COMEZANDO COS INSTRUMENTOS EN 1º
Por: Música Vitamínica o 28.11.23 / comentarios: 0 1º, cultura musical, tocar
O alumnado de primeiro curso está experimentando cos instrumentos de aula para aprender o seu correcto manexo e realizando os primeiros acompañamentos sinxelos con eles.
AS SECCIÓNS MUSICAIS EN 6º
Por: Música Vitamínica o 24.11.23 / comentarios: 4 6º, cultura musical, estrutura musical, forma, fragmentos musicais, seccións musicais
Practicando coas diferentes partes e seccións musicais para aprender a identificalas e a diferencialas en diferentes composicións.
A execución de secuencias, a coordinación conxunta e a creatividade para a improvisación conflúen nestas actividades nas que o alumnado de sexto desenvolve as súas habilidades ao tempo que interioriza os contidos tratados e coñece obras de diferentes estilos e compositores.
Rematan sabendo transcribir aquelo que vivenciaron e que recoñecen auditivamente.
CANCIÓN DA AMIZADE EN 3º
Por: Música Vitamínica o 21.11.23 / comentarios: 0 3º, canción, interpretación
Que gozada ver como desfrutan con cada canción que aprenden as nenas e nenos de 3º!. Esta canción fomenta a amizade e o compañeirismo.
A CLAVE DE SOL EN 1º
Por: Música Vitamínica o 21.11.23 / comentarios: 0 1º, cerebro musical, clave de sol, intelixencias multiples, LINGUAXE MUSICAL, signos musicais
Practicando a clave de sol movéndonos, cantando, facendo a súa forma e escribíndoa nas clases de 1º.
Este signo musical indica como se chaman as notas e hai que colocalo sempre ao comezo do pentagrama cando queiramos crear unha melodía.