Danzamos:
TAMBOR - tradicional de Venezuela
O tambor é unha danza chea de enerxía que forma parte esencial da cultura venezolana.
É tocada por tambores venezolanos como instrumentos principais pero tamén por chácaras para celebrar festividades e cerimonias expresando a identidade en comunidade do pobo venezolano.
Sen embargo, ao seren movementos rápidos, a moitas persoas lles é dificíl aprender a bailalos.
O primeiro que hai que facer é familiarizarse co ritmo ata chegar a notar como os tambores dialogan entre si para poder bailalo con filas de parellas unhas fronte ás outras.
Unha vez que coñecemos o ritmo, o movemento das cadeiras é indispensable. Con movementos fluidos e ao ritmo da tambora.
Despois, non só se baila cos pés, senón con todo o corpo, involucrando a cadeira, os pés e os brazos, que é a última parte que engadimos ao bailar o tambor.
Traballar a coordinación é importante para poder mover en conxunto as diferentes partes do corpo.
Cando domines os pasos básicos, céntrate en sentir comodidade ao bailar.
MUIÑEIRA - folclórica de Galicia
A muiñeira é unha danza folclórica galega de ritmo rápido. Comunmente afírmase que foi nos muíños onde se moían o trigo e máis o millo, onde naceu este baile; dado que as mulleres que traballaban alí tiñan que agardar algún tempo a que o millo estivera a punto e para pasar o tempo, bailaban.
Como baile tradicional interpretábase en festas e romarías. A danza era colectiva, normalmente de tres a oito parellas colocadas fronte a fronte formando unha ringleira e vestidos co traxe tradicional.
A estrutura musical, composta de copla (tema A) e volta (tema B), interpretado na danza en xeito de punto e paseo.
Na muiñeira vella o home realiza puntos complexos e a muller fai paseos con forma de oito.
Na muiñeira nova un home interpretaba un punto, construído máis ou menos improvisadamente a base de embotados, saltos, picados e outras figuras, e o resto do grupo repite os movementos varias veces, mentres dure a parte da copla. Durante a parte de volta da melodía, o grupo realizaba paseos, en círculo, xirando as filas sobre o seu centro, ou outras figuras coreográficas sinxelas. Tanto punto como paseos execútanse cos brazos en alto ou facendo leves debuxos que dan máis graza á interpretación.
Exemplos de pezas coñecidas son a Muiñeira de Chantada e a Muiñeira de Lugo.
Ópera – Forma de teatro que combina música, canto e danza.
Musical – Obra de teatro que inclúe cancións e danzas como parte da narrativa da historia.
Comedia – Obra de teatro deseñada para facer rir aos espectadores.
Traxedia – Obra de teatro que presenta eventos tristes ou serios, a miúdo cun final desafortunado.