Se es peque ou tes un irmán ou irmá en educación infantil, pódese iniciar no mundo dos musicais da man de Bibopalula.
En A Coruña o próximo 28 de decembro.
Anímate!.
Infórmate aquí.
Por: Música Vitamínica o 26.12.25 / comentarios: 0 musical
Se es peque ou tes un irmán ou irmá en educación infantil, pódese iniciar no mundo dos musicais da man de Bibopalula.
En A Coruña o próximo 28 de decembro.
Anímate!.
Infórmate aquí.
Por: Música Vitamínica o 13.10.25 / comentarios: 1 familia Adams, musical
A FAMILIA ADAMS - Vic Mizzy
A Familia Addams deu o salto aos escenarios de Broadway cun exitoso musical titulado The Addams Family. Este musical, con música e letra de Andrew Lippa e libreto de Marshall Brickman e Rick Elice, estrenouse en Broadway no 2010, consolidándose como un espectáculo vibrante e entretido que expande o universo dos Addams de xeito fresco e orixinal.
O musical sitúanos na mansión Addams, no Central Park de Nova York. A trama xira en torno a Mércores Addams, quen, para sorpresa da súa peculiar familia, namorouse dun rapaz "normal", Lucas Beineke.
A historia comeza coa tradicional reunión anual da familia Addams no cemiterio, onde se celebra a esencia de ser un Addams coa canción When you're an Addams. O tío Fétido interrompe o retorno dos ancestros ás súas tumbas para pedirlles axuda, xa que Mércores invitou a cear a Lucas e aos seus pais "normales", Mal e Alicia Beineke.
A medida que se achega o momento da cea, as tensións aumentan. Mércoles confesa ao seu irmán Pugsley que o amor a está cambiando (Pulled), mentres que Morticia e Gómez se preocupan pola transformación da súa filla (Where did we go wrong). A chegada dos Beineke marca o inicio dunha noite caótica. Mércores e Lucas intentan que ambas familias actúen "normal" por unha noite (One normal night), pero a peculiaridade dos Addams e a represión dos Beineke axiña saen á luz.
O segundo acto explora as consecuencias da tormenta e as revelacións da cea. As parellas enfróntanse aos seus problemas: Mércores e Lucas teñen a súa primeira lea, Morticia teme perder relevancia na súa familia (Just around the corner), e Mal e Alicia confrontan o seu matrimonio.
No medio de todo, o tío Fétido canta unha serenata á lúa (The moon and me). Gómez e Mércores teñen un momento emotivo onde el acepta o crecemento da súa filla (Happy/Sad). Finalmente, as parellas reconcílianse, Pugsley confesa ser o responsable do soro da verdade (sendo felicitado por elo) e o tío Fétido lánzase á lúa nun cohete (Move toward the darkness). Incluso Lurch, o maiordomo silencioso, sorprende a todos cantando por primeira vez.
O musical conta a historia de como Mércoles Addams presenta o seu mozo "normal" e aos seus pais a súa peculiar familia, desencadenando una noite de caos e revelacións.
Algunhas das cancións máis destacadas na versión de Broadway inclúen: