Curso 2025-2026

CANTAMOS CONTRA A VIOLENCIA


O pasado venres celebramos un acto para reivindicar o dereito que temos as persoas a ser ben tratadas, e as mulleres en particular.
Somos conscientes da necesidade dun trato igualitario entre mulleres e homes e por iso, colaboramos co noso gran de area e dando exemplo, para conseguir a sociedade que merecemos ser.

SI ao respecto, SI á atención, SI ás boas palabras, SI aos bos xestos e NON A CALQUERA TIPO DE VIOLENCIA!.

Vídeo aquí


CELEBRAMOS O MAGOSTO


Aquí estamos de novo para compartir a actuación que fixestes onte.

Sei que o pasastes xenial toda a mañá cos xogos, no momento da merendola e sobre todo coa actuación, na que puxestes todas as vosas ganas.

Estivestes moi atentos, coordinadas e profesionais 👌.

Adicámoslle a actuación ás compañeiras e compañeiros que non puideron estar neste día.

Velaquí un adianto dos vídeos que sacamos.


Grazas á profe Alba pola gravación!.


🎵🎵🎵

CANTAMOS POLO MAGOSTO



Un ano máis festexamos o magosto e cantamos por esta festa outonal tan galega.

A canción escollida este ano é Canción do magosto,13 lúas.

Aprendede ben cada curso a estrofa que vos toca para cantala o día da festa todos xuntos.


O reparto das partes da canción por curso é: 

4º, 5º e 6º EI: palmada ao remate de cada frase do retrouso

1º e 2º EP: movemento no retrouso

3º EP: 1ª estrofa cantada

4º EP: 2ª estrofa cantada

5º EP: 3ª estrofa cantada ao unísono😜

6º EP: 4º estrofa cantada


A interpretación será: 


Introdución: movemento profesorado

Estrofa 1: 3º EP

Retrouso: 1º, 2º EP e 4º, 5º, 6º EI

Estrofa 2: 4º EP

Retrouso: 1º, 2º EP e 4º, 5º, 6º EI

Estrofa 3: 5º EP

Retrouso: 1º, 2º EP e 4º, 5º, 6º EI

Estrofa 4: 6º EP

Final: movemento todas e todos


Adiante!


CANCIÓN DO MAGOSTO, 13 LÚAS

Estrofa 1:

SANTO QUE ESTÁS NO CANIZO

BOTA CASTAÑAS ABAIXO,

NON AS BOTES PEQUENIÑAS

NON AS BOTES PEQUENIÑAS

QUE ÁS PEQUENAS NON ME BAIXO.


Retrouso:

AILALALALA,AILALALALA,AILALALALA,LALALALALALALALALA.


***

Estrofa 2:

TIÑA MARÍA NO PETO

CATRO CASTAÑAS ASADAS,

VEU UN GATO AMARELO

VEU UN GATO AMARELO

E LARPOULLE A PAPARADA.


Retrouso:

AILALALALA...


***

Estrofa 3:

PARA COMERES CASTAÑAS

DEREITIÑAS DO CASTIRO,

VAI AO MONTE E NON TE PERDAS

VAI AO MONTE E NON ESQUEZAS

QUE O QUE BUSCAS SON OURIZOS.


Retrouso:

AILALALALA...

***

Estrofa 4:

SOPRA O VENTO NA DEVESA

VÉNTE COMIGO NENIÑA,

SE CASTAÑAS APAÑARES

SE CASTAÑAS APAÑARES

BOA FESTA CANTARÍAS.


Retrouso:

AILALALA...