Curso 2025-2026

CONCERTO EN 5ºB

No día de hoxe tivo lugar o concerto do alumnado do grupo 5ºB.

Estes últimos días estiveron agardando por el e a verdade é que saíu xenial, a pesares das pequenas lesións dalgunhas instrumentistas e dalgún pequeno cambio de última hora.

Todas e todos estiveron fantásticos, sobre todo pola xenerosidade de querer compartir cos compañeiros e compañeiras estes momentos de desfrute que implican esforzo na súa preparación.

Hai que agradecerlles o interese e as ganas que puxeron desde o primeiro momento e o respecto e cumprimento das normas nas audicións musicais. 

Proba superada!.

Ademais, gustounos contar coa asistencia da súa titora Patricia, que se interesou por escoitar cada unha das actuacións do seu alumnado.

Gracias a todos pola participación e pola colaboración!.

Velaquí os momentos máis relevantes.

Presentadora


Solista



Presentador


Dúo


Presentadora


Sexteto



Presentadora


Solista




Presentadora


Solista





Presentadora


Cuarteto










CONCERTO EN 3ºC

 


Ao experimentar a preparación e a asistencia a un concerto de maneira activa, o alumnado aprende novos conceptos, interioriza coñecementos de maneira directa, métese na pel dos profesionais do mundo musical e desenvólvese competencialmente de xeito eficaz.

O concerto de 3ºC levouse a cabo hoxe segundo o previsto, coa presencia de todas e todos os participantes e coa participación e a colaboración de todo o grupo para poder facer que a experiencia fora tan positiva como resultou.

Agradecemos, pois, a todas e a todos o voso entusiasmo, e asistencia como público a Eva, titora do grupo, que pediu poder desfrutar da arte do seu alumnado.

Moi ben, clase!.


























CONCERTO EN 3ºA

 

Chegou o día do concerto de 3ºA. 

Todo estaba preparado para dar comezo segundo o orde do programa do concerto.

Cantaron e tocaron xenial, tras días de ensaios dos temas e fragmentos que escolleron para actuar.

O mellor, sen dúbida, foi a ilusión que amosaron por preparalo todo o mellor posible e que este día chegase para poder sentirse como uns verdadeiros artistas.

Grazas nenas e nenos pola participación e a colaboración tan boa que tivestes!.

A continuación vemos uns momentos do concerto.