Curso 2025-2026

UNIDADE 2 3º

FIGURAS E SILENCIOS. EQUIVALENCIAS.



CORCHEA E O SEU SILENCIO

A figura de corchea dura medio tempo e indicámolo así: 1/2. Para conseguir formar un tempo precisamos de dúas corcheas (1/2+1/2=1).


Este é o silencio de corchea. Como os silencios duran o mesmo que a súa figura e a corchea dura medio tempo, o silencio de corchea dura tamén medio tempo. Para formar un tempo precisamos de dous silencios de corchea. Pero tamén podemos combinar medio tempo dunha corchea e medio tempo dun silencio de corchea para formar a duración dun tempo.



COMPASES DE 2, 3 E 4 TEMPOS

(dous por catrotres por catro e catro por catro).

 



OS INSTRUMENTOS ELECTRÓFONOS

Os instrumentos electrófonos son aqueles que empregan enerxía eléctrica para producir os son como, por exemplo, a guitarra eléctrica.





OS SIGNOS DE REPETICIÓN

Empregamos signos de repetición para simplificar a escrita musical e non ter que escribir dúas veces os mesmos compases. O seguinte signo de repetición chámase dobre barra con dous puntos. Pode aparecer dúas veces ou só unha vez. Cando aparece dúas veces indica que os compases que están dentro das dobres barras con dous puntos se repiten. Cando aparece unha soa vez debemos cantar ou tocar toda a música de novo.




OS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN. CLASIFICACIÓN.



OS INSTRUMENTOS DE VENTO-MADEIRA E DE VENTO-METAL. CLASIFICACIÓN.

A frauta travesa, o clarinete, o óboe, o fagot e o saxofón son instrumentos de vento-madeira.

Antigamente estaban feitos de madeira e o seu son é máis doce que o dos intrumentos de vento-metal. 

Nos instrumentos de vento-madeira o son prodúcese ao soprar por unha boquilla ou ao vibrar o aire nunha cana de madeira.



A trompeta, a trompa o trombón e a tuba son instrumentos de vento-metalEstán feitos de metal e o seu son prodúcese ao vibrar os beizos na embocadura.


                                                                                

ActividadeInstrumentos de vento-metal (escribe a primeira letra con maiúscula).

Actividade: Le con atención sobre a clasificación tradicional dos instrumentos musicais:
Actividade: Escoita como sonan e observa a maneira de tocalos no seguinte vídeo (o que aparece como "corno", nós chamámoslle "trompa"). 


Actividade: Agudiza o teu oído e intenta acertar o son de cada instrumento so seguinte vídeo:


ActividadeInstrumentos da orquestra (dálle a "click to download" e a "permitir". "Play" para esocitar as familias de instrumentos).
ActividadeInstrumentos de vento (escribe a primeira letra con maiúscula).
ActividadeInstrumentos de percusión (escoita o son e logo preme na casilla fóra do son e na casilla do instrumento).
ActividadeSopa de letras (preme nunha letra e arrastra ata a última letra da palabra. Se non atopas algunha dálle a "mostrar palabra" para ver onde estaba).
Actividade: Instrumentos de vento-metal. Escribe o nome de cada instrumento e dálle a "Finalizar".
Actividade: Partes do piano.
Actividade: Crucigrama.


A ORQUESTRA. COLOCACIÓN.







AGRUPACIÓNS INSTRUMENTAIS








UNIDADE 2 2º

A CLASIFICACIÓN DOS INSTRUMENTOS

Os instrumentos musicais clasifícanse segundo a maneira en que producen o son. Se un instrumento musical produce son a partir de cordas, ese instrumento é de corda. Se para facer son cun instrumento precisamos soplar nel, ese instrumento é de vento. E se para producir son o golpeamos, o axitamos ou o chocamos, é un instrumento de percusión.

OS INSTRUMENTOS DE CORDA





Por que o piano é un instrumento de corda?. Onde están as súas cordas?. Fíxate ben para velas e descubrir como se produce o son neste instrumento.




ACTIVIDADE INSTRUMENTOS 2









 A NOTA SI

A nota SI colócase na 3ª liña do pentagrama.

Le coas notas que xa sabes e di SI cada vez que vexas unha nota na 3ª liña. Lembra respectar as duracións das figuras e dos silencios.

Mi, fa, sol, la si redondas

Mi, fa, sol, la, si brancas
Mi, fa, sol, la, si negras
Mi, fa, sol, la, si brancas, negras e silencios
Mi, fa, sol, la, si redondas, brancas, negras, silencios e parellas de corcheas


NOTAS DE REPASO FASOLLA, SI

Lembra que a nota fa sempre aparece no 1º espazo do pentagrama, a nota sol, na 2ª liña, a nota la no 2º espazo do pentagrama e a nota si na 3º liña. Todas estas notas levan a plica cara arriba e á dereita da cabeza, menos a nota si que a pode levar cara arriba ou cara abaixo á esquerda. Memorízaas ben!.
Mira cada nota ao tempo que vas dicindo de memoria o seu nome en voz alta. Preme na imaxe do pentagrama se o queres ver en tamaño grande.
Intenta agora facer a seguinte lectura sen a axuda das cores. 

Fa, sol, la, si negras

Fa, sol, la, si brancas

Fa, sol, la, si negras, brancas e silencios

Fa, sol, la si negras, brancas, silencios e parella de corcheas

Fa, sol, la, si corcheas, negras e silencios

Fa, sol, la si corcheas



A ORGANIZACIÓN DA MÚSICA

A música vaise organizando en compases que están separados por liñas divisorias. Sempre que remata a música nunha partitura, aparece a dobre barra final.


As figuras musicais representan a duración do son. Cada unha delas ten unha duración:


As figuras e silencios combínanse entre elas. Por exemplo, para sumar tres tempos podemos facer a seguintes combinacións, entre outras: 




A DURACIÓN DAS FIGURAS MUSICAIS


                         . A negra dura 1 tempo.
                         . O silencio de negra dura 1 tempo
                         . A branca dura 2 tempos.
                   . O silencio de branca dura 2 tempos.
                   . A parella de corcheas dura 1 tempo.

Escoita e compróbao: 


LECTURA RÍTMICA



O COMPÁS DE DOUS TEMPOS



AUDICIÓN "O RELOXO SINCOPADO"-Leroy Anderson 
(Obra en compás de dous tempos)

 



LECTURA RÍTMICA



OS INSTRUMENTOS DE LÁMINAS

Os instrumentos musicais de láminas son instrumentos da familia da percusión cos que podemos tocar as melodías das cancións que máis nos gustan.

O metalófono é grande e ten as láminas grosas e de metal. O seu son resona como o eco.

O xilófono é mediano ou grande e ten as láminas de madeira. O seu son é oco, non resona.

O carillón é pequeno e ten as láminas de metal. O seu son é brillante, fino e cristalino.

Todos, o metalófono, o xilófono e o carillón tócanse con baquetas.



Escoita como sonan: 

                              CARILLÓN                                      XILÓFONO
 
                             METALÓFONO                              CONXUNTO
 

A persoa que toca instrumentos de percusión; por exemplo, o metalófono, o xilófono ou o carillón chámase percusionista.

O FAGOT

A persoa que toca o fagot chámase fagotista.


O CLARINETE

A persoa que toca o clarinete chámase clarinetista.



CANCIÓN "A BAILAR NO SAMAÍN"

A bruxa e as pantasmas, 
os zombis e as cabazas, 
van xuntos celebrar 
que chegou o Samaín.

Tamén os esqueletos 
dan chimpos moi contentos,
pois gústalles a festa
e bailar no Samaín.





Lectura 3


Lectura 4




Lectura 5





ACTIVIDADES DIXITAIS







UNIDADE 2 1º

OS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN


    Claves                                      Caixa chinesa
 

        Triángulo                                      Güiro        
 

                              Pandeireta