UNIDADE 8 4º


A POSTURA NA DANZA

Aliñación corporal 

A aliñación corporal é a colocación das partes do corpo, principalmente o esquelete, durante a execución dun movemento. É dicir, a posición do corpo en cada momento dun baile. 

A aliñación corporal na danza require que todas as partes do corpo estean en balance; ou sexa, co peso do corpo ben distribuido entre elas. Unha aliñación corporal axeitada permite facer os movementos dunha danza co mínimo esforzo muscular e con maior fluidez. Tamén permite bailar con máis liberdade e facilidade sen facer esforzo innecesario.


Unha boa postura na danza depende de moitos elementos que funcionan xuntos:
  • A columna vertebral móvese seguindo a liña das súas curvaturas naturais.
  • En cada paso o corpo mantén unha aliñación equilibrada entre as diferentes partes.
  • O corpo emprega a súa forza muscular de maneira eficiente.

Os beneficios que aporta unha boa postura na danza son:

• Axuda a obter un balance correcto para executar os pasos.

• Evita lesións.

• Diminúe a tendencia a padecer dores musculares.

• A calidade da respiración mellora.

• Axuda a manter unha boa flexibilidade

• Prevén a fatiga causada polo uso ineficiente do sistema muscular. 




DANZAMOS:


Unha suite é unha forma musical formada por diferentes danzas.

O rondó sona como unha das danzas dentro da suite nº 2 de Bach.

A palabra rondó vén do francés rondeau e significa ronda ou danza en roda. 

Un rondó está composto por un tema musical que se repite facendo a función de

retrouso. O tema principal do rondó é claro, curto e cun motivo vivo e xoguetón

facilmente recoñecible entre outros temas secundarios que fan a función de estrofas.

O rondó é, pois, unha forma musical que ten un tema principal que se repite,

intercalado entre outros temas diferentes. A súa estrutura é: ABACADA.    

     


GREENSLEEVES - popular inglesa

Greensleeves é unha canción do folclore inglés, popularizada durante finais do século XV e ao longo de todo o século XVI. 
Era moi coñecida socialmente e interpretada polos pobos de diferentes lugares e tamén nos exércitos, cantándose cando estaban lonxe da casa. 
A temática é de amor dun cabaleiro a unha dama, que o rexeitaba,
Actualmente, a melodía é máis coñecida na versión instrumental que coral.

 



UNIDADE 8 2º

PRINCIPAIS PROFESIÓNS RELACIONADAS COA DANZA

1. Bailarín e bailarina profesional

As persoas con talento e paixón pola danza poden adicarse a bailar e formar parte de compañías de danza ou espectáculos teatrais con bailaríns.

2. Coreógrafo e coreógrafa.

As persoas que teñen habilidades para crear e deseñar coreografías, poden traballar en compañías de danza, teatros, compañías de ópera ou incluso en produccións cinematográficas.

3. Profesor e profesora de danza

As persoas que prefiren ensinar e compartir o que saben sobre danza, poden adicarse a ser profesor ou profesora de danza. Ensinan a nenas e nenos, mozas, mozos ou adultos en escolas de danza, centros culturais ou en academias de música e danza.

4. Director e directora de compañía

As persoas que teñen capacidade para organizar traballo con artistas poden ser directores ou directoras dunha compañía de danza ou de teatro.


5. Deseñador e deseñadora de vestiario

Hai persoas creativas ás que lle gusta o deseño e que teñen habilidades para a confección e a costura. Poden adicarse a crear o vestiario para espectáculos de danza ou obras de teatro.

 

 


COMO FACEMOS PARA DANZAR?

Antes de comezar é necesario planificar a danza que imos traballar. Facemos o seguinte:

1º Activación: Atendemos para conectar coa música.

2º Execución: Iniciamos a práctica con relaxación muscular e incluimos a técnica en cada paso.

3º Expresión: Desenvolvemos a secuencia de pasos, exploramos e improvisamos.

4º Avaliación: Comentamos o resultado e valoramos o traballo realizado.



 DANZAMOS:

JAZZ LEGATO - Leroy Anderson

A música jazz é un estilo musical que se orixinou nos Estados Unidos.