NOTAS DE REPASO 1º
Por: Música Vitamínica o 22.5.25 / comentarios: 0 cerebro musical, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES, LINGUAXE MUSICAL, repaso
RECREACIÓN MUSICAL
Por: Música Vitamínica o 21.5.25 / comentarios: 6 aula, expresión, recreación musical
Velaquí algunhas creacións de debuxos e coloreados de alumnas e alumnos inspirados a partires da música traballada. Son xeniais!.
LETRAS GALEGAS 2025
Por: Música Vitamínica o 16.5.25 / comentarios: 9 CANCIÓNS GALEGAS, cultura musical, LETRAS GALEGAS, música tradicional
Co gallo da celebración do día das Letras Galegas mañá, 17 de maio, hoxe houbo un traballo especial a prol da cultura musical na nosa lingua con temas e intérpretes da nosa terra.
ESPECTÁCULO PARA OS MÁIS PEQUENOS EN A CORUÑA!.
Por: Música Vitamínica o 14.5.25 / comentarios: 0 debuxos musicais, eventos musicais, teatro musical
Para que os máis pequenos desfruten en vivo dos seus personaxes favoritos!.
ABERTO O PRAZO DE ACCESO AO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA
Por: Música Vitamínica o 13.5.25 / comentarios: 0 acceso, aprendizaxe musical, cerebro musical, conservatorio, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES
UNIDADE 10 6º
Por: Música Vitamínica o 10.5.25 / comentarios: 22 Capacidades expresivas e creativas da expresión corporal e dramática. Gozar como forma de interacción social, recurso expresivo e emotivo e deleite estético. Avaliación interese e valoración
BAILAMOS
UNIDADE 10 5º
Por: Música Vitamínica o 10.5.25 / comentarios: 10 Avaliación, Capacidades expresivas e creativas. Gozar como forma de interacción social, interese e valoración en producións escénicase performativas, recurso expresivo e emotivo e deleite estético
BAILAMOS
Estrofa:
Básico cruzado dereita-básico cruzado esquerda,
básico cruzado dereita-volta á esquerda.
Instrumental:
Básico no sitio.
Retrouso:
Básico adiante, básico atrás,
básico adiante, básico atrás.
Repísete todo, a estrofa, a parte instrumental e o retrouso.
Baile moderno
UNIDADE 10 4º
Por: Música Vitamínica o 9.5.25 / comentarios: 20 Capacidades expresivas e creativas da expresión corporal e dramática, Valoración e interese en producións escénicas e performativas
BAILAMOS
UNIDADE 10 3º
Por: Música Vitamínica o 9.5.25 / comentarios: 0 Capacidades expresivas e creativas de uso común da expresión corporal e dramática. Valoración e interese en producións escénicas e performativas
BAILAMOS
UNIDADE 10 2º
Por: Música Vitamínica o 9.5.25 / comentarios: 0 Capacidades expresivas e creativas, Valoración e interese en producións escénicas e performativas
BAILAMOS
UNIDADE 10 1º
Por: Música Vitamínica o 9.5.25 / comentarios: 0 Capacidades expresivas e creativas, Valoración e interese en producións escénicas e performativas
BAILAMOS
UNIDADE 9 6º
Por: Música Vitamínica o 29.3.25 / comentarios: 22 Fases do proceso creativo, práctica e confianza nun mesmo, Técnicas dramáticas e dancísticas. Respiración consciente. Nocións elementais de biomecánica. Linguaxes expresivas. Interese
OS XÉNEROS ESCÉNICOS (6ºA)
Ópera – Forma de teatro que combina música, canto e danza.
Musical – Obra de teatro que inclúe cancións e danzas como parte da narrativa da historia.
Comedia – Obra de teatro deseñada para facer rir aos espectadores.
Traxedia – Obra de teatro que presenta eventos tristes ou serios, a miúdo cun final desafortunado.
MÉTODO STANISLAVSKY
Enfócase na busca da verdade emocional na actuación. Os actores sumérxense profundamente no mundo interior dos seus personaxes, buscando conectar de maneira auténtica coas súas emocións.
Trátase de recrear ante o espectador unha verdade totalmente realista e crible facendo que o actor busque as sensacións do personaxe na súa pel, facéndose sempre a pregunta: "Se eu estivera no lugar do personaxe ¿que faría el? ¿que sentiría? " etc.
MÉTODO GROTOWSKY
Baséase nos estímulos, impulsos e reaccións dos actores, creando artistas totalmente sensibles a calquera cousa que pase sobre o escenario, con fascinación e estimulación psíquica.MÉTODO STRASBERG
Trátase de potenciar todo o traballo de memoria emocional eliminando das circunstancias dadas todos os datos que non teñen un efecto directo sobre o corpo emocional do actor.
Céntrase na escoita e a resposta entre os actores. A través de exercicios de improvisación e repetición, aprenden a reaccionar de maneira xenuina no momento presente.
DRAMATIZAMOS
Actividades:
Para que serve? (imaxinación)
Emociónate (expresión)
A nosa historia (expresión e creatividade)
LA VIDA ES BELLA (6ºB e 6ºC)
Ficha técnica e artística
Título orixinal: La vita é bella
Dirección: Roberto Benigni.
Guión: Vincenzo Cerami e Roberto Benigni.
Interpretación: Roberto Benigni (Guido), Nicoletta Braschi (Dora), Giorgio Cantarini (Giosué), Giustino Durano (tío Eliseo), Giuliana Lojodice (directora), Sergio Bini Bustric (Ferruccio), Marisa Paredes (nai de Dora), Horst Buchholz (Dr. Lessing), Amerigo Fontani, Pietro De Silva, Francesco Guzzo, Raffaella Lebboroni, Claudio Alfonsi, Gil Baroni, Massimo Bianco.
Producción: Gianluigi Braschi e Elda Ferri.
Fotografía: Tonino Delli Colli.
Música: Nicola Piovani.
País: Italia.
Ano: 1997.
Duración: 120 minutos.
Cualificación: Para todos os públicos.
La vida es bella é unha obra do cine italiano, dirixida e protagonizada por Roberto Benigni, que se estrenou no 1997 e conquistou o corazón de millóns de espectadores en todo o mundo.
Cunha mestura de humor e de drama, esta película amosa a capacidade de resistir e de soñar do ser humano ante as circunstancias máis adversas e dolorosas. Neste caso, a situación dunha familia que loita por sobrevivir.
La vida es bella foi recoñecida con sete nominacións aos premios Óscar, das cales gañou tres: unha ao mellor actor (o protagonista), outra á mellor película de fala non inglesa, e outra á mellor banda sonora.
Trama:
Guido Orefice é un home optimista e divertido que chega á cidade de Arezzo co soño de abrir una libraría. Alí coñece por casualidade a Dora, unha mestra que está comprometida cun fascista chamado Rodolfo.
Guido namórase perdidamente dela e conquístaa co seu inxenio e encanto, facendo que Dora abandone o seu prometido e case con el.
Teñen un fillo, Giosue, que herda a alegría e a curiosidade do seu pai.
Sen embargo, a felicidade da familia vese truncada cando estala a guerra e os tres son deportados a un campo de concentración por ser xudíos. Alí, Guido fará todo por protexer o seu fillo da crueldade e do horror que lles rodea, facéndolle crer que todo é parte dun xogo.
A banda sonora (premendo nos títulos das cancións, podes escoitalas)
As bandas sonoras son fundamentais no cine, porque inciden nos aspectos emotivos que plantexan as escenas: o amor, o suspense, etc. Serven para crear momentos culmes, para determinar atmosferas e para preparar o espectador.
Nesta película a música é moi importante e foi elixida e creada con moito coidado.
. La Vita è Bella:
Esta banda sonora equilibra a comedia e a traxedia. De feito gañou o premio Óscar á Mellor Banda Sonora Orixinal en 1999.
O tema principal, "La Vita è Bella", é a peza máis icónica da banda sonora. A súa melodía é sinxela e alegre, interpretada principalmente con piano e máis instrumentos de corda, transmite sensación de optimismo e de esperanza.
O tema principal preséntase en diferentes momentos ao longo da película. Nos momentos de alegría e de romance entre Guido e Dora a melodía é festiva. E nos momentos máis difíciles, como a deportación ao campo de concentración, o tempo da melodía vólvese lento, reflexando o horror da situación.
A canción chámase «Beautiful That Way» e é interpretada pola cantante Noa con música de Nicola Piovani.
Pódese escoitar tamén en Spotify e en Apple Music.
. Buongiorno Principessa: La Serenata del Amor
"Buongiorno Principessa" (Buenos días, princesa) é outra peza destacada, asociada coa ilusión de Guido por Dora. A música agora é romántica.
. Grand Hotel Fox
"Grand Hotel Fox": Baile en el compromiso de Dora.
. Barcarolle de Jacques Offenbach: (Barcarola)
Na película emprégase esta música como un símbolo da perda e da nostalxia no campo de concentración.
Que é un leimotiv?
Un leitmotiv é un tema musical recorrente asociado a un personaxe, a un lugar ou a unha idea concreta. Por exemplo, o tema principal, "La Vita è Bella", está ligado ao personaxe de Guido e á súa visión optimista da vida. Sona en escenas nas que está Guido.
O tema "Buongiorno Principessa" está asociado co amor entre Guido e Dora. Cada vez que Guido expresa o seu afecto por Dora, sona este tema.
O silencio emprégase nalgúns momentos clave da película. É dicir, a música detense por completo, deixando ao espectador nun silencio inquietante, sentindo o peso da situación, como nas escenas do campo de concentración.
Resumo da película en imaxes co tema principal da banda sonora:







