A TEATRALIDADE
A teatralidade é a calidade do teatro que fai referencia ao conxunto de signos e de sensacións construidas dentro dunha escena a partir dun argumento que xa foi escrito.
CARACTERÍSTICAS DA TEATRALIDADE
1. Fai que o espectador vibre ao mesmo tempo que o fan os actores.2. Permite ao espectador vivir unha escena con drama, reflexión, crítica, divirtíndose e emocionándose.3. Pretende conmover as emocións dos espectadores.
ESTRUTURA DUNHA OBRA DE TEATROA maioría das obras de teatro divídense en tres actos, cada un coa súa propia función e propósito.O primero acto emprégase para presentar os personaxes, establécese o escenario da situación inicial e introdúcese o conflito que impulsará a trama. O segundo acto desenvolve o conflito e aumenta a tensión dramática, levando os personaxes a enfrontar desafíos e complicacións.Finalmente, no terceiro acto resólvese o conflito e conclúe a historia.VOCABULARIOO acto: É a división principal dunha obra de teatro, semellante aos capítulos nunha novela. Unha obra de teatro pode ter un ou varios actos.A escena: Cada acto componse de escenas con situacións que se desenvolven nun mesmo lugar e tempo.O diálogo: É a conversa entre os personaxes da obra e é a forma na que se desenvolve a trama.O monólogo: É o discurso que un personaxe pronuncia en solitario, sen interactuar con outros personaxes.O aparte: É unha frase que un personaxe di en voz baixa, que non escoitan os demais personaxes, e que serve para revelar os seus pensamentos ou sentimentos ao público.As acotacións: Son as indicacións que o autor ou autora dá sobre a posta en escena, como a descrición dos personaxes, o vestiario ou a iluminación.A exposición: É a información que se dá ao público ao comezo da obra para situalo na trama e presentar os personaxes.O nó: É o transcurso da obra no que se desenvolve a trama principal e se chega ao punto de máxima tensión.O clímax: É o punto de máxima tensión da trama da obra.O desenlace: É a resolución da trama e o final da obra.
A teatralidade é a calidade do teatro que fai referencia ao conxunto de signos e de sensacións construidas dentro dunha escena a partir dun argumento que xa foi escrito.
CARACTERÍSTICAS DA TEATRALIDADE
1. Fai que o espectador vibre ao mesmo tempo que o fan os actores.
2. Permite ao espectador vivir unha escena con drama, reflexión, crítica, divirtíndose e emocionándose.
3. Pretende conmover as emocións dos espectadores.
ESTRUTURA DUNHA OBRA DE TEATRO
A maioría das obras de teatro divídense en tres actos, cada un coa súa propia función e propósito.
O primero acto emprégase para presentar os personaxes, establécese o escenario da situación inicial e introdúcese o conflito que impulsará a trama.
O segundo acto desenvolve o conflito e aumenta a tensión dramática, levando os personaxes a enfrontar desafíos e complicacións.
Finalmente, no terceiro acto resólvese o conflito e conclúe a historia.
VOCABULARIO
O acto: É a división principal dunha obra de teatro, semellante aos capítulos nunha novela. Unha obra de teatro pode ter un ou varios actos.
A escena: Cada acto componse de escenas con situacións que se desenvolven nun mesmo lugar e tempo.
O diálogo: É a conversa entre os personaxes da obra e é a forma na que se desenvolve a trama.
O monólogo: É o discurso que un personaxe pronuncia en solitario, sen interactuar con outros personaxes.
O aparte: É unha frase que un personaxe di en voz baixa, que non escoitan os demais personaxes, e que serve para revelar os seus pensamentos ou sentimentos ao público.
As acotacións: Son as indicacións que o autor ou autora dá sobre a posta en escena, como a descrición dos personaxes, o vestiario ou a iluminación.
A exposición: É a información que se dá ao público ao comezo da obra para situalo na trama e presentar os personaxes.
O nó: É o transcurso da obra no que se desenvolve a trama principal e se chega ao punto de máxima tensión.
O clímax: É o punto de máxima tensión da trama da obra.
O desenlace: É a resolución da trama e o final da obra.


