BAILE FIN DE CURSO _ 5ºA
Por: Música Vitamínica o 11.6.23 / comentarios: 3 5º, baile, coreografía, fin de curso, Picapiedra
Aquí tedes o audio do noso baile.
En breve subirei a colocación no espazo por filas e parellas tal e como ensaiamos na aula. Tamén os pasos para que podades practicalos cantas veces queirades.
CONCERTO DE AULA 2º
Por: Música Vitamínica o 2.6.23 / comentarios: 3 2º, arte, concerto, interpretación
O alumnado de 2º interpretou pequenas melodías e ritmos cos seus propios instrumentos e con instrumentos de aula para deleite dos compañeiros e compañeiras.
Quedaron encantados coas interpretacións e incluso houbo varias peticións de bises.
Parabéns, artistas!.
🎵🎵🎵
CONCERTO DE AULA 3º
Por: Música Vitamínica o 1.6.23 / comentarios: 1 3º, arte, concerto, interpretación
O alumnado de 3º asistiu como público a un pequeno concerto no que participaron compañeiras e compañeiros como intérpretes.
A atención foi plena, desfrutaron con cada peza e os aplausos foron intensos.
A verdade é que soubo a pouco.
Moi ben por esas e eses artistas!!!.
Aquí vai un resumo da actividade.