Curso 2025-2026

UNIDADE 9 4º

A POSTURA NA DANZA

Aliñación corporal 

A aliñación corporal é a colocación das partes do corpo, principalmente o esquelete, durante a execución dun movemento. É dicir, a posición do corpo en cada momento dun baile. 

A aliñación corporal na danza require que todas as partes do corpo estean en balance; ou sexa, co peso do corpo ben distribuido entre elas. Unha aliñación corporal axeitada permite facer os movementos dunha danza co mínimo esforzo muscular e con maior fluidez. Tamén permite bailar con máis liberdade e facilidade sen facer esforzo innecesario.


Unha boa postura na danza depende de moitos elementos que funcionan xuntos:
  • A columna vertebral móvese seguindo a liña das súas curvaturas naturais.
  • En cada paso o corpo mantén unha aliñación equilibrada entre as diferentes partes.
  • O corpo emprega a súa forza muscular de maneira eficiente.

Os beneficios que aporta unha boa postura na danza son:

• Axuda a obter un balance correcto para executar os pasos.

• Evita lesións.

• Diminúe a tendencia a padecer dores musculares.

• A calidade da respiración mellora.

• Axuda a manter unha boa flexibilidade

• Prevén a fatiga causada polo uso ineficiente do sistema muscular.