Curso 2025-2026

REMATE DE CURSO 2023-2024


Toca descansar o corpo e a mente tras un curso máis que remata.

Deséxovos unhas felices vacacións e que pasedes un bo verán.

Vémonos á volta!.

Apertas.









MÁIS IOGA EN 2º


Rematamos as clases de ioga con seis posturas máis practicadas, e xa van dezaoito en total.

Xa sabedes que podedes seguir practicándoas, xunto coa técnica de respiración traballada na aula, na pestana Segundo dentro do terceiro trimestre.

Agora, as fotografías de hoxe.

Ben feito!.




























 

MÚSICA GALEGA EN 4º


Continuamos traballando cancións populares galegas ás que engadimos o acompañamento con instrumentos de aula.

Hoxe tocou desenvolver habilidade co pandeiro, tanto redondo como cadrado.

Facilitamos o ritmo, interiorízano e aplícano. 

Sinten e desenvolven ese espírito galego de festa que tanto caracteriza a moitos destes temas populares.