UNIDADE 7 6º





 

UNIDADE 7 5º


UNIDADE 7 4º



A palabra rondó vén do francés rondeau, ronda ou danza en roda. 
Ten movemento rápido e un tema musical que se repite facendo a función de retrouso.
O tema principal é claro, curto e cun motivo vivo e xoguetón facilmente recoñecible entre outros temas secundarios que fan a función de estrofas.
rondó é, pois, unha forma musical que ten un tema principal que se repite, intercalado entre outros temas diferentes.
A súa estrutura é:  
                                    A    Tema principal.
                                    B    Tema diferente. 
                                    A    Repetición do tema principal. 
                                    C    Segundo tema diferente. 
                                    A    Repetición do tema principal.
  
     


GREENSLEEVES - popular inglesa


Greensleeves é unha canción do folclore inglés, popularizada durante finais do século XV e ao longo de todo o século XVI. 
Era moi coñecida socialmente e interpretada polos pobos de diferentes lugares e tamén nos exércitos, cantándose cando estaban lonxe da casa. 
A temática é de amor dun cabaleiro a unha dama, que o rexeitaba,
Actualmente, a melodía é máis coñecida na versión instrumental que coral.

 


MÚSICA PARA OS REAIS FOGOS ARTIFICIAIS-Häendel

George Frideric Händel compuxo Música para os reais fogos de artificio en 1749, por encargo do rei, para acompañar un espectáculo de fogos artificiais sobre o río Támesis, en Londres.

É unha composición maxestuosa, triunfante e festiva.


 


TOCAMOS:



LECTURAS RÍTMICAS CON BAQUETAS

(lembra alternar as mans e rebotar logo de cada toque)


UNIDADE 7 3º

O PIRIMPIMPÍN-popular galega 

UNIDADE 7 2º

AUDICIÓNS


A DANZA DOS MIRLITÓNS-Tchaikovsky

Que son os mirlitóns?

O mirlitón é un instrumento de membrana resonante ou pitos de chapa. É coñecido tamén como kazoo ou turuta.

Trátase dun chifre (silbato) formado por unha caña oca e pechada por un dos dous extremos cunha membrana de papel fino que ao soplarse por unha abertura que ten no centro, vibra producindo son.





Danubio azul é un valse (vals)un tipo de baile moi elegante para bailar en festas. 
Danubio azul é un dos valses máis coñecidos do compositor Johann Strauss. 
Esta peza musical é considerada unha das máis populares da música clásica. O significado que ten para os vieneses e vienesa convertérono no segundo himno nacional de Austria e tamén nunha peza de obrigada interpretación no Concerto de Aninovo de Viena.
Báilase en tres tempos musicais. Escoita: 1, 2, 3; 1, 2, 3...



JAZZ LEGATO Leroy Anderson

Con esta peza musical as nenas e nenos coñecen características empregadas no jazz, un estilo musical que se orixinou nos Estados Unidos.






UNIDADE 7 1º

AUDICIÓNS


Pyotr Ilyich Tchaikovsky é considerado o máis grande compositor de música de ballet do século XIX. 
Unha das súas obras máis coñecidas é o Crebanoces (El Cascanueces), un dos ballets rusos máis famosos.

EL CASCANUECES

O Crebanoces conta a aventura de Clara, unha nena que recibe un crebanoces en forma de soldado como agasallo de Nadal. Esa noite os xoguetes cobran vida e transportan a Clara a un mundo cheo de fantasía onde os soños se volven realidade e a música os transporta a un universo máxico.

Durante a Noiteboa, Clara prepara o Nadal xunto os seus familiares. O padriño de Clara, Drosselmever, agasalla con xoguetes e tres bonecos que bailan un solo cada un. A Clara dálle un soldado crebanoces de madeira que recibe con ilusión.

Celebran unha festa e, cando remata, a familia déitase. 
No medio da noite, Clara esperta e baixa ao salón. Xusto ao chegar a medianoite saen ratos de varias buratos, a árbore de Nadal comeza a medrar e O Crebanoces cobra vida.
Clara atópase nun gran boureo no medio dos ratos e de moitos máis soldados como O Crebanoces. 
O Crebanoces aparece para conducir os soldados, e os ratos marchan ao botalos Clara espetándolles un susto.
Daquela, os ratos desaparecen e O Crebanoces transfórmase en humano, e viaxa con Clara cara unha paisaxe invernal na que as folerpas de neve bailan ao seu arredor.

Voando cara o mundo das fadas, chegan ao reino dos doces onde hai unha festa con danzas tradicionais de distintos países: danza española, danza árabe, danza chinesa, danza rusa, danza dos mirlitóns, danza da nai Xenxibre e os Polichinelas, danza da Fada de azucre e o Valse das flores. A festa remata co Pas de deux e con Gran valse final.

Logo das celebracións e con xesto sorrinte, Clara espértase baixo a árbore de Nadal co seu crebanoces de madeira, conscientes os dous da aventura que soñaron.


LA DANZA DEL HADA DE AZÚCAR

Ás veces a música serve para contar historias.
Na historia de A Danza da fada de azucre, unha fada golosa moi misteriosa entra pola ventá no cuarto duns nenos mentres están durmindo e cun toque da súa variña máxica lévaos ao país dos soños.

Clara e o crebanoces chegan ao reino dos doces onde vive a Fada de azucre.

O instrumento protagonista é a celesta que crea unha atmosfera máxica, e os instrumentos de corda da orquestra tocan unha melodía cautivadora e chea de encanto.

    


DANZA RUSA

A coreografía da Danza rusa está chea de enerxía e movementos con xiros que simbolizan o espírito festivo do Nadal.
É unha celebración da tradición na que tamén destacan os traxes coloridos e a iluminación vibrante creando unha atmosfera de ensoño e de ilusión.


EL VALS DE LAS FLORES

O valse das flores representa o momento de Clara e o neno en que se atopan nun xardín encantado cheo de flores. 

 


Marcha do león (EL CARNAVAL DE LOS ANIMALES)-

Camille Saint-Säens




O acuario (EL CARNAVAL DE LOS ANIMALES)-
Camille Saint-Säens


   


SPRINGTIME




UNIDADE 6 6º

REGUEIFAMOS (6ºB e 6ºC):


A regueifa é un canto entre dúas ou máis persoas que seguen a mesmo cantar ou melodía durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado. A disputa é exposta a través, precisamente, do canto da regueifa. Admite diferentes temáticas e é apta para todos os públicos.






MÚSICAS PARA PRACTICAR PARA AS ACTUACIÓNS


SOMEONE YOU LOVED     MIDI    KARAOKE

TORN

HISTORIA DE GOHAN

LA MACARENA

MUIÑEIRA DE SANTO AMARO (ata 1´12´´)

DORAEMON

UNA BALA

STRATEGY

ENEMY



LA VIDA ES BELLA (6ºA)

Ficha técnica e artística 

Título orixinal: La vita é bella 

Dirección: Roberto Benigni.

Guión: Vincenzo Cerami e Roberto Benigni.

Interpretación: Roberto Benigni (Guido), Nicoletta Braschi (Dora), Giorgio Cantarini (Giosué), Giustino Durano (tío Eliseo), Giuliana Lojodice (directora), Sergio Bini Bustric (Ferruccio), Marisa Paredes (nai de Dora), Horst Buchholz (Dr. Lessing), Amerigo Fontani, Pietro De Silva, Francesco Guzzo, Raffaella Lebboroni, Claudio Alfonsi, Gil Baroni, Massimo Bianco. 

Producción: Gianluigi Braschi e Elda Ferri.

Fotografía: Tonino Delli Colli.

Música: Nicola Piovani.

País: Italia.

Ano: 1997.

Duración: 120 minutos.

Cualificación: Para todos os públicos.


La vida es bella é unha obra do cine italiano, dirixida e protagonizada por Roberto Benigni, que se estrenou no 1997 e conquistou o corazón de millóns de espectadores en todo o mundo. 

Cunha mestura de humor e de drama, esta película amosa a capacidade de resistir e de soñar do ser humano ante as circunstancias máis adversas e dolorosas. Neste caso, a situación dunha familia que loita por sobrevivir.


La vida es bella foi recoñecida con sete nominacións aos premios Óscar, das cales gañou tres: unha ao mellor actor (o protagonista), outra á mellor película de fala non inglesa, e outra á mellor banda sonora


Trama:


Guido Orefice é un home optimista e divertido que chega á cidade de Arezzo co soño de abrir una libraría. Alí coñece por casualidade a Dora, unha mestra que está comprometida cun fascista chamado Rodolfo. 

Guido namórase perdidamente dela e conquístaa co seu inxenio e encanto, facendo que Dora abandone o seu prometido e case con el.  

Teñen un fillo, Giosue, que herda a alegría e a curiosidade do seu pai.


Sen embargo, a felicidade da familia vese truncada cando estala a guerra e os tres son deportados a un campo de concentración por ser xudíos. Alí, Guido fará todo por protexer o seu fillo da crueldade e do horror que lles rodea, facéndolle crer que todo é parte dun xogo.


A banda sonora (premendo nos títulos das cancións, podes escoitalas)

As bandas sonoras son fundamentais no cine, porque inciden nos aspectos emotivos que plantexan as escenas: o amor, o suspense, etc. Serven para crear momentos culmes, para determinar atmosferas e para preparar o espectador. 

Nesta película a música é moi importante e foi elixida e creada con moito coidado. 

. La Vita è Bella:

Esta banda sonora equilibra a comedia e a traxedia. De feito gañou o premio Óscar á Mellor Banda Sonora Orixinal en 1999.

O tema principal, "La Vita è Bella", é a peza máis icónica da banda sonora. A súa melodía é sinxela e alegre, interpretada principalmente con piano e máis instrumentos de corda, transmite sensación de optimismo e de esperanza. 

O tema principal preséntase en diferentes momentos ao longo da película. Nos momentos de alegría e de romance entre Guido e Dora a melodía é festiva. E nos momentos máis difíciles, como a deportación ao campo de concentración, o tempo da melodía vólvese lento, reflexando o horror da situación.

A canción chámase «Beautiful That Way» e é interpretada pola cantante Noa con música de Nicola Piovani.

Pódese escoitar tamén en Spotify e en Apple Music.

. Buongiorno Principessa: La Serenata del Amor

"Buongiorno Principessa" (Buenos días, princesa) é outra peza destacada, asociada coa ilusión de Guido por Dora. A música agora é romántica.

. Grand Hotel Fox

 "Grand Hotel Fox": Baile en el compromiso de Dora.

. Barcarolle de Jacques Offenbach: (Barcarola)

«Barcarola» (Belle nuit, ô nuit d’amour) é a peza de ópera que se escoita na escena do gramófono. O seu compositor é Jacques Offenbach. Compúxoa para dúas voces femininas para a súa ópera Los cuentos de Hoffmann. La Barcarola non pertenence á partitura orixinal de Nicola Piovani.

Na película emprégase esta música como un símbolo da perda e da nostalxia no campo de concentración.

Que é un leimotiv?

Un leitmotiv é un tema musical recorrente asociado a un personaxe, a un lugar ou a unha idea concreta. Por exemplo, o tema principal, "La Vita è Bella", está ligado ao personaxe de Guido e á súa visión optimista da vida. Sona en escenas nas que está Guido.

O tema "Buongiorno Principessa" está asociado co amor entre Guido e Dora. Cada vez que Guido expresa o seu afecto por Dora, sona este tema.

O silencio emprégase nalgúns momentos clave da película. É dicir, a música detense por completo, deixando ao espectador nun silencio inquietante, sentindo o peso da situación, como nas escenas do campo de concentración. 

Resumo da película en imaxes co tema principal da banda sonora:





UNIDADE 6 5º

MÚSICAS PARA PRACTICAR PARA AS ACTUACIÓNS


DE ELLOS APRENDÍ

 ME HAS INVITADO A BAILAR (ata 2´27´´)

 6 DE FEBRERO

WE ARE THE WORLD

DO RE MI

CONCERTINO OP.11 DE KUCHLER    ACOMPAÑAMENTO

 NIÑO (ata 1´42´´)

GOLDEN (ata 1´42´´)

ENEMY (ata 1´52´´) 

COME AS YOU ARE 



FIGURAS DE REPASO


LECTURA RÍTMICA CON FIGURACIÓN NOVA

UNIDADE 6 4º

REGUEIFAMOS:

(preme na pandeireta)


A regueifa é un canto entre dúas ou máis persoas que seguen a mesmo cantar ou melodía durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado. A disputa é exposta a través, precisamente, do canto da regueifa. Admite diferentes temáticas e é apta para todos os públicos.






MÚSICA PARA PRACTICAR AS ACTUACIÓNS:

Mi gran noche

Don´t worry, be happy

Love you

Zoo

APT

Your idol

Magia

UNIDADE 6 3º



The Entertainer (o animador ou a animadora) é unha peza instrumental con ritmos sincopados melodía alegre.  (Os ritmos sincopados son os que se crean con síncopas cando unha nota se toca ou se canta nun tempo débil e se prolonga ata un tempo forte. Darémolo nos seguintes cursos).

Scott Joplin é coñecido como o rei do ragtime. O ragtime é un xénero musical que ten ritmos que proveñen da música africana.

Scott Joplin empregou esta composición para reflexar a música que era una forma de entretemento e escape para moitas persoas.

O ragtime e, en particular "The Entertainer", reflexa a vida nos Estados Unidos a comezos do século XX.


REGUEIFAMOS:


A regueifa é un canto entre dúas ou máis persoas que seguen a mesmo cantar ou melodía durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado. A disputa é exposta a través, precisamente, do canto da regueifa. Admite diferentes temáticas e é apta para todos os públicos.






MÚSICA PARA PRACTICAR AS ACTUACIÓNS

Café de la nuit (practicar co audio do pen)