A POSTURA NA DANZA
Aliñación corporal
A aliñación corporal é a colocación das partes do corpo, principalmente o esquelete, durante a execución dun movemento. É dicir, a posición do corpo en cada momento dun baile.
A aliñación corporal na danza require que todas as partes do corpo estean en balance; ou sexa, co peso do corpo ben distribuido entre elas. Unha aliñación corporal axeitada permite facer os movementos dunha danza co mínimo esforzo muscular e con maior fluidez. Tamén permite bailar con máis liberdade e facilidade sen facer esforzo innecesario.
Unha boa postura na danza depende de moitos elementos que funcionan xuntos:- A columna vertebral móvese seguindo a liña das súas curvaturas naturais.
- En cada paso o corpo mantén unha aliñación equilibrada entre as diferentes partes.
- O corpo emprega a súa forza muscular de maneira eficiente.
Os beneficios que aporta unha boa postura na danza son:
• Axuda a obter un balance correcto para executar os pasos.
• Evita lesións.
• Diminúe a tendencia a padecer dores musculares.
• A calidade da respiración mellora.
• Axuda a manter unha boa flexibilidade
• Prevén a fatiga causada polo uso ineficiente do sistema muscular.
DANZAMOS:
A POSTURA NA DANZA
Aliñación corporal
A aliñación corporal é a colocación das partes do corpo, principalmente o esquelete, durante a execución dun movemento. É dicir, a posición do corpo en cada momento dun baile.
A aliñación corporal na danza require que todas as partes do corpo estean en balance; ou sexa, co peso do corpo ben distribuido entre elas. Unha aliñación corporal axeitada permite facer os movementos dunha danza co mínimo esforzo muscular e con maior fluidez. Tamén permite bailar con máis liberdade e facilidade sen facer esforzo innecesario.
- A columna vertebral móvese seguindo a liña das súas curvaturas naturais.
- En cada paso o corpo mantén unha aliñación equilibrada entre as diferentes partes.
- O corpo emprega a súa forza muscular de maneira eficiente.
Os beneficios que aporta unha boa postura na danza son:
• Axuda a obter un balance correcto para executar os pasos.
• Evita lesións.
• Diminúe a tendencia a padecer dores musculares.
• A calidade da respiración mellora.
• Axuda a manter unha boa flexibilidade
• Prevén a fatiga causada polo uso ineficiente do sistema muscular.
RONDÓ DE LA SUITE Nº 2- Johann Sebastian Bach
Unha suite é
unha forma
musical formada por diferentes danzas.
O
rondó sona como unha das danzas dentro da suite nº 2 de Bach.
A
palabra rondó vén do francés rondeau e
significa ronda ou danza en roda.
Un rondó está
composto por un tema musical que se repite facendo a función de
retrouso. O tema principal do rondó é claro, curto e cun
motivo vivo e xoguetón
facilmente recoñecible entre outros temas
secundarios que fan a función de estrofas.
O rondó é,
pois, unha forma
musical que ten un
tema principal que se repite,
intercalado entre outros temas
diferentes. A súa estrutura é: ABACADA.
GREENSLEEVES - popular inglesa
Greensleeves é unha canción do folclore inglés, popularizada durante finais do século XV e ao longo de todo o século XVI. Era moi coñecida socialmente e interpretada polos pobos de diferentes lugares e tamén nos exércitos, cantándose cando estaban lonxe da casa. A temática é de amor dun cabaleiro a unha dama, que o rexeitaba,Actualmente, a melodía é máis coñecida na versión instrumental que coral.
Unha suite é unha forma musical formada por diferentes danzas.
O rondó sona como unha das danzas dentro da suite nº 2 de Bach.
A palabra rondó vén do francés rondeau e significa ronda ou danza en roda.
Un rondó está composto por un tema musical que se repite facendo a función de
retrouso. O tema principal do rondó é claro, curto e cun motivo vivo e xoguetón
facilmente recoñecible entre outros temas secundarios que fan a función de estrofas.
O rondó é, pois, unha forma musical que ten un tema principal que se repite,
intercalado entre outros temas diferentes. A súa estrutura é: ABACADA.




















.jpg)




.jpg)


