Un acorde, na súa forma máis básica, é un conxunto de notas ordenadas por terceiras que sonan ao memo tempo.
Se o acorde está formado por tres notas chámase tríada.
A nota máis importante do acorde é a primeira e chámase nota fundamental. Esta fundamental dá o nome ao acorde: un acorde de Re maior constrúese a partir da nota Re como fundamental.
Logo, ao superpoñer unha terceira sobre esta fundamental, obtemos a terceira do acorde. E ao superpoñer unha terceira sobre a terceira, obtemos a quinta. Así, un acorde básico ten fundamental, terceira e quinta.
No caso do acorde de Do temos: Do como fundamental, Mi como terceira (conto do – re – mi) e Sol como quinta (conto do – re – mi – fa – sol).
Acordes maiores e acordes menores
Ambos teñen unha quinta xusta. A diferencia é que o acorde maior contén unha terceira maior, mentres que o acorde menor contén unha terceira menor a partir da fundamental.
Acorde maior: fundamental+terceira maior+ quinta xusta (1 – 3 – 5).
Acorde menor: fundamental, terceira menor e quinta xusta (1 – ♭3 – 5).
O nome que recibe cada nota do acorde e as súas funcións son:
LECTURAS RÍTMICAS CON BAQUETAS
Compás binario, ternario e cuaternario






.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)

