UNIDADE 9 4º


 VOCABULARIO

ELEMENTOS DE REPRESENTACIÓN ESCÉNICA

Escenario – Plataforma na que os actores representan a obra.

Escena – Parte da división dunha obra de teatro, na que ocorre una acción concreta.

Guión –  Texto que contén os diálogos e as instrucións para a da obra.

Ensaio – Práctica que levan a cabo os actores antes da representación final.

ROLES E PROFESIÓNS ESCÉNICAS

Actor, actriz – Profesional que interpreta un papel nunha obra de teatro, película ou outra produción escénica.

Director, directora – Profesional que dirixe a obra de teatro, guiando aos actores e supervisando todos os aspectos dela.

Escenógrafa, escenógrafo – Profesional responsable do deseño e a creación do escenario.

Iluminador, iluminadora – Profesional que se encarga da iluminación do escenario.

Sonidista –  Profesional técnico que manexa o son nunha obra teatral.

Maquillador, maquilladora – Profesional que caracteriza os actores con maquillaxe no rostro como os personaxes que interpretan.

Vestuarista – Profesional que  deseña e prepara os traxes que empregan os actores.

TÉCNICAS NA ARTE DRAMÁTICA

Monólogo – Discurso extendido dun so personaxe nunha obra de teatro.

Diálogo – Conversa  entre dous ou máis personaxes nunha obra de teatro.

Coreografía – Deseño de secuencias de movementos para integralas en danzas.

Improvisación – Creación espontánea dun diálogo ou dunha acción sen seguir un guión preestablecido.

EQUIPAMENTO NA ARTE DRAMÁTICA

Telón – Cortina que se levanta ao comienzo e se baixa ao final dunha obra de teatro.

Micrófono –  Dispositivo de son que se emprega para amplificar a voz dos actores.

Altofalante –  Dispositivo que emite son para que poda ser escoitado polo público.

Proxector – Dispositivo que se empregapara amosar imaxes ou vídeos nunha pantalla grande.

Atrezzo – Conxunto de obxectos empregados nas escenas para apoiar a acción dos actores.

   DRAMATIZAMOS

Actividades:

Escríbeo (imaxinación)

Discordancias (expresión)

Convírtome en ... (expresión e creatividade)

O circo (imaxinación e expresión)




UNIDADE 9 3º


AS ARTES ESCÉNICAS


As artes escénicas son un conxunto de disciplinas artísticas que teñen como obxectivo principal a representación en vivo dunha obra fronte ao público nun escenario.

As artes escénicas son a danza, a ópera, o teatro, os musicais e o circo.

A combinación de diferentes elementos como a música, o movemento, a interpretación e o deseño escénico crea unha experiencia sensorial única para os espectadores.


Danza

A danza emprega o corpo en movemento en conxugación coa música para expresar emocións e narrar historias.

Existen diferentes tipos de danzas, como a danza clásica ou a danza moderna, cada unha coa súa técnica de movementos.

A danza empregouse ao longo da historia como unha forma de celebración, de expresión cultural e de comunicación non verbal entre as comunidades.


Ópera

A ópera combina a música, a interpretación e a escenografía para contar unha historia. 

Os cantantes empregan as súas voces para dar vida aos personaxes, mentras que a música da orquestra crea o ambiente sonoro axeitado. A ópera é considerada como unha das formas máis complexas de arte escénica, xa que require dun alto nivel de habilidade vocal e interpretativa por parte dos artistas.


Teatro

No teatro, as actrices e actores interpretan personaxes e dialogan entre si para contar unha historia. Empréganse elementos como a escenografía, o vestiario, a iluminación e o son para crear un ambiente que transporte ao público a diferentes lugares e épocas. 


Musical

O musical combina música, canto, danza e interpretación no mesmo espectáculo. 

Os artistas son pois, cantantes, bailaríns e actores.


Circo

O circo combina acrobacias, malabares, equilibrismo, domadores e paiasos para entreter ao público. Os artistas circenses adoitan realizar as actuacións en carpas móbiles, empregando elementos como trapecios, teas acrobáticas e aros. 


 DRAMATIZAMOS


Actividades:

Que dis? (expresión)

Que sona? (percepción e expresión)

O televisor (percepción e acción)

A nosa historia (imaxinación e expresión)