REGUEIFAMOS (6ºB e 6ºC):
MÚSICAS PARA PRACTICAR PARA AS ACTUACIÓNS
SOMEONE YOU LOVED MIDI KARAOKE
MUIÑEIRA DE SANTO AMARO (ata 1´12´´)
LA VIDA ES BELLA (6ºA)
Ficha técnica e artística
Título orixinal: La vita é bella
Dirección: Roberto Benigni.
Guión: Vincenzo Cerami e Roberto Benigni.
Interpretación: Roberto Benigni (Guido), Nicoletta Braschi (Dora), Giorgio Cantarini (Giosué), Giustino Durano (tío Eliseo), Giuliana Lojodice (directora), Sergio Bini Bustric (Ferruccio), Marisa Paredes (nai de Dora), Horst Buchholz (Dr. Lessing), Amerigo Fontani, Pietro De Silva, Francesco Guzzo, Raffaella Lebboroni, Claudio Alfonsi, Gil Baroni, Massimo Bianco.
Producción: Gianluigi Braschi e Elda Ferri.
Fotografía: Tonino Delli Colli.
Música: Nicola Piovani.
País: Italia.
Ano: 1997.
Duración: 120 minutos.
Cualificación: Para todos os públicos.
La vida es bella é unha obra do cine italiano, dirixida e protagonizada por Roberto Benigni, que se estrenou no 1997 e conquistou o corazón de millóns de espectadores en todo o mundo.
Cunha mestura de humor e de drama, esta película amosa a capacidade de resistir e de soñar do ser humano ante as circunstancias máis adversas e dolorosas. Neste caso, a situación dunha familia que loita por sobrevivir.
La vida es bella foi recoñecida con sete nominacións aos premios Óscar, das cales gañou tres: unha ao mellor actor (o protagonista), outra á mellor película de fala non inglesa, e outra á mellor banda sonora.
Trama:
Guido Orefice é un home optimista e divertido que chega á cidade de Arezzo co soño de abrir una libraría. Alí coñece por casualidade a Dora, unha mestra que está comprometida cun fascista chamado Rodolfo.
Guido namórase perdidamente dela e conquístaa co seu inxenio e encanto, facendo que Dora abandone o seu prometido e case con el.
Teñen un fillo, Giosue, que herda a alegría e a curiosidade do seu pai.
Sen embargo, a felicidade da familia vese truncada cando estala a guerra e os tres son deportados a un campo de concentración por ser xudíos. Alí, Guido fará todo por protexer o seu fillo da crueldade e do horror que lles rodea, facéndolle crer que todo é parte dun xogo.
A banda sonora (premendo nos títulos das cancións, podes escoitalas)
As bandas sonoras son fundamentais no cine, porque inciden nos aspectos emotivos que plantexan as escenas: o amor, o suspense, etc. Serven para crear momentos culmes, para determinar atmosferas e para preparar o espectador.
Nesta película a música é moi importante e foi elixida e creada con moito coidado.
. La Vita è Bella:
Esta banda sonora equilibra a comedia e a traxedia. De feito gañou o premio Óscar á Mellor Banda Sonora Orixinal en 1999.
O tema principal, "La Vita è Bella", é a peza máis icónica da banda sonora. A súa melodía é sinxela e alegre, interpretada principalmente con piano e máis instrumentos de corda, transmite sensación de optimismo e de esperanza.
O tema principal preséntase en diferentes momentos ao longo da película. Nos momentos de alegría e de romance entre Guido e Dora a melodía é festiva. E nos momentos máis difíciles, como a deportación ao campo de concentración, o tempo da melodía vólvese lento, reflexando o horror da situación.
A canción chámase «Beautiful That Way» e é interpretada pola cantante Noa con música de Nicola Piovani.
Pódese escoitar tamén en Spotify e en Apple Music.
. Buongiorno Principessa: La Serenata del Amor
"Buongiorno Principessa" (Buenos días, princesa) é outra peza destacada, asociada coa ilusión de Guido por Dora. A música agora é romántica.
. Grand Hotel Fox
"Grand Hotel Fox": Baile en el compromiso de Dora.
. Barcarolle de Jacques Offenbach: (Barcarola)
Na película emprégase esta música como un símbolo da perda e da nostalxia no campo de concentración.
Que é un leimotiv?
Un leitmotiv é un tema musical recorrente asociado a un personaxe, a un lugar ou a unha idea concreta. Por exemplo, o tema principal, "La Vita è Bella", está ligado ao personaxe de Guido e á súa visión optimista da vida. Sona en escenas nas que está Guido.
O tema "Buongiorno Principessa" está asociado co amor entre Guido e Dora. Cada vez que Guido expresa o seu afecto por Dora, sona este tema.
O silencio emprégase nalgúns momentos clave da película. É dicir, a música detense por completo, deixando ao espectador nun silencio inquietante, sentindo o peso da situación, como nas escenas do campo de concentración.
Resumo da película en imaxes co tema principal da banda sonora:





