Castaña, castaña
do chan se apaña,
metida no ourizo
non é unha patraña!.
Magosto, magosto,
non vaias co posto,
leva castañas
alegra ese corpo.
Coidado cos dedos
pódeste picar,
o castiñeiro protexe
o seu froito vital.
Apañando con tino,
metendo nun cesto,
deixando secar
a castaña ao soleiro.
Despois de ben secas
metemos o dente,
poñémolas ao lume
para que estean ben quentes.
Tan só nun tempiño
están preparadas,
comemos castañas
castañas asadas!.
Tamén é costume
furar a tixola,
para asar as castañas
a tixola mola!.
Recitado da letra:
1ª estrofa: 1º EP
2ª estrofa: 4º, 5º e 6º EI
3ª estrofa: 2º EP
4ª estrofa: 3º EP
5ª estrofa: 4º EP
6ª estrofa: 5º EP
7ª estrofa: 6º EP
E un rap moi entretido e doado 😋 gustame o ritmo que ten e creo que vai sair moi ben 🤓💯👍🏻
ResponderEliminarEu xa estou practicando a miña parte cos xestos incluidos.
ResponderEliminarEstou practicando a miña parte, e xa mo sei é moi fácil.😁😁
ResponderEliminarGostame moito o rap, sen embargo, creo que é un pouco complicado cantalo ao unisono, pero con esforzo podemos logralo.🎵🎵🎵
ResponderEliminarCada ano mellora máis a canción!!
ResponderEliminarGustoume moitisimo facer esta actividade foi moi divertido rapear diante de todo o colexio .☺️👌🏼🎤
ResponderEliminarGustoume moito aique volver a repetilo mola!!!😎👌
ResponderEliminarO rap gustoume moito
ResponderEliminar