UNIDADE 9 6º

OS XÉNEROS ESCÉNICOS


Ópera – Forma de teatro que combina música, canto e danza.
Musical – Obra de teatro que inclúe cancións e danzas como parte da narrativa da historia.
Comedia –  Obra de teatro deseñada para facer rir aos espectadores.
Traxedia – Obra de teatro que presenta eventos tristes ou serios, a miúdo cun final desafortunado.


OS MÉTODOS INTERPRETATIVOS

MÉTODO STANISLAVSKY

Enfócase na busca da verdade emocional na actuación. Os actores sumérxense profundamente no mundo interior dos seus personaxes, buscando conectar de maneira auténtica coas súas emocións.

Trátase de recrear ante o espectador unha verdade totalmente realista e crible facendo que o actor busque as sensacións do personaxe na súa pel, facéndose sempre a pregunta: "Se eu estivera no lugar do personaxe ¿que faría el? ¿que sentiría? " etc.


MÉTODO GROTOWSKY

Baséase nos estímulos, impulsos e reaccións dos actores, creando artistas totalmente sensibles a calquera cousa que pase sobre o escenario, con fascinación e estimulación psíquica.


MÉTODO CHEJOV

Enfócase nas "imaxes" atendendo a distintos puntos como: a concentración, a imaxinación, a calidades das accións, a atmosfera, o obxectivo e a improvisación; todo elo marcado polas sensación de facilidade, de forma, de beleza, de totalidade, que dotan ao actor da liberación de tensións perxudiciais. Relaciona un xesto cun estado psicolóxico.


MÉTODO ADLER

Trata a imaxinación como ferramenta central do traballo.
O actor debe crer no seu personaxe e deixar que a súa imaxinación constrúa imaxes, sensacións e toda unha historia persoal arredor del.

MÉTODO STRASBERG
Trátase de potenciar todo o traballo de memoria emocional eliminando das circunstancias dadas todos os datos que non teñen un efecto directo sobre o corpo emocional do actor.

MÉTODO MEISNER
Céntrase na escoita e a resposta entre os actores. A través de exercicios de improvisación e repetición, aprenden a reaccionar de maneira xenuina no momento presente.
 

  DRAMATIZAMOS


Actividades:

Para que serve? (imaxinación)

Emociónate (expresión)

A nosa historia (expresión e creatividade)



UNIDADE 9 5º

A POSTURA

A postura é a distribución dos compoñentes do corpo no espazo, que proporciona o mantemento dunha posición corporal óptima. O obxectivo da postura é manter o equilibrio do corpo. A postura de cada persoa depende da súa constitución, sexo e idade.

O CONTROL DA POSTURA

O control da nosa postura é o resultado de coordinar a información sensitiva, a actividade muscular, o movemento articular e a memoria.

O CENTRO DE GRAVIDADE E A POSTURA

O centro de gravidade é o punto onde se concentra todo el peso do corpo.

No centro de gravidade equilíbranse todas as partes do corpo.
A postura non é algo fixo, senón que varía a medida que a persoa medra porque varía a proporción entre cabeza, tronco e extremidades.

A ERGONOMÍA E AS ARTES ESCÉNICAS

Mecánica corporal: Normas que fan que o aparato locomotor funcione de maneira correcta en coordinación co sistema nervioso.

Hixiene postural: Trata de previr e correxir posturas e movementos feitos de xeito incorrecta, tanto en actividades do día a día como en actividades profesionais.

HÁBITOS POSTURAIS NA DANZA

Unha postura axeitada na danza conséguese mantendo erguidos os bloques de peso do corpo uns sobre outros de xeito natural. Os bloques de peso son: cabeza, tronco, pelve, cadeira, pernas e pés.

A cabeza debe estar erguida, co mentón paralelo ao chan e o pescozo estirado en prolongación da columna vertebral.
O tronco e as cadeiras deben estar aliñados verticalmente para estirar ben a columna, para permitir unha respiración normal e cómoda.
A posición da pelve debe ser centrada, de maneira que a cadeira permita que as costas manteñan as súas curvaturas naturais. 
Cando as pernas estean rectas, os xeonllos deben posicionarse directamente entre a cadeira e o pé. No caso de flexionar o xeonllo cara adiante, debe manterse constante a aliñación cadeira-pés de xeito que o corpo permaneza erguido.
Cando se está parado, o peso corporal debe proxectarse sobre os pés. Cando se está en movemento, a proxección pode variar, pero se debe manter a aliñación da parte superior do corpo, desde as cadeiras ata a cabeza.


A TEATRALIDADE

teatralidade é a calidade do teatro que fai referencia ao conxunto de signos e de sensacións construidas dentro dunha escena a partir dun argumento que xa foi escrito.

CARACTERÍSTICAS DA TEATRALIDADE

1. Fai que o espectador vibre ao mesmo tempo que o fan os actores.
2. Permite ao espectador vivir unha escena con drama, reflexión, crítica, divirtíndose e emocionándose.
3. Pretende conmover as emocións dos espectadores.

ESTRUTURA DUNHA OBRA DE TEATRO
A maioría das obras de teatro divídense en tres actos, cada un coa súa propia función e propósito.
O primero acto emprégase para presentar os personaxes, establécese o escenario da situación inicial e introdúcese o conflito que impulsará a trama. 
O segundo acto desenvolve o conflito e aumenta a tensión dramática, levando os personaxes a enfrontar desafíos e complicacións.
Finalmente, no terceiro acto resólvese o conflito e conclúe a historia.
VOCABULARIO
acto: É a división principal dunha obra de teatro, semellante aos capítulos nunha novela. Unha obra de teatro pode ter un ou varios actos.
escena: Cada acto componse de escenas con situacións que se desenvolven nun mesmo lugar e tempo.
O diálogo: É a conversa entre os personaxes da obra e é a forma na que se desenvolve a trama.
monólogo: É o discurso que un personaxe pronuncia en solitario, sen interactuar con outros personaxes.
O aparte: É unha frase que un personaxe di en voz baixa, que non escoitan os demais personaxes, e que serve para revelar os seus pensamientos ou sentimentos ao público.
As acotacións: Son as indicacións que o autor ou autora dá sobre a puesta en escena, como a descrición dos personajes, o vestiario ou a iluminación.
exposición: É a información que se dá ao público ao comezo da obra para situalo na trama e presentar os personaxes.
:  É o punto da obra no que se desenvolve a trama principal e se chega ao punto de máxima tensión.
clímax: É o punto de máxima tensión da trama da obra.
desenlace: É a resolución da trama e o final da obra.


UNIDADE 9 4º


 VOCABULARIO

ELEMENTOS DE REPRESENTACIÓN ESCÉNICA

Escenario – Plataforma na que os actores representan a obra.

Escena – Parte da división dunha obra de teatro, na que ocorre una acción concreta.

Guión –  Texto que contén os diálogos e as instrucións para a da obra.

Ensaio – Práctica que levan a cabo os actores antes da representación final.

ROLES E PROFESIÓNS ESCÉNICAS

Actor, actriz – Profesional que interpreta un papel nunha obra de teatro, película ou outra produción escénica.

Director, directora – Profesional que dirixe a obra de teatro, guiando aos actores e supervisando todos os aspectos dela.

Escenógrafa, escenógrafo – Profesional responsable do deseño e a creación do escenario.

Iluminador, iluminadora – Profesional que se encarga da iluminación do escenario.

Sonidista –  Profesional técnico que manexa o son nunha obra teatral.

Maquillador, maquilladora – Profesional que caracteriza os actores con maquillaxe no rostro como os personaxes que interpretan.

Vestuarista – Profesional que  deseña e prepara os traxes que empregan os actores.

TÉCNICAS NA ARTE DRAMÁTICA

Monólogo – Discurso extendido dun so personaxe nunha obra de teatro.

Diálogo – Conversa  entre dous ou máis personaxes nunha obra de teatro.

Coreografía – Deseño de secuencias de movementos para integralas en danzas.

Improvisación – Creación espontánea dun diálogo ou dunha acción sen seguir un guión preestablecido.

EQUIPAMENTO NA ARTE DRAMÁTICA

Telón – Cortina que se levanta ao comienzo e se baixa ao final dunha obra de teatro.

Micrófono –  Dispositivo de son que se emprega para amplificar a voz dos actores.

Altofalante –  Dispositivo que emite son para que poda ser escoitado polo público.

Proxector – Dispositivo que se empregapara amosar imaxes ou vídeos nunha pantalla grande.

Atrezzo – Conxunto de obxectos empregados nas escenas para apoiar a acción dos actores.

   DRAMATIZAMOS

Actividades:

Escríbeo (imaxinación)

Discordancias (expresión)

Convírtome en ... (expresión e creatividade)

O circo (imaxinación e expresión)




UNIDADE 9 3º


AS ARTES ESCÉNICAS


As artes escénicas son un conxunto de disciplinas artísticas que teñen como obxectivo principal a representación en vivo dunha obra fronte ao público nun escenario.

As artes escénicas son a danza, a ópera, o teatro, os musicais e o circo.

A combinación de diferentes elementos como a música, o movemento, a interpretación e o deseño escénico crea unha experiencia sensorial única para os espectadores.


Danza

A danza emprega o corpo en movemento en conxugación coa música para expresar emocións e narrar historias.

Existen diferentes tipos de danzas, como a danza clásica ou a danza moderna, cada unha coa súa técnica de movementos.

A danza empregouse ao longo da historia como unha forma de celebración, de expresión cultural e de comunicación non verbal entre as comunidades.


Ópera

A ópera combina a música, a interpretación e a escenografía para contar unha historia. 

Os cantantes empregan as súas voces para dar vida aos personaxes, mentras que a música da orquestra crea o ambiente sonoro axeitado. A ópera é considerada como unha das formas máis complexas de arte escénica, xa que require dun alto nivel de habilidade vocal e interpretativa por parte dos artistas.


Teatro

No teatro, as actrices e actores interpretan personaxes e dialogan entre si para contar unha historia. Empréganse elementos como a escenografía, o vestiario, a iluminación e o son para crear un ambiente que transporte ao público a diferentes lugares e épocas. 


Musical

O musical combina música, canto, danza e interpretación no mesmo espectáculo. 

Os artistas son pois, cantantes, bailaríns e actores.


Circo

O circo combina acrobacias, malabares, equilibrismo, domadores e paiasos para entreter ao público. Os artistas circenses adoitan realizar as actuacións en carpas móbiles, empregando elementos como trapecios, teas acrobáticas e aros. 


 DRAMATIZAMOS


Actividades:

Que dis? (expresión)

Que sona? (percepción e expresión)

O televisor (percepción e acción)

A nosa historia (imaxinación e expresión)



UNIDADE 9 2º

  DRAMATIZAMOS

Actividades:

O paseo (imaxinación)

Os habitantes de Rendille (percepción e acción)

Así se move (expresión)



UNIDADE 9 1º

A NOTA FA

A nota fa sitúase no primeiro espazo do pentagrama. A nota fa ten un son intermedio entre a nota mi e a nota sol. Observa e practica dicindo en voz alta misol, la ou fa:


Lectura 8


Lectura 9


Lectura 10


Lectura 11



Lectura 12



BAILAMOS




A MARCHA DO LEÓN - 1º


Como continuación do traballo iniciado a pasada semana co fragmento de Camille Saint-Saens, La marcha del león da obra EL CARNAVAL DE LOS ANIMALES, o alumnado de 1º traballouna moi ben hoxe cun musicograma.

O PATO - 3º

Esta semana traballando con esta canción de Xurxo Fernandes, o alumnado de 3º expresou os seus sentimentos e emocións, deixou voar a súa imaxinación e desenvolveu a súa creatividade a través da historia deste tema que tanto éxito ten cos nenos e nenas.

REGUEIFAMOS - 3º, 4º



CONCERTO DIDÁCTICO DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA - 6º

Hoxe levouse a cabo a segunda parte da actividade complementaria sobre a música tradicional galega. 

Un concerto didáctico no que escoitamos temas con diferentes instrumentos solistas e con diferentes acompañamentos.

UNIDADE 8 6º

A ARTE DA DANZA
Sabías que...?
A danza ten a súa orixe na Prehistoria? Pois si. O ser humano tivo desde sempre a necesidade de expresar os seus sentimentos non só a través da comunicación verbal; ou sexa, a través das palabras, senón tamén a través da comunicación corporal, a través dos movementos do corpo, e empregábanna moitas veces para facer rituais (costumes ou cerimonias).
A danza é a arte de realizar movementos coordinados no espazo e no tempo. Realízanse cunha parte do corpo ou con todo o corpo, con certo ritmo e serve como expresión de sentimientos individuais, ou de símbolos da cultura y da sociedade. Neste sentido, a danza tamén é unha forma de comunicación, xa que se emprega a linguaxe non verbal entre os seres humanos, coa que o bailarín ou bailarina expresa sentimentos e emocións a través dos seus movementos e xestos, xa sexa unha canciónpeza musical ou son.
Semella que a danza foi unha das primeiras manifestacións artísticas da historia da humanidade.
Moitos son os tipos de danza que existen. En xeral, podemos dividilos en tres grandes grupos:
TIPOS DE DANZAS
Danzas tradicionais e folclóricas: Son as danzas creadas por un pobo, propias dun lugar ou territorio concreto. Por exemplo, o flamenco (danza tradicional de Andalucía), o tango (danza tradicional da Arxentina), a danza árabe (danza tradicional de Arabia) ou os chamados bailes de salón.
Danzas clásicas: Son danzas que se realizan con movementos lixeiros, harmoniosos e perfectamente coordinados. Dentro desta categoría inclúese a danza medieval e o ballet, entre outras.
Danzas contemporáneas: Coa base técnica do ballet e a experimentación con novos movementos.
Danzas modernas: A xente nova é a que as practica e desenvolve este tipo de danzas que, en moitos casos, levan asociadas unha maneira de entender a vida e incluso de vestir. Entre estas danzas modernas atópase o breakdance, o popping, o funky, o jumpstyle, o moonwalk ou, incluso, o rock and roll.
Os movementos dunha danza empréganse para crear unha coreografía, e a partir de eles pódense crear novos movementos para crear novas coreografías. As persoas que crean a coreografía son coreógrafas ou coreógrafos.
Seguro que algúns ou algunhas das cantantes tamén bailan no escenario, va que si?. Pois é que a coreografía tamén se emprega en situacións especiais, como na cinematografía, no teatro, nos musicaisconcertosperformances, eventos e presentacións artísticas.
Vexamos, a continuación, exemplos de coreografías dalgunas danzas tradicionais e folclóricas:

DANZAS TRADICIONAIS

DANZA DE ARCOS   DANZA DE CINTAS   DANZA DE PAUS
  


O TAMBOR - danza tradicional de Venezuela

O tambor é unha danza chea de enerxía que forma parte esencial da cultura venezolana.

É tocada por tambores venezolanos como instrumentos principais pero tamén por chácaras para celebrar festividades e cerimonias expresando a identidade en comunidade do pobo venezolano.

Sen embargo, ao seren movementos rápidos, a moitas persoas lles é dificíl aprender a bailalos.

O primeiro que hai que facer é familiarizarse co ritmo ata chegar a notar como os tambores dialogan entre si para poder bailalo con filas de parellas unhas fronte ás outras.

Unha vez que coñecemos o ritmo, o movemento das cadeiras é indispensable. Con movementos fluidos e ao ritmo da tambora.

Despois, non só se baila cos pés, senón con todo o corpo, involucrando a cadeira, os pés e os brazos, que é a última parte que engadimos ao bailar o tambor.

Traballar a coordinación é importante para poder mover en conxunto as diferentes partes do corpo.

Cando domines os pasos básicos, céntrate en sentir comodidade ao bailar.

PRINCIPAIS DANZAS FOLCLÓRICAS DE ESPAÑA

Muiñeira (Galicia)    Aurresku (País Vasco)      Xota aragonesa (de Aragón)

  

Sardana (Cataluña)   Flamenco (de Andalucía) 

 

 A MUIÑEIRA - folclórica de Galicia

A muiñeira é unha danza folclórica galega de ritmo rápido. Comunmente afírmase que foi nos muíños onde se moían o trigo e máis o millo onde naceu este baile; dado que as mulleres que traballaban alí tiñan que agardar algún tempo a que o millo estivera a punto e para pasar o tempo, bailaban.

Como baile tradicional interpretábase en festas e romarías. A danza era colectiva, normalmente de tres a oito parellas colocadas fronte a fronte formando unha ringleira e vestidos co traxe tradicional.

A muiñeira distínguese principalmente polo seu compás de 6/8, rápido e vivo, interperetada por instrumentos tradicionais como a gaita, o pandeiro e a pandeireta.

A estrutura musical, composta de copla (tema A) e volta (tema B), interpretado na danza en xeito de punto e paseo.

Na muiñeira vella o home realiza puntos complexos e a muller fai paseos con forma de oito.

Na muiñeira nova un home interpretaba un punto, construído máis ou menos improvisadamente a base de embotados, saltos, picados e outras figuras, e o resto do grupo repite os movementos varias veces, mentres dure a parte da copla. Durante a parte de volta da melodía, o grupo realizaba paseos, en círculo, xirando as filas sobre o seu centro, ou outras figuras coreográficas sinxelas. Tanto punto como paseos execútanse cos brazos en alto ou facendo leves debuxos que dan máis graza á interpretación.

Exemplos de pezas coñecidas son a Muiñeira de Chantada e a Muiñeira de Lugo.

A DANZA CLÁSICA

  

danza clásica é unha das expresións artísticas máis antigas e exquisitas do mundo, que cautivou á xente grazas á súa singular maneira de transmitir emocións e contar historias complexas sen palabras, coidando moito os detalles e cada movemento.
Á danza clásica tamén se lle coñece como ballet. O ballet clásico e as súas orixes remítense ao Renacemento, cando a danza era parte fundamental das celebracións máis importantes con expresións artísticas que amosaban as destrezas dos bailaríns e bailarinas.
Co paso dos ano, as técnicas de baile fóronse perfeccionando incluíndo novos elementos e estilos ata que a danza clásica se fixo unha profesión (contratábanse espectáculos de bailaríns e bailarinas para celebracións e festas), convertíndose nunha parte fundamental da vida da xente de poder, xunto co teatro e a ópera.
Desde entón as danzas clásicas foron parte fundamental da posta en escena de importantes pezas de ópera e, posteriormente, tamén do teatro.
A danza clásica comeza a perfeccionar técnicas de saltos como as técnicas de elevación, saltos flotantes, técnica de puntas xunto con posturas máis balanceadas.
Ser bailarín ou bailarina require un nivel altísimo de concentración, coordinación, coidado dos detalles e perfección para poder executar as pezas de maneira idónea e conservar a boa estética do ballet, ademais de ter unha capacidade de expresión corporal que permita contar historias co corpo.
Para elo, tamén é importante o vestiario empregado; é dicir, prendas adheridas ao corpo que permiten apreciar na súa totalidade cada movemento.
As zapatillas son unha peza de gran importancia na realización do paso en punta do ballet clásico, porque axudan a soster o peso e facilitan aos bailaríns e bailarinas manter a postura erguida de seu corpo.
Hai moitas obras clásicas de ballet, entre as máis coñecidas están:
(Podes coñecelas premendo sobre os títulosO truco está en adentrarse na historia de cada danza como si dun conto se tratase. 
Como son dez, podes repartilas en varios días; así hoxe poderías ver tres, mañana outras tres e pasado mañá as últimas. E non esquezas deixar un comentario sobre o que aprendiches).
A DANZA CONTEMPORÁNEA

A danza contemporánea xurdiu a finais do século XIX como reacción á rixidez de movementos do ballet clásico. 

Nela, os intérpretes executan diferentes tipos de movementos con todo o corpo, incluido o rostro, e é frecuente que bailen descalzos. A posta en escena adoita ser sobria.

A danza contemporánea explora novos movementos e formas de expresión.

Trata de expresar unha idea, sentimento, emoción cunha mestura de movementos corporais modernos e con bastante técnica. Este tipo de danza nace a finais do século XIX con bailaríns e bailarinas descalzos realizando saltos menos ríxidos que os del baile clásico ou ballet. 

Danza Contemporánea

Baile Jazz
Ten un gran contido clásico, pero unha parte da técnica clásica se substitúese por algo de acrobacia para a que se precisa moita flexibilidade. Tamén traballa os saltos e a prolongación dos movementos e a liña do corpo
O baile jazz nace en Estados Unidos a comezos do século XX como baile popular e continúa en espectáculos de teatros, televisións e cine. 

   

Martha Graham naceu en Pittsburgh (Estados Unidos) en 1894. Foi bailarina, coreógrafa e profesora de danza. A súa visión do baile revolucionou esta arte e as súas innovacións estableceron as bases da danza moderna. 

Fundou a súa propia compañía en 1926. Entre as súas numerosas coreografías, destaca a que preparou en 1984, cando xa tenía 90 anos, para La consagración de la primavera de Igor Stravinsky.


A DANZA MODERNA

 

As danzas modernas naceron a comezos do século XX en Estados Unidos principalmente, aínda que tamén en Europa, para que houbera outros tipos de baile ademais do ballet.

As coreografías de danzas modernas teñen unha clara base técnica da danza clásica ou ballet combinada cunha técnica propia de cada estilo de danza moderna.
O bailarín ou bailarina recrea os movementos empregando as súas emocións, estados de ánimo e as súas ideas. Balancea o seu corpo con caídas ao chan e saltos. Realiza movementos libres e naturais do corpo, amplios e con flexibilidade. Isto coordínao cunha boa técnica de respiración.
Na danza moderna báilase case sempre descalzo ou cun calzado que se pegue ben aos pés como se non se levase nada posto neles.
Outros bailes modernos son os bailes urbanos, que xorden na rúa e a maioría se desenvolven con movementos improvisados; é dicir, creados no mesmo momento de bailar.
A continuación vemos coreografías de danzas modernas (jazz e contemporánea) e de bailes modernos (hip hop, funky, break dance...).

Bailes modernos urbanos
Funky
Nace nas rúas de Nova York nos anos 60. Os seus ritmos son moi marcados e acentuados, con moita enerxía, equilibrio, expresividade e movementos moi acompasados nun ritmo rápido e partindo do corpo ríxido.
Hip hop
Baile da rúa que permite realizar todos os movementos que se nos ocorran co corpo o máis solto posible. A música é menos rápida que no funky e máis rapeada.


Break dance
Trabállanse movementos do tronco e de toda a parte superior do corpo, dos pés, movementos fortes e movementos conxelados nos que se para o corpo nunha postura determinada.


Que danza ou baile moderno che gusta máis e por que?. Deixa o teu comentario ao final da entrada.
Se queres practicar os esquemas de cada danza, aquí os tes coas súas plantillas.

DANZAMOS:

Danza de paus

Aurresku