Curso 2025-2026

CONCERTO EN 5ºA



O alumnado de 5ºA preparou para hoxe un pequeno concerto para os seus propios compañeiros e compañeiras. 

De maneira voluntaria houbo participantes que escolleron tocar instrumentos de aula, houbo quen trouxo os seus propios instrumentos, e outros que preferiron bailar.

Con moi boa intención xuntáronse para ensaiar e facelo o mellor posible, tendo en conta que a maioría non están afeitos a actuar fronte ao público.

O primeiro paso foi saír ao escenario e o segundo desenvolverse nunha actuación, ben individual ou ben en pequeno grupo, pero sen axuda.

Pouco a pouco van superándose e demostrándose que son quen de mellorar.

Agradecemos que a súa titora Marta se interesara por esta faceta do seu alumnado ao querer asistir a velos neste pequeno concerto que ofreceron.

A continuación, as imaxes do momento.

















-








CONCERTO EN 5ºB

No día de hoxe tivo lugar o concerto do alumnado do grupo 5ºB.

Estes últimos días estiveron agardando por el e a verdade é que saíu xenial, a pesares das pequenas lesións dalgunhas instrumentistas e dalgún pequeno cambio de última hora.

Todas e todos estiveron fantásticos, sobre todo pola xenerosidade de querer compartir cos compañeiros e compañeiras estes momentos de desfrute que implican esforzo na súa preparación.

Hai que agradecerlles o interese e as ganas que puxeron desde o primeiro momento e o respecto e cumprimento das normas nas audicións musicais. 

Proba superada!.

Ademais, gustounos contar coa asistencia da súa titora Patricia, que se interesou por escoitar cada unha das actuacións do seu alumnado.

Gracias a todos pola participación e pola colaboración!.

Velaquí os momentos máis relevantes.

Presentadora


Solista



Presentador


Dúo


Presentadora


Sexteto



Presentadora


Solista




Presentadora


Solista





Presentadora


Cuarteto










CONCERTO EN 3ºC

 


Ao experimentar a preparación e a asistencia a un concerto de maneira activa, o alumnado aprende novos conceptos, interioriza coñecementos de maneira directa, métese na pel dos profesionais do mundo musical e desenvólvese competencialmente de xeito eficaz.

O concerto de 3ºC levouse a cabo hoxe segundo o previsto, coa presencia de todas e todos os participantes e coa participación e a colaboración de todo o grupo para poder facer que a experiencia fora tan positiva como resultou.

Agradecemos, pois, a todas e a todos o voso entusiasmo, e asistencia como público a Eva, titora do grupo, que pediu poder desfrutar da arte do seu alumnado.

Moi ben, clase!.