Por: Música Vitamínicao 31.12.25/comentarios: 15º,
METRÓNOMO
O METRÓNOMO
Para que serve o metrónomo?
O metrónomo serve para axudar aos músicos a tocar manteniendo un tempo moi constante.
Os Metrónomos tradicionais son mecánicos, baseados na oscilación dun péndulo cun pequeno peso deslizante. Este péndulo oscila dun lado a outro producindo un sonido ao final de cada unha das oscilacións.
Podemos variar o tempo movendo unha peza que vai colocada sobre o péndulo e que corresponde coas seguintes indicacións metronómicas:
- Largo: 40-49 n/min.
- Adagio: 50-59 n/min.
- Andante: 60-79 n/min.
- Moderato: 80-99 n/min.
- Allegretto: 100-109 n/min.
- Allegro: 120-159 n/min.
- Presto: 160-179 n/min.
- Prestissimo: 180-200 n/min.
Lembras que significa n/min.? Poderías explicalo?. Se cres que o podes explicar, coméntao.
Desde hai moito tempo, é tradición en Viena que a Orquestra Filarmónica ofreza polo Aninovo un concerto cun programa composto por música de carácter alegre e ao tempo nostálxico do repertorio, principalmente, de Johann Strauss.
O Concerto de Aninovo da Orquestra Filarmónica de Viena é un evento musical excepcional que se celebra cada 1 de xaneiro na maxestuosa Sala Dourada do Musikverein. O Musikverein é un templo da música clásica situado no corazón de Viena, en Austria.
Musikverein
Sala Dourada
Orquestra Filarmónica de Viena
Onde está Austria?
E Viena?
Cada ano, este concerto é dirixido por un director diferente.
O concerto de Aninovo 2026 de Viena incluirá cinco pezas a estrenar e tamén obras de dúas compositoras 👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏
Como poder desfrutar del?
Este concerto retransmítese actualmente en máis de 90 países de todo o mundo, chegando así a millóns de fogares, pois é visto por máis de 50.000.000 de persoas 👌👌
Para velo e escoitalo en España, na 1 de TVE ou en rede a través de RTVE Play ás 11:15 horas.
O concerto tamén se transmitirá na RNE e na Radio Clásica, para quen prefira só escoitalo.
O remate do concerto adoita ser arredor das 14:00 horas.
Como ves é un concerto de longa duración, polo que te animo a que o vexas ou o escoites nalgún momento ao longo da mañá. Sonará, por exemplo, "El Danubio azul" de Johann Strauss, traballado na aula, ou a "Marcha Radetzky" que podes ver e escoitar a continuación.
Por: Música Vitamínicao 4.12.25/comentarios: 0CURIOSIDADES 23
Sabías que o nome das notas musicais tal e como as coñecemos hoxe están sacadas dun himno moi antigo na honra de San Xoán Baustista ?.
Un monxe italiano chamado Guido De Arezzo encargouse de darlle nome ás notas e para elo colleu a primeira sílaba do himno en latín.
Fíxate na primeira sílaba de cada verso. A primeira, como é a única que comeza por vogal, para que comezara por consonante como as demais, cambiouna por DO. A nota SI corresponde ás iniciais de San Xoán (san Iannes).
Este tema musical foi composto por Vic Mizzy para a serie de televisión orixinal de 1964.
Ten un ritmo apegadizo e instrumentación dun clavecín e os estralos de dedos tan característicos.
O carácter deste tema é alegremente macabro, o ritmo xoguetón e os estralos de dedos convidan a unirse á diversión. Todo elo recolle á perfección a esencia da familia Addams: o extraño, o escuro sempre cun toque de humor.
Los locos Adams (español)
A Familia Addams deu o salto aos escenarios de Broadway cun exitoso musical titulado The Addams Family. Este musical, con música e letra de Andrew Lippa e libreto de Marshall Brickman e Rick Elice, estrenouse en Broadway no 2010, consolidándose como un espectáculo vibrante e entretido que expande o universo dos Addams de xeito fresco e orixinal.
O musical sitúanos na mansión Addams, no Central Park de Nova York. A trama xira en torno a Mércores Addams, quen, para sorpresa da súa peculiar familia, namorouse dun rapaz "normal", Lucas Beineke.
A historia comeza coa tradicional reunión anual da familia Addams no cemiterio, onde se celebra a esencia de ser un Addams coa canción When you're an Addams. O tío Fétido interrompe o retorno dos ancestros ás súas tumbas para pedirlles axuda, xa que Mércores invitou a cear a Lucas e aos seus pais "normales", Mal e Alicia Beineke.
A medida que se achega o momento da cea, as tensións aumentan. Mércoles confesa ao seu irmán Pugsley que o amor a está cambiando (Pulled), mentres que Morticia e Gómez se preocupan pola transformación da súa filla (Where did we go wrong). A chegada dos Beineke marca o inicio dunha noite caótica. Mércores e Lucas intentan que ambas familias actúen "normal" por unha noite (One normal night), pero a peculiaridade dos Addams e a represión dos Beineke axiña saen á luz.
O segundo acto explora as consecuencias da tormenta e as revelacións da cea. As parellas enfróntanse aos seus problemas: Mércores e Lucas teñen a súa primeira lea, Morticia teme perder relevancia na súa familia (Just around the corner), e Mal e Alicia confrontan o seu matrimonio.
No medio de todo, o tío Fétido canta unha serenata á lúa (The moon and me). Gómez e Mércores teñen un momento emotivo onde el acepta o crecemento da súa filla (Happy/Sad). Finalmente, as parellas reconcílianse, Pugsley confesa ser o responsable do soro da verdade (sendo felicitado por elo) e o tío Fétido lánzase á lúa nun cohete (Move toward the darkness). Incluso Lurch, o maiordomo silencioso, sorprende a todos cantando por primeira vez.
O musical conta a historia de como Mércoles Addams presenta o seu mozo "normal" e aos seus pais a súa peculiar familia, desencadenando una noite de caos e revelacións.
Algunhas das cancións máis destacadas na versión de Broadway inclúen:
When you're an Addams (Cando es un Addams)
En español
Pulled (Atraída)
En español
Where did we go wrong (Onde erramos?)
One Normal Night (Unha noite normal)
Morticia
What if (E se...?)
Waiting (Agardando)
Just around the corner (Á volta da esquina)
The moon and me (La lúa e eu)
Happy/Sad (Feliz/Triste)
Crazier than you (Máis tolo ca ti)
Live before we die (Vive antes de morrer)
Move toward the darkness (Móvete cara a escuridade)
Na Antiga Grecia a música non só era arte, era educación, polo seu poder educativo. Non só se trataba de sons, senón dunha arte como unidade formativa do ser humano.
O mesmo que o exercicio físico fortalecía o corpo, a música considerábase esencial para fortalecer o carácter e formar a alma.
O pensador Platón afirmaba no seu libro La República que a música e a ximnasia eran os dous pilares da formación integral dos mozos.
Platón afirmaba que "a música é para a alma o que é a ximnasia para o corpo".
Hoxe sabemos que esa visión é acertada: a música non só ensina a tocar un instrumento, tamén potencia a disciplina, a creatividade e a sensibilidade, acompañando o desenvolvemento do corpo, da mente e das emocións.
Que opinas?. Para ti a música é tamén fundamental?. Comenta.
Por: Música Vitamínicao 21.9.25/comentarios: 5cancións,
outono
Comezamos
o outono cunha selección de cancións que tratan desta estación do
ano.
Son ideais para escoitalas durante estes días en
momentos de reflexión, de preparación con novas ideas, mentres
viaxamos, ou contemplando a paisaxe.
November
rainde Guns
N' Roses: É unha das cancións máis coñecidas para evocar a
melancolía, o cambio e a nostalxia do outono.
Autumnleavesde Joseph
Kosma:
Interpretada
por múltiples artistas, esta canción relaciónase directamente co
outono, xa que a súa letra poética e a súa melodía suave nos
sumerxen nun ambiente outonal profundo.
Autumn
leavesde Frank
Sinatra: Esta versión engade un toque de jazz que nos
envolve nunha atmosfera de nostalxia de hai moito tempo.
Wake
me up when September endsde
Green
Day:
Lanza unha mensaxe emotiva e cun son distintivo que fan capturar as
ideas de cambio e de reflexión.
The sound of silencede
Simon
& Garfunkel:
A súa temática non é propia de outono, mais o seu carácter
tranquilo complementa perfectamente as sensacións outonais.
Pasa
el otoñode
Antonio
Vega:
Esta canción lévanos a unha viaxe melódica a través de paisaxes
outonales, destacando pola melodía cautivadora.
Otoño
y mariposasde
Miss
Caffeina:
É unha canción moderna caracterizada polo son de tipo indie rock.
Me
Llaman Octubrede Love
of Lesbian:
Esta canción representa melancolía e a beleza do outono.
Noviembrede
Melocos:
Canción de carácter nostálxico e melodía pegadiza.
Balada
de Otoñode
Joan Manuel Serrat:
Canción que capta a esencia do outono cunha letra conmovedora.
Cal
ou cales pensas que evocan mellor coa súa música ou coa súa letra a
tempada de outono? Comenta!