Curso 2025-2026

UNIDADE 6 4º



A palabra rondó vén do francés rondeau, ronda ou danza en roda. 
Ten movemento rápido e un tema musical que se repite facendo a función de retrouso.
O tema principal é claro, curto e cun motivo vivo e xoguetón facilmente recoñecible entre outros temas secundarios que fan a función de estrofas.

O rondó é, pois, unha forma musical que ten un tema principal que se repite, intercalado entre outros temas diferentes.

A súa estrutura é: 
                                A    Tema principal.
B    Tema diferente. 
A    Repetición do tema principal. 
C    Segundo tema diferente. 
A    Repetición do tema principal.

  

     


GREENSLEEVES - popular inglesa


Greensleeves é unha canción do folclore inglés, popularizada durante finais do século XV e ao longo de todo o século XVI. 
Era moi coñecida socialmente e interpretada polos pobos de diferentes lugares e tamén nos exércitos, cantándose cando estaban lonxe da casa. 
A temática é de amor dun cabaleiro a unha dama, que o rexeitaba,
Actualmente, a melodía é máis coñecida na versión instrumental que coral.

 


MÚSICA PARA OS REAIS FOGOS ARTIFICIAIS-Häendel

George Frideric Händel compuxo Música para os reais fogos de artificio en 1749, por encargo do rei, para acompañar un espectáculo de fogos artificiais sobre o río Támesis, en Londres.

É unha composición maxestuosa, triunfante e festiva.