» » O PATO - 3º

Ás veces as historias que lemos, que vemos ou que escoitamos teñen un final incerto porque o autor ou autora decide deixar á imaxinación do público, o final da historia.

A canción O pato conta unha historia que pode ter o desenlace que nós, os oíntes, desexamos, xa que remata sen sabermos que pasou finalmente co protagonista.

As alumnas e os alumnos de 3ºA e de 3ºB, tras traballar a canción cantada e bailada, decidiron cadanseu final da historia, predominando os finais felices para o peculiar parrulo.

Debuxaron o desenlace e explicárono oralmente a partir de cada debuxo.
















































Ningún comentario:

Leave a Reply