UNIDADE 9 6º


OS MÉTODOS INTERPRETATIVOS


MÉTODO STANISLAVSKY

Enfócase na busca da verdade emocional na actuación. Os actores sumérxense profundamente no mundo interior dos seus personaxes, buscando conectar de maneira auténtica coas súas emocións.

Trátase de recrear ante o espectador unha verdade totalmente realista e crible facendo que o actor busque as sensacións do personaxe na súa pel, facéndose sempre a pregunta: "Se eu estivera no lugar do personaxe ¿que faría el? ¿que sentiría? " etc.


MÉTODO GROTOWSKY

Baséase nos estímulos, impulsos e reaccións dos actores, creando artistas totalmente sensibles a calquera cousa que pase sobre o escenario, con fascinación e estimulación psíquica.


MÉTODO CHEJOV

Enfócase nas "imaxes" atendendo a distintos puntos como: a concentración, a imaxinación, a calidades das accións, a atmosfera, o obxectivo e a improvisación; todo elo marcado polas sensación de facilidade, de forma, de beleza, de totalidade, que dotan ao actor da liberación de tensións perxudiciais. Relaciona un xesto cun estado psicolóxico.


MÉTODO ADLER

Trata a imaxinación como ferramenta central do traballo.
O actor debe crer no seu personaxe e deixar que a súa imaxinación constrúa imaxes, sensacións e toda unha historia persoal arredor del.

MÉTODO STRASBERG
Trátase de potenciar todo o traballo de memoria emocional eliminando das circunstancias dadas todos os datos que non teñen un efecto directo sobre o corpo emocional do actor.

MÉTODO MEISNER
Céntrase na escoita e a resposta entre os actores. A través de exercicios de improvisación e repetición, aprenden a reaccionar de maneira xenuina no momento presente.