UNIDADE 5 3º

A NOTA DO AGUDA (DO´)


A nota do´atópase no terceiro espazo do pentagrama. Fíxate e memorízaa!.

UNIDADE 5 2º

O COMPÁS DE 3 TEMPOS

compás de tres tempos consta de 3 tempos musicais. Calculámolo igual que o compás de dous tempos pero cun tempo máis. Así de fácil: 

UNIDADE 5 1º

EXERCICIO RÍTMICO 1 


Cando vemos un paxaro damos unha palmada. Cantos paxaros hai? Catro? Pois catro palmadas. Miramos o primeiro paxaro na primeira palmada, o segundo coa segunda palmada, o terceiro na terceira e miramos o cuarto na cuarta palmada. Á de tres comezamos. 1, 2 e 3:

TRABALLOS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

Música TIC, interpretación, execución rítmica, cultura musical, adestramento auditivo, expresión e creatividade, linguaxe musical e moito máis.

Velaquí unha pequena mostra dalgúns traballos de alumnos e alumnas aos que lles inspira a música, que a gozan e transmiten ideas e emocións a través dela.

NOVOS DEBUXOS MUSICAIS


Robin, Merli, Pegui e Carpin son uns paxaros que cantan, tocan e escriben cancións. Os catro forman a Banda do Bosque e son os protagonistas de Bibopalula.

PRÓXIMOS EVENTOS MUSICAIS EN A CORUÑA




Máis información                             Máis información

UNIDADE 4 6º

VOCES E AGRUPACIÓNS VOCAIS


 O SANCRISTÁN DE COÍMBRA-canción popular galega


O Sancristán de Coímbra
facía de mil diabluras (bis)
mollaba o pan en aceite,
deixaba os santos a escuras (bis)

E bate fado e bate ben,
ti ére-la causa do meu desdén (bis) 

O mar tamén ten amores,
o mar tamén ten mulleres (bis)
Está casado coa area,
dálle bicos cantos quere (bis)

-Retrouso-

Eu quixera ser merliño
e te-lo bico encarnado (bis)
para face-lo meu niño
no teu cabelo dourado (bis)

-Retrouso-

A miña nai xa non me deixa
levar o leite a Coímbra (bis)
porque dicen os rapaces:
que leiteiriña máis linda! (bis)

-Retrouso-

UNIDADE 4 5º

 A PRODUCIÓN DA VOZ

  

Como se produce a voz?. 

O aire, ao expirar, sae pola boca desde os pulmóns pasando pola larinxeAlí fai vibrar as cordas vocais producindo son.
O son da voz amplifícase (amplíase, agrándase) na boca, nas fosas nasais, na cabeza e na cavidade torácica, que fan unha función similar á da caixa de resonancia dos instrumentos.

UNIDADE 4 4º

UNIDADE 4 3º

LECTURAS RÍTMICAS

UNIDADE 4 2º

AUDICIÓNS


Glop, glop, glop

UNIDADE 4 1º

A CLAVE DE SOL

 

UNIDADE 3 6º

O ACORDE

Un acorde, na súa forma máis básica, é un conxunto de notas ordenadas por terceiras que sonan ao memo tempo.


Se o acorde está formado por tres notas chámase tríada. 

A nota máis importante do acorde é a primeira e chámase nota fundamental. Esta fundamental dá o nome ao acorde: un acorde de Re maior constrúese a partir da nota Re como fundamental.

Logo, ao superpoñer unha terceira sobre esta fundamental, obtemos a terceira do acorde. E ao superpoñer unha terceira sobre a terceira, obtemos a quinta. Así, un acorde básico ten fundamental, terceira e quinta.

No caso do acorde de Do temos: Do como fundamental, Mi como terceira (conto do – re – mi) e Sol como quinta (conto do – re – mi – fa – sol).

Acordes maiores e acordes menores

Ambos teñen unha quinta xusta. A diferencia é que o acorde maior contén unha terceira maior, mentres que o acorde menor contén unha terceira menor a partir da fundamental.

Acorde maior: fundamental+terceira maior+ quinta xusta (1 – 3 – 5).

Acorde menor: fundamental, terceira menor e quinta xusta (1 – ♭3 – 5).



nome que recibe cada nota do acorde e as súas funcións son:


Do = Fundamental. É a nota base do acorde.

Mi = Terceira. Define se o acorde é maior ou menor.

Sol = Quinta. Dá estabilidade e contundencia ao son.


Unha imaxe clara de como se constrúe a harmonía desde a base é:



Un acorde como mínimo ten que estar formado por tres notas superpostas. Pero tamén pode haber acordes de máis notas. Se engadimos unha nota máis, teremos un acorde de sétima, se agregamos añinda outra máis, teremos un acorde de novena.
A sétima engade tensión sonora ao acorde. Sona como máis vivo e pode ser maior ou menor.
A novena engade expansión ao son. Dálle brillo e amplitude, facendo que o son sexa máis envolvente.
Vemos entón que un sinxelo engadido de notas pode cambiar completamente a emoción que transmite un acorde.






Película Letra Orquestra


LECTURAS RÍTMICAS CON BAQUETAS

Compás binario, ternario e cuaternario