Curso 2025-2026

UNIDADE 8 6º

Danzamos: 

TAMBOR - tradicional de Venezuela

O tambor é unha danza chea de enerxía que forma parte esencial da cultura venezolana.

É tocada por tambores venezolanos como instrumentos principais pero tamén por chácaras para celebrar festividades e cerimonias expresando a identidade en comunidade do pobo venezolano.

Sen embargo, ao seren movementos rápidos, a moitas persoas lles é dificíl aprender a bailalos.

O primeiro que hai que facer é familiarizarse co ritmo ata chegar a notar como os tambores dialogan entre si para poder bailalo con filas de parellas unhas fronte ás outras.

Unha vez que coñecemos o ritmo, o movemento das cadeiras é indispensable. Con movementos fluidos e ao ritmo da tambora.

Despois, non só se baila cos pés, senón con todo o corpo, involucrando a cadeira, os pés e os brazos, que é a última parte que engadimos ao bailar o tambor.

Traballar a coordinación é importante para poder mover en conxunto as diferentes partes do corpo.

Cando domines os pasos básicos, céntrate en sentir comodidade ao bailar.


MUIÑEIRA - folclórica de Galicia

A muiñeira é unha danza folclórica galega de ritmo rápido. Comunmente afírmase que foi nos muíños onde se moían o trigo e máis o millo, onde naceu este baile; dado que as mulleres que traballaban alí tiñan que agardar algún tempo a que o millo estivera a punto e para pasar o tempo, bailaban.


Como baile tradicional interpretábase en festas e romarías. A danza era colectiva, normalmente de tres a oito parellas colocadas fronte a fronte formando unha ringleira e vestidos co traxe tradicional.

A muiñeira distínguese principalmente polo seu compás de 6/8, rápido e vivo, interpretada por instrumentos tradicionais como a gaita, o pandeiro e a pandeireta.

A estrutura musical, composta de copla (tema A) e volta (tema B), interpretado na danza en xeito de punto e paseo.

Na muiñeira vella o home realiza puntos complexos e a muller fai paseos con forma de oito.

Na muiñeira nova un home interpretaba un punto, construído máis ou menos improvisadamente a base de embotados, saltos, picados e outras figuras, e o resto do grupo repite os movementos varias veces, mentres dure a parte da copla. Durante a parte de volta da melodía, o grupo realizaba paseos, en círculo, xirando as filas sobre o seu centro, ou outras figuras coreográficas sinxelas. Tanto punto como paseos execútanse cos brazos en alto ou facendo leves debuxos que dan máis graza á interpretación.

Exemplos de pezas coñecidas son a Muiñeira de Chantada e a Muiñeira de Lugo.


Uptown Funk - Mark Ronson


OS XÉNEROS ESCÉNICOS


Ópera – Forma de teatro que combina música, canto e danza.

Musical – Obra de teatro que inclúe cancións e danzas como parte da narrativa da historia.

Comedia –  Obra de teatro deseñada para facer rir aos espectadores.

Traxedia – Obra de teatro que presenta eventos tristes ou serios, a miúdo cun final desafortunado.