Curso 2025-2026

UNIDADE 9 3º

A RESPIRACIÓN NA DANZA

Aprender a respirar é importante. Dominar técnicas de respiración permite manter a enerxía durante toda a coreografía, evitar o esgotamento prematuro e mellorar a concentración. 

A respiración durante a danza debe ser lenta e profunda e a través do nariz, nunca pola boca.

Nunha respiración axeitada, o peito e os ombros non deben levantarse.

Antes de danzar, faremos:

  • Quentamento: con exercicios de respiración para preparar o corpo e a mente.
  • Ensaio: sincronizando a respiración coa coreografía, identificando os momentos clave para inhalar e exhalar.
  • Enfriamento: con respiracións profundas para relaxar os músculos e reducir a frecuencia cardíaca.

A HIXIENE POSTURAL NA DANZA

A danza implica un traballo moi completo de todo o corpo: forza, axilidade, control do movemento e do equilibrio, e lixeireza. Polo tanto, é unha boa ferramenta para mellorar a nosa postura.

O principal obxectivo da hixiene postural é previr sobrecargas musculares e lesións, ademais de permitir unha óptima respiración

Unha correcta hixiene postural promove o mantemento da postura correcta do corpo durante a realización das actividades da vida diaria. Grazas a unha postura axeitada, combinada cunha respiración correcta, poderás conseguir realizar as actividades con menor esforzo.  

Ao danzar, debemos partir dunha boa postural corporal para poder facer os diferentes movementos eficazmente.