RAPEAMOS POLO MAGOSTO


Castaña, castaña

 do chan se apaña,

metida no ourizo

non é unha patraña!.

Magosto, magosto,

non vaias co posto,

leva castañas

alegra ese corpo.

Coidado cos dedos

pódeste picar,

o castiñeiro protexe

o seu froito vital.

Apañando con tino,

metendo nun cesto,

deixando secar

a castaña ao soleiro.

Despois de ben secas

metemos o dente, 

poñémolas ao lume

para que estean ben quentes.

Tan só nun tempiño

están preparadas,

comemos castañas

castañas asadas!.

Tamén é costume

furar a tixola, 

para asar as castañas

a tixola mola!.


Recitado da letra: 

1ª estrofa: 1º EP

2ª estrofa: 4º, 5º e 6º EI

3ª estrofa: 2º EP

4ª estrofa: 3º EP

5ª estrofa: 4º EP

6ª estrofa: 5º EP

7ª estrofa: 6º EP


Comentarios

  1. E un rap moi entretido e doado 😋 gustame o ritmo que ten e creo que vai sair moi ben 🤓💯👍🏻

    ResponderEliminar
  2. Eu xa estou practicando a miña parte cos xestos incluidos.

    ResponderEliminar
  3. Estou practicando a miña parte, e xa mo sei é moi fácil.😁😁

    ResponderEliminar
  4. Gostame moito o rap, sen embargo, creo que é un pouco complicado cantalo ao unisono, pero con esforzo podemos logralo.🎵🎵🎵

    ResponderEliminar
  5. Cada ano mellora máis a canción!!

    ResponderEliminar
  6. Gustoume moitisimo facer esta actividade foi moi divertido rapear diante de todo o colexio .☺️👌🏼🎤

    ResponderEliminar
  7. Gustoume moito aique volver a repetilo mola!!!😎👌

    ResponderEliminar
  8. O rap gustoume moito

    ResponderEliminar

Publicar un comentario