ou menos improvisadamente a base de embotados, saltos, picados e outras figuras, e o resto do grupo repite os movementos varias veces, mentres dure a parte da copla. Durante a parte de volta da melodía, o grupo realizaba paseos, en círculo, xirando as filas sobre o seu centro, ou outras figuras coreográficas sinxelas. Tanto punto como paseos execútanse cos brazos en alto ou facendo leves debuxos que dan máis graza á interpretación.

Exemplos de pezas coñecidas son a Muiñeira de Chantada e a Muiñeira de Lugo.


Uptown Funk - Mark Ronson


OS XÉNEROS ESCÉNICOS


Ópera – Forma de teatro que combina música, canto e danza.

Musical – Obra de teatro que inclúe cancións e danzas como parte da narrativa da historia.

Comedia –  Obra de teatro deseñada para facer rir aos espectadores.

Traxedia – Obra de teatro que presenta eventos tristes ou serios, a miúdo cun final desafortunado.


39 Reviews:

  1. Teño ganas de aprender tantas novas danzas na clase, aínda que bailar non me sae moi ben !!!!!🪇🪇

    ResponderEliminar
  2. No mundo hay moitos tipos de tambores pero parece que todos soan igual!😊😄😁😸😼

    ResponderEliminar
  3. Teño ganas de aprender todo isto!!!🤪🩵

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Eu tamén tiña ganas,porque así coñezo os diferentes tipos de bailes e danzas dos diferentes países🎼🎵😊😍🥳😁🤪

      Eliminar
  4. Quiero aprender las canciones canciones típicas de todos los países, porque es super mono saber los bailes y sus canciones tradicionales.

    ResponderEliminar
  5. En clase de música estamos aprendiendo moitos tipos de danzas, os seus elementos e outras cousas máis.😁

    ResponderEliminar
  6. El tambor es una danza que se hace con mucha energía. Es tocada por tambores venezolanos y también el principal instrumento las chácaras. El baile tiene que ir coordinado con el tambor. En los pasos se involucran los brazos y la cadera.
    También sus trajes son muy coloridos y se baila descanso. 😃

    ResponderEliminar
  7. Non sabía que os tambores eran típicos de Venezuela,non me o imaxinaba!!

    ResponderEliminar
  8. Si que parece moi difícil o tambor.

    ResponderEliminar
  9. O tambor parece moi fácil de tocar e de facer melodías con el pero seguir o ritmo dunha canción e moi difícil co tambor.🥁🪘💯🎸🎷

    ResponderEliminar
  10. O tambor parece moi díficil, pero é moi interesante aprender novas cousas del!!👍👍

    ResponderEliminar
  11. Foi moi divertido bailar o tambor hoxe na clase!!!😘

    ResponderEliminar
  12. Si estou dacordo foi moy divertido bailar o tambor , Ainda non aparece o meu monstruo do classdojo e xa o tuneei o xoves pasado 😤

    ResponderEliminar
  13. Foi moi divertido bailar o tambor na clase, tamén un pouco difícil!!!

    ResponderEliminar
  14. Bailar o tambor foi moi divertido,toso o mundo estaba a rir

    ResponderEliminar
  15. É verdade, foi moi divertido bailar o tambor na clase en grupo!!!!😂

    ResponderEliminar
  16. Gústame moito coñecer novas danzas!!

    ResponderEliminar
  17. A min tamén, tentei facer a danza do tambor na miña casa co meu pai e rimonos moito 💃

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que bo!. De seguro que botastes unhas boas risas 😉💃🎶🪘😂

      Eliminar
  18. Gustoume moito bailar a muiñeira na clase, foi moi divertido!!!!💃🎶

    ResponderEliminar
  19. Eu non sabía que bailar a muñeira fose tan divertido!!!!🎶

    ResponderEliminar
  20. Encantoume moito bailar a muñeira o outro día na clase.

    ResponderEliminar
  21. Encantoume bailar a muñeira,pareceme unha danza moi divertida! 🙋‍♀️

    ResponderEliminar
  22. Este tema é moi fácil, espero que a proba tamén!!!😀

    ResponderEliminar
  23. Es interesante cómo el baile,el tambor y la muiñeira muestran las tradiciones de Venezuela y Galicia, usando la música y el ritmo para contar historias y expresar la cultura.💃🥁🪘🇻🇪🎶

    ResponderEliminar
  24. Non me quero imaginar canto tempo tardaron as mulleres do video en aprender a bailar o tambor!

    ResponderEliminar
  25. Foi xenial bailar a muñeira na clase, de vez en cando a bailo na casa!!!👌👌😘

    ResponderEliminar
  26. Quiero seguir practicando el baile de la Muiñeira de Galicia, porque el baile la verdad no me sale muy bién.

    ResponderEliminar
  27. Encantoume bailar a muiñeira creo que me sae bastante ben

    ResponderEliminar
  28. Creo que a muiñeira e difícil de bailar o principio,cando te ensinan.En cambio cando xa tes práctica os movementos van sós

    ResponderEliminar
  29. Custame un poco bailar as muiñeiras,Eu non valgo para bailar 😂😂

    ResponderEliminar
  30. Encantoume moito bailar o just dance, foi moi divertido!!!🤣🤣

    ResponderEliminar
  31. Me gusta mucho sus trajes folclóricos 💃, el sonido de la gaita y la pandereta. 🙃🙂😺.

    ResponderEliminar
  32. Me parece muy divertido que en clase de música estemos aprendiendo varios tipos de bailes de diferentes culturas

    ResponderEliminar
  33. Me encantou o baile galego😃😃

    ResponderEliminar
  34. Encantame aprender novas danzas!!👌👌

    ResponderEliminar
  35. Os bailes son difíciles,pero non están mal 😃

    ResponderEliminar