Curso 2025-2026

LECTURA EN 1º


Hoxe as alumnas e alumnos de 1ºB cantaron dúas cancións galegas e acompañáronas con percusión corporal.

Antes, no tempo previo ás sesións de Música e Danza, practican a lectura en voz alta para o grupo, de xeito individual ou en parella.

















REPASANDO EN 3º


Na sesión de hoxe o alumnado de 3ºA e de 3ºC repasou os contidos máis importantes tratados ao longo do curso.

Na parte da linguaxe musical a concentración é fundamental para poder desenvolver o cálculo e a lóxica que dan pé á resolución dos diferentes exercicios.

Ademais, amosan o compañeirismo que se lles inculca colaborando na aprendizaxe do alumnado novo.




A EXPERIENCIA DO CORRELINGUA

A experiencia da xornada de convivencia cunha festa final grazas ao programa Correlingua foi todo un éxito.

Os maiores conseguiron cumplir cos quilómetros ata a meta. Cantando fíxose máis levadeiro o traxecto. Tras a merenda, rematamos co concerto final da festa. 

Os pequenos resistiron moi ben a andaina e gozaron cantando e bailando en lingua galega tanto ou máis que os maiores.

Así foi, que puxeron todas as ganas e os propios músicos quedaron encantados co traballo realizado sobre o tema "Miña nai".

Parabéns!.

Así recolleu esta xornada a prensa: La OpiniónLa Voz de Galicia.



FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024!


Parabéns a todas e a todos os galegas neste prezado día!.

Hoxe festexamos que temos unha lingua propia que é rica nas súas formas de fala, no léxico e na súa expresión.

Hoxe sentimos o orgullo de pertencer a esta terra máxica, diversa e única.


Luisa Villalta, homenaxeada este ano, formou un grupo musical no que interpretaba como violinista.

Este grupo, chamado "Escaino" era un cuarteto con tamén un percusionista, un frautista e un clarinetista.

No ano 1980 a imaxe do grupo era a seguinte:

De esquerda a dereita: Luisa Villalta (violín), Juan Fernán Bello (percusión), Paulino Pereiro (frauta traveseira) e Luis Pereiro (clarinete).

Así sonaba esta agrupación instrumental interpretando "A denosiña".

VIVA GALICIA!.


CANCIÓNS GALEGAS EN 5º

 


Hoxe tocou aprender o acompañamento con cunchas da canción galega que o alumnado de 5º está a traballar. 

Para ser o primeiro día, o manexo foi moi bo e o ritmo executado fixérono coa técnica indicada.

Estupendo!. O vindeiro día máis!.

 

 

 

 

 

 

 


 

 



XOGANDO EN 1º



Seguimos repasando contidos neste terceiro trimestre.

A través dun xogo por parellas o alumnado de 1º curso desenvolve a competencia lingüística.

"Adiviñas que é?".










ACCESO AO CONSERVATORIO




 

CANCIÓN MIÑA NAI


Nenas e nenos de 2ºA, 2ºB, 3ºC, 4ºA, 6ºA e 6ºC, por fin saiu o videoclip da canción tan cantada estes días.

Velaquí están os compoñentes do grupo, que fan que as súas nais sexan as protagonistas xa que o tema vai adicado a todas elas. 

Moi chulo. Desfrutádeo!. 





INSTRUMENTOS VIRTUAIS


Experimenta melodías e ritmos con instrumentos virtuais online. Es quen de tocar algunha canción coñecida ou de crear un ritmo ou unha melodía propia?.


GUITARRA 1 (MELODÍA)

GUITARRA 2 (ACORDES)

PIANO 2

FRAUTA DE PAN

VIOLÍN 

VIOLONCHELO

BATERÍA

BONGÓS

VOZ (IDEAS PARA A MÁQUINA 6º CURSO)


IMOS DE FESTA 2º, 3º, 4º E 6º (APRAZADA)

Por mor da previsión para mañá dun día chuvioso, esta saída levarase a cabo o venres día 10 de maio, agardando que as condicións meteorolóxicas o permitan.


Repasade aquí o preparado na aula.




CANCIÓNS GALEGAS 2º, 3º, 4º, 6º