1. Lectura rítmica. Le e observa o cadro da duración das figuras musicais. Logo repasa o traballado na clase. Practica os esquemas rítmicos:
1º Só coa voz. Lembra: negra=pan, dúas, corcheas=lei-te, unha branca=sa-al (abrindo as mans logo da palmada), silencio=xesto de corte no aire, catro semicorcheas=cho-co-la-te.
2º Engade palmas (voz+palmas).
3ºAgora con dous pauíños, bolis, lapis... e chócaos.
2. Lectura melódica. Observa a colocación das notas sol, la, si na escala e le a continuación:
3. Lembras a canción de Entroido?. Anímate a cantala! 😉.
4. Lectura melódica. Observa a colocación da nota fa no pentagrama da actividade 2 e le a continuación:
Tarefa "Queda na casa 3"
5. Cando cantamos, tocamos ou bailamos estamos interpretando unha música que se elabora a partires de diferentes combinacións de notas. Dependendo da combinación da dirección das notas temos diferentes tipos de melodías: amelodía ascendente, remata cara arriba, vai de grave a agudo, como se subísemos pola loma dunha montaña ata o cumio. A melodía descendenteremata cara abaixo, vai de agudo a grave, como se baixásemos pola loma da montaña ata o pé. A melodía liñal non vai nin cara arriba nin cara abaixo, mantense máis ou menos na dirección dunha liña recta. A melodía ondulada vai pouco a pouco subindo e baixando de grave a agudo e de agudo a grave, como facendo ondas. A melodía quebrada vai de moi grave a, de súpeto, moi agudo e de moi agudo a, de súpeto, moi grave, como facendo amplos picos. Compréndeo mellor escoitando os tipos de melodías:
6. Lectura melódica. Observa a colocación das notas mi, fa, solna escala do exercicio 2 e a continuación le as seguintes notas:
Envío da tarefa 7: Esta proba envíase automaticamente unha vez lle deas a "Enviar" e xa me chegan directamente as respostas. Non hai máis envío ca este esta semana).
Tarefa "Queda na casa 8"
10. Último repaso destas lecturas ritmico-melódicas. Se aínda non che saen as notas co ritmo, non sigas o seguinte vídeo e segue traballándoas como no exercicio 8. Se che saen co ritmo como no vídeo da tarefa 6, inténtao facer comigo neste vídeo. Non te preocupes se te perdes pola velocidade, non pasa nada pero intenta collerme. Non paro, así que, non quedes atrás!. Veña, que podes!.
11. Último repaso de "Si, la, sol, fa" coa frauta. Intenta facelo co vídeo. Se che sae máis lento non pasa nada pero segue practicando.
Envío da tarefa 8: Envíase un único vídeo co último pentagrama da lectura MI, FA, SOL, máis o último pentagrama de SOL, LA, SI e tocando SI, LA, SOL, FA, se che sae á velocidade dos vídeos. Se non, non fagas envío esta semana e practica durante dúas semanas para poder enviar esta tarefa a semana que vén. Dálle caña!.
Tarefa "Queda na casa 10"
Non hai máis tarefas de Música este curso. Se a pasada semana xa me enviaches a tarefa 8 e recibiches o meu comentario, non tes que facer máis envíos.
Envío da tarefa 10: Esta tarefa é para ti se aínda non me enviaches a tarefa 8. Podes enviala amusicavitaminica@gmail.com ata o 5 de xuño.
1.Escoita os seguintes fragmentos de "El carnaval de los animales". Debes escoitalos mirando para as imaxes dos instrumentos. Adiviñas que instrumento fai deELEFANTE? E de PAXARO? E deFÓSIL?.
2. Repasa a canción "La casita de las notas".
3. Vai ao caderno e fai a páxina 16. 4.Escoita con atención intentando descubrir que instrumentos sonan neste "Paseo en trineo".
5. Agora fai a páxina 17 do caderno.
Tarefa "Queda na casa 3"
6.Pide a unha persoa maior que realice este exercicio rítmico contigo:
Cando vexades un paxaro dades unha palmada. Cantos paxaros hai? Catro? Pois catro palmadas. Mira o primeiro paxaro na primeira palmada, o segundo coa segunda palmada, o terceiro na terceira e miras o cuarto na cuarta palmada. Á de tres comezades. 1, 2 e 3:
Ves o niño baleiro? Non hai paxaro. Non hai son. Agardamos sen palmear mirando para cada niño no tempo en que daríamos a palmada (o adulto pode ir sinalando cada paxaro e a nena-o seguíndoo coa vista).
Agora hai paxaro e logo marcha. Facemos catro palmadas e agardamos o tempo doutras catro palmadas. Todo seguido. Á de tres: 1, 2 e 3:
Fíxate. O paxaro vai voando en busca de comida. Ves? Está e marcha, está e marcha... Palmea cando está e espera cando non está. Á de tres: 1, 2 e 3:
Paréceuche fácil? Pasa agora a realizar o seguinte exercicio:
Ides pensar que a negra é o paxaro e ides palmear como no exercicio anterior. Cada vez que vexades esta figura musical dades unha palmada, vale? Á de tres: 1, 2 e 3:
Moi ben. Agora pensades que o silencio é o niño baleiro do paxaro e esperades como fixestes antes. (A persoa adulta pode ir sinalando cada silencio e a nena-o seguíndoo coa vista).
Agora todo seguido. Palmeade nas negras e esperade nos silencios. Á de tres: 1, 2 e 3:
E agora? Palmada, espera, palmada, espera... 1, 2 e 3:
Por último, escollede Persoa 1 e Persoa 2 para facer o ritmo que corresponde. Contades ata 3 e comezades as dúas persoas ao mesmo tempo. Logo cambiades e facedes a liña que fixo a outra persoa facendo o cambio sen parar no medio. Facédeo unha vez lento, outra normal e outra rápido.
Agora:
Epor último:
7. Vai á páxina 20 do caderno e fai os exercicios 1, 2 e 3. No 3 podes empregar dúas cores para diferenciar os camiños.
8. Repasa "La casita de las notas"(Lembra as pinciñas de cangarexo e tirarlo en paracaídas).
9. Sabías que cando un son choca contra unha parede rebota e prodúcese o eco?. Isto pasa en grandes espazos. Nunha habitación, por exemplo, non podemos escoitar o eco porque necesita dun lugar moito máis grande. Pero se estivésemos ao aire libre en fronte a unhas montañas, por exemplo, e falásemos ben alto, escoitaríamos a nosa voz repetida como se houbese alguén ao outro lado das montañas. Dicimos "ola", e resona varias veces. Velaí o eco. Escoita:
10. Fai os exercicios 1, 2 e 3 da páxina 21 do caderno.
Envío da tarefa 2 e 3: Para que poda ver o ben que estás a traballar podes sacar fotos das páxinas do caderno realizadas ata hoxe e enviarmas por correo electrónico a musicavitaminica@gmail.com. Se tes algunha dúbida, escríbeme tamén. Pódente gravar nun vídeo (con que se vexan as mans chega) cantando as cancións e facendo os exercicios rítmicos.
Ata a semana que vén.
Tarefa "Queda na casa 4"
12.Pide a unha persoa maior que realice este exercicio rítmico contigo: Recordamos que cando víamos un paxaro dábamos unha palmada e cando víamos un niño baleiro esperábamos o tempo da palmada.
Ves que esta parella de paxariños ocupa o mesmo espazo que o paxaro grande?.
Iso é porque caben dúas palmadas curtas no lugar dunha palmada normal. Así que, cando vexamos unha parella de paxariños damos dúas palmadas curtas para facer o seu ritmo, vale?. Probamos agora facendo dúas palmadas curtas con estes dous paxariños. Unha, dúas e tres:
Outra vez. Unha, dúas, e tres:
Lembra que un paxaro é igual que unha negra e que o niño baleiro é igual a un silencio:
E a parella de paxariños é igual que unha parella de corcheas, vale?.
A partir de agora, cando vexamos un paxaro damos unha palmada, cando vexamos un niño baleiro esperamos, e cando vexamos unha parella de corcheas damos dúas palmadas curtas. Si?. Adiante!.
Se non che saíu inténtao unha vez máis, e se che saíu, fenomenal!. Xa sabes ler unha parte da música!.
13. Recordas que en "La casita de las notas" entonamos unha escala musical? ... la si do´si la sol fa mi re do, se acabó.
A nosa voz sona cara arriba e logo cara abaixo. Cando sona cara arriba a escala é ascendente e cando sona cara abaixo a escala é descendente. Mira:
14. Fai a páxina 22 do caderno.
15.Sabemos como se chaman as notas gracias á clave de sol. A clave de sol colócase ao comezo do pentagrama. Nace na segunda liña (contando desde abaixo). Ten unha forma enrolada como a cuncha dun caracol, estírase e baixa rematando cun rabiño. Míraa:
16. Repasa a forma da clave de sol co teu dedo índice no exercicio 1 da páxina 23. Logo podes debuxar por dentro dela a súa forma como no vídeo cunha pintura e, por último, coloreala por dentro volvendo seguir o mesmo camiño. Fai despois o exercicio 2 e o exercicio 3.
Estádelo facendo moi ben. Grazas ás familias polo interese e a participación!.
Envío da tarefa 4:Envíanse as fotos das páxinas do caderno e, de maneira opcional, o vídeo dos exercicios rítmicos (os dos paxariños) e /ou das cancións a musicavitaminica@gmail.com.Os alumnos-as que non teñen caderno, ou ben poden imprimir as páxinas se as obteñen por outros compañeiros-as, ou ben poden repasar a través das actividades no ordenador sen facer o caderno.
Tarefa "Queda na casa 5"
17. Escoita o son dos seguintes instrumentos:
18. Escoita a "Marcha turca" de Beethoven:
19. Fai as páxinas 24 e 25 do caderno. No exercicio 1 da páxina 24 colorea o instrumento que escoitaches na "Marcha turca" de Beethoven. O exercicio 1 da páxina 25 faino con lapis: no primeiro pentagrama escribe sete notas, cada unha na liña que prefiras pero só nas liñas. No segundo pentagrama escribe catro notas, cada unha no espazo que prefiras pero só nos espazos. Como son catro, poden estar máis separadas ao longo do pentagrama que as sete de arriba. No exercicio 2 podes facer cada clave de sol dunha cor. Antes podes repasar como se fai no vídeo da tarefa anterior.
20. Escoita "Alla turca" de Mozart. Axuda a Mozart coa súa música dando unha palmada para recoller cada negra.
Envío da tarefa 5:Envíanse unicamente as fotos das páxinas do cadernoa musicavitaminica@gmail.com.
Tarefa "Queda na casa 6"
21.Une cada son co seu animal(fai clic nun son para escoitalo. Logo, marca a casilla fóra do icono do son e a casilla do animal que fai ese son para unilos).
Memorízaos(atopa o mesmo animal en debuxo e en imaxe real).
22. Fai a páxina 26 do caderno.
23.Andalucía, Aragón, GaliciaeMadridson comunidades autónomas do país no que vivimos,España. Míraas neste mapa deEspaña.
Cada un destes lugares ten un baile popular, que o baila a xente desde lugar:
Ochotisé o baile popular deMadrid.
A xotaé o baile popular de Aragón.
Assevillanasson o baile popular de Andalucía.
Amuiñeiraé o baile popular de Galicia.
24. Fai a páxina 27 do caderno. Lembra que as liñas do pentagrama comezámolas a contar sempre desde abaixo. No exercicio 2 comeza a repasar o pentagrama desde abaixo.
Envío da tarefa 6:Envíanse unicamente as fotos das páxinas do cadernoa musicavitaminica@gmail.com.
Tarefa "Queda na casa 7"
25. Vai ao exercicio 1 da páxina 28. Prepara as pinturas e escoita os sons do vídeo. Vai pintando a imaxe do que vai soando. Faino amodo, sen deixar ocos brancos e sen saír por fóra. Cambia de cor e pinta outro debuxo cada vez que sone un novo son. Non importa se non remataches de pintar o anterior, cambia e non quedes atrás.
Agora podes acabar de pintar o que non che deu tempo antes.
26. Fai o exercicio 2 con debuxos de sons diferentes aos do exercicio 1.
27. Escoita El amor de las tres naranjas de Prokofiev. Fíxate ben nos instrumentos que aparecen:
28. Fai o exercicio 1 da páxina 29 coloreando dos instrumentos que aparecen no exercicio, todos os que tocan en El amor de las tres naranjas.
Envío da tarefa 7:Envíanse as fotos das páxinas do cadernoa musicavitaminica@gmail.com.
Tarefa "Queda na casa 8"
31. Escoita a Marcha do león.
32. Vai á páxina 9 do caderno e fai o exercicio 1. Para elo volve escoitar a Marcha do leóne vai numerando os debuxos polo orde que van aparecendo nesta peza musical e logo colorea.
Fíxate nas seguintes pistas (están desordenadas):
León ruxindo Paseando
Aparecendo Marchando ruxindo
33. Vai á páxina 11 do caderno. Fai o exercicio 1 escribindo o nome de todos os instrumentos. Atopa o pandeiro e as claves e colorea só estes dous instrumentos.
34. Fai o exercicio 2. Mira primeiro o significado do punto negro, do punto vermello e de Z:
Agora escribe o símbolo correspondente seguindo o orde das casillas como che indico arriba:
Envío da tarefa 8: Envíanse as páxinas do caderno. Os alumnos-as que non teñen o caderno poden tomar unha fotografía da práctica da escritura da clave de sol e das notas MI e SOL no pentagrama e enviala a musicavitaminica@gmail.com.
Tarefa "Queda na casa 9"
35. Ditados. Vai á páxina 31 do caderno e numera os pentagramas e todos os ritmogramas así:
Prepara unha pintura azul clara para SOL e unha pintura amarela para MI. A pintura amarela colócaa primeiro, máis preto de ti e a pintura azul clara ao carón da amarela máis lonxe de ti. Mantén as pinturas neste orde. No primeiro pentagrama escribe enriba de cada número de unha en unha as seguintes notas: 1 SOL 2 MI 3 SOL 4 SOL 5 MI 6 MI 7 MI 8 SOL Agora escoita como sonan (se non as tes ben, aproveita para corrixilas. Escoita primeiro e corrixe despois): A continuación escoita e no segundo pentagrama vai escribindoSOLou MI ao tempo que escoitas cada son. Non é necesario que mires o vídeo, mellor que vaias mirando o papel e collendo a pintura necesaria para escribir cada nota na súa liña. Dálle a play e concéntrate: 36. Fai a páxina 30.
Envío da tarefa 9: Envíanse as fotos das páxinas do caderno. Os alumnos-as que non teñen o caderno poden practicar a escrita destas dúas notas nun pentagrama nun folio coa clave de sol escrita ao comezo e enviala a musicavitaminica@gmail.com.
Ata a semana que vén.
Tarefa "Queda na casa 10"
36. Ditados. No terceiro pentagrama da páxina 31 escribe as notas LA LA LA LAMISOLLA LA. LA no 2º espazo coa pintura azul escura, SOL na 2ª liñacoa azul clara e MI na 1ª liña coa amarela. Así:
Escoita como sona o que acabas de escribir:
Pon a pintura amarela preto de ti, a azul escura lonxe de ti e a azul clara no medio, entre a amarela e a azul escura. Mantén as pinturas nesa orde.
escribe
No quinto pentagrama crea o teu propio ditado de sons con LA, SOL, MI na orde que prefiras.
Imos agora cos ritmogramas. No primeiro ritmograma escribe: NEGRA, NEGRA- NEGRA, SILENCIO- NEGRA, PARELLA DE CORCHEAS- NEGRA, NEGRA. Así: (Para o silencio escribe Z).
Escoita como sona o que acabas de escribir:
No segundo ritmograma escribe: NEGRA, NEGRA- PARELLA DE CORCHEAS, NEGRA- PARELLA DE CORCHEAS, SILENCIO- NEGRA, SILENCIO.
No terceiro ritmograma escribe o que escoitas a continuación:
No cuarto ritmograma crea o teu propio ditado rítmico con NEGRA, SILENCIO e PARELLA DE CORCHEAS na orde que prefiras (dúas figuras en cada caixiña).
Envío da tarefa 10: Envíase a páxina 31amusicavitaminica@gmail.com. Esta é a última tarefa do curso. Pódese enviar esta e as anteriores que estean pendentes de envío ata o venres 5 de xuño.