Curso 2025-2026

UNIDADE 1 6º

AS CALIDADES DO SON


UNIDADE 1 5º

O SON

O son é a materia prima da música.

O son é a sensación auditiva que percibe o noso oído cando un corpo sonoro en movemento produce unha vibración que se transmite a través do aire ata chegar ao noso oído.

O son pódese propagar por varios medios: o aire, a auga e os medios sólidos.

Nós escoitamos os sons e a música a través do aire. As ondas sonoras van desde o corpo sonoro ata o noso oído. O aire é o medio máis lento polo que se transmite o son. Pola auga e por medios máis sólidos como o aceiro, o son transmítese moito máis axiña.

UNIDADE 1 4º

AS CALIDADES DO SON

A altura é a calidade do son que nos permite considerar un son agudo, medio ou grave segundo o número de vibracións por segundo que produce. A máis vibracións, máis altura.

UNIDADE 1 3º

AS CALIDADES DO SON: 

ALTURA, DURACIÓN, INTENSIDADE E TIMBRE

UNIDADE 1 2º

AS CALIDADES DO SON


duración indica se os sons son longos ou curtos.

         
                                   Son longo                             Son curto


altura indica se os sons son agudos ou graves.


⬆                            ⬇

 
                                      Son agudo                               Son grave


intensidade indica se os sons son fortes ou suaves.


                                      


  Son forte                           Son suave



ACTIVIDADE ALTURA 1 (sons agudos e graves a partir de imaxes).

ACTIVIDADE ALTURA 2 (clasificación de sons agudos e graves a partir de imaxes).

ACTIVIDADE INTENSIDADE 1 (clasificación de sons fortes e suaves a partir de imaxes).

ACTIVIDADE INTENSIDADE 2 (sons fortes e suaves a partir de imaxes).

ACTIVIDADE CALIDADES DO SON 1 (unir e clasificar sons a partir de audio).

ACTIVIDADE CALIDADES DO SON 2 (producir sons vocais a partir de indicacións aleatorias).


OBRAS E COMPOSITORES



Antonio Vivaldi naceu na cidade de Venecia, en Italia. Foi violinista profesional e tamén director musical. Escribiu máis de 800 obras, entre elas "Las cuatro estaciones" cunha música adicada á primavera, outra ao verán, outra ao outono e outra ao inverno. 

 
  


Amadeus Mozart pasaba moitas tardes escoitando como a súa irmá Nannerl tocaba o piano e quixo aprender a tocalo el tamén. 
Amadeus aprendeu a tocar o piano aos tres anos, e aos cinco anos xa ofrecía concertos. Amadeus non foi á escola. O seu pai Leopold era músico e profesor e ensináballe Música, Matemáticas e idiomas. Leopold decidiu que os seus fillos Nannerl e Amadeus debían tocar en concertos polo mundo. 
Amadeus compuxo música para tocar e tamén música para cantar. Unha obra de Mozart moi coñecida para cantar é "La flauta mágica", e unha obra súa moi coñecida para tocar é "Alla turca" ou Marcha turca.



Ludwig Van Beethoven tamén aprendeu piano co seu pai, que era músico, e máis tarde con outros mestres de Música. Traballou como pianista. Aos 26 anos comezou a quedarse bastante xordo e pouco a pouco quedou sen poder oír nada. Aínda así seguía facendo música. Como a facía sen oír?. Pois a partir das vibracións do son, ese tipo de temblores que podemos notar a través do tacto cando a música está sonando. Unha das obras máis coñecidas de Beethoven é "Para Elisa", adicada a unha muller que se chamaba así.


Camille Saent-Saëns aprendeu música coa súa nai e coa súa tía, e tamén aprendeu a tocar moi cedo o piano. Compuxo moitas obras, unha delas é "El carnaval de los animales", con varias pezas musicais que representan os movementos e os sons de varios animais como por exemplo,  "La marcha del león".




UNIDADE 1 1º

 SONS DE ANIMAIS

Escoita cada son por completo, e cando para de sonar di en voz alta o nome do animal que produce ese son.

UNIDADES DIDÁCTICAS 6º






 

UNIDADES DIDÁCTICAS 5º



UNIDADES DIDÁCTICAS 4º


 

UNIDADES DIDÁCTICAS 3º




 

UNIDADES DIDÁCTICAS 2º














UNIDADES DIDÁCTICAS 1º






UNIDADES DIDÁCTICAS 6º

 (con proba escrita)(con proba escrita)