Coñeces o entroido de Galicia?. Sabes en que consiste?.
Entroido (antroido, entroiro, entruiro ou entrudio nalgunhas zonas) é o nome que recibe en Galicia o carnaval; unha festa popular que se celebra en toda a nosa comunidade autónoma, con especial intensidade na provincia de Ourense, onde o entroido é un dos máis longos e tradicionais de todo o país.
O Entroido de Galicia ten o recoñecemento de Interese Turístico. Ata en nove localidades contan cunha festa de entroido de interese turístico:
1. O entroido de Xinzo de Limia
2. O entroido de Cobres
3. O entroido de Laza
4. O entroido de Verín
5. O entroido de Felos de Maceda
6. O entroido dos xenerais do Ulla
7. O entroido de Vilariño de Conso
8. O entroido de Viana do Bolo
9. Fulión do entroido de Manzaneda
Mira a referencia destas festas aquí.
En máis de 175 municipios declárase o luns, o martes e o mércores de cinza festivos para a celebración desta festa, e nalgúns a festa pode durar ata un mes.
No entroido da cidade de A Coruña o personaxe protagonista do é o choqueiro e a choqueira.
Choqueiras e choqueiros coruñeses:
Os desfiles do entroido de Galicia sempre están amenizados por comparsas, charangas, orquestras ou folións, que tocan polas rúas das vilas e cidades facendo bailar á veciñanza e a quen ata cada punto viaxa para experimentar a vivencia da celebración dun entroido tan peculiar como o entroido galego.
En A Coruña, no barrio de Montealto, os encargados de poñer toda a marcha ao entroido son os kilomberos e kilomberas.
Kilomberas e kilomberos de Montealto:
MÁSCARAS DO ENTROIDO DE GALICIA: