Curso 2025-2026

A FAMILIA ADAMS

 A FAMILIA ADAMS - Vic Mizzy

Este tema musical foi composto por Vic Mizzy para a serie de televisión orixinal de 1964. 
Ten un ritmo apegadizo e instrumentación dun clavecín e os estralos de dedos tan característicos.
O carácter deste tema é alegremente macabro, o ritmo xoguetón e os estralos de dedos convidan a unirse á diversión. Todo elo recolle á perfección a esencia da familia Addams: o extraño, o escuro sempre cun toque de humor.


Los locos Adams (español)

A Familia Addams deu o salto aos escenarios de Broadway cun exitoso musical titulado The Addams Family. Este musical, con música e letra de Andrew Lippa e libreto de Marshall Brickman e Rick Elice, estrenouse en Broadway no 2010, consolidándose como un espectáculo vibrante e entretido que expande o universo dos Addams de xeito fresco e orixinal.

O musical sitúanos na mansión Addams, no Central Park de Nova York. A trama xira en torno a Mércores Addams, quen, para sorpresa da súa peculiar familia, namorouse dun rapaz "normal", Lucas Beineke

A historia comeza coa tradicional reunión anual da familia Addams no cemiterio, onde se celebra a esencia de ser un Addams coa canción When you're an Addams. O tío Fétido interrompe o retorno dos ancestros ás súas tumbas para pedirlles axuda, xa que Mércores invitou a cear a Lucas e aos seus pais "normales", Mal e Alicia Beineke.

A medida que se achega o momento da cea, as tensións aumentan. Mércoles confesa ao seu irmán Pugsley que o amor a está cambiando (Pulled), mentres que Morticia e Gómez se preocupan pola transformación da súa filla (Where did we go wrong). A chegada dos Beineke marca o inicio dunha noite caótica. Mércores e Lucas intentan que ambas familias actúen "normal" por unha noite (One normal night), pero a peculiaridade dos Addams e a represión dos Beineke axiña saen á luz.

O segundo acto explora as consecuencias da tormenta e as revelacións da cea. As parellas enfróntanse aos seus problemas: Mércores e Lucas teñen a súa primeira lea, Morticia teme perder relevancia na súa familia (Just around the corner), e Mal e Alicia confrontan o seu matrimonio. 

No medio de todo, o tío Fétido canta unha serenata á lúa (The moon and me). Gómez e Mércores teñen un momento emotivo onde el acepta o crecemento da súa filla (Happy/Sad). Finalmente, as parellas reconcílianse, Pugsley confesa ser o responsable do soro da verdade (sendo felicitado por elo) e o tío Fétido lánzase á lúa nun cohete (Move toward the darkness). Incluso Lurch, o maiordomo silencioso, sorprende a todos cantando por primeira vez.

O musical conta a historia de como Mércoles Addams presenta o seu mozo "normal" e aos seus pais a súa peculiar familia, desencadenando una noite de caos e revelacións.

Algunhas das cancións máis destacadas na versión de Broadway inclúen:

  • When you're an Addams (Cando es un Addams)
                                                                                                                     En español
 



  • Pulled (Atraída)
                                                                                                     En español
 

  • Where did we go wrong (Onde erramos?)
  • One Normal Night (Unha noite normal)
  • Morticia
  • What if (E se...?)
  • Waiting (Agardando)

  • Just around the corner (Á volta da esquina)

  • The moon and me (La lúa e eu)

  • Happy/Sad (Feliz/Triste)

  • Crazier than you (Máis tolo ca ti)
  • Live before we die (Vive antes de morrer)

  • Move toward the darkness (Móvete cara a escuridade)