Curso 2025-2026

LINGUAXE MUSICAL 1º CURSO 2019-2020

                                            

Tarefa "Queda na casa 2"
1. Escoita os seguintes fragmentos de "El carnaval de los animales"Debes escoitalos mirando para as imaxes dos instrumentos. Adiviñas que instrumento fai de ELEFANTE? E de PAXARO? E de FÓSIL?.



2. Repasa a canción "La casita de las notas".
3.  Vai ao caderno e fai a páxina 16.
4. Escoita con atención intentando descubrir que instrumentos sonan neste "Paseo en trineo".

5. Agora fai a páxina 17 do caderno.
Tarefa "Queda na casa 3"
6. Pide a unha persoa maior que realice este exercicio rítmico contigo:
Cando vexades un paxaro dades unha palmada. Cantos paxaros hai? Catro? Pois catro palmadas. Mira o primeiro paxaro na primeira palmada, o segundo coa segunda palmada, o terceiro na terceira e miras o cuarto na cuarta palmada. Á de tres comezades. 1, 2 e 3:
Ves o niño baleiro? Non hai paxaro. Non hai son. Agardamos sen palmear mirando para cada niño no tempo en que daríamos a palmada (o adulto pode ir sinalando cada paxaro e a nena-o seguíndoo coa vista).
Agora hai paxaro e logo marcha. Facemos catro palmadas e agardamos o tempo doutras catro palmadas. Todo seguido. Á de tres: 1, 2 e 3:
Fíxate. O paxaro vai voando en busca de comida. Ves? Está e marcha, está e marcha... Palmea cando está e espera cando non está. Á de tres: 1, 2 e 3:

Paréceuche fácil? Pasa agora a realizar o seguinte exercicio:
Ides pensar que a negra é o paxaro e ides palmear como no exercicio anterior. Cada vez que vexades esta figura musical dades unha palmada, vale? Á de tres: 1, 2 e 3:
Moi ben. Agora pensades que o silencio é o niño baleiro do paxaro e esperades como fixestes antes. (A persoa adulta pode ir sinalando cada silencio e a nena-o seguíndoo coa vista).
Agora todo seguido. Palmeade nas negras e esperade nos silencios. Á de tres: 1, 2 e 3:
 
E agora? Palmada, espera, palmada, espera... 1, 2 e 3:
Por último, escollede Persoa 1 e Persoa 2 para facer o ritmo que corresponde. Contades ata 3 e comezades as dúas persoas ao mesmo tempo. Logo cambiades e facedes a liña que fixo a outra persoa facendo o cambio sen parar no medio. Facédeo unha vez lento, outra normal e outra rápido.
Agora:
E por último:
7. Vai á páxina 20 do caderno e fai os exercicios 1, 2 e 3. No 3 podes empregar dúas cores para diferenciar os camiños.
8. Repasa "La casita de las notas" (Lembra as pinciñas de cangarexo e tirarlo en paracaídas).
9. Sabías que cando un son choca contra unha parede rebota e prodúcese o eco?. Isto pasa en grandes espazos. Nunha habitación, por exemplo, non podemos escoitar o eco porque necesita dun lugar moito máis grande. Pero se estivésemos ao aire libre en fronte a unhas montañas, por exemplo, e falásemos ben alto, escoitaríamos a nosa voz repetida como se houbese alguén ao outro lado das montañas. Dicimos "ola", e resona varias veces. Velaí o eco. Escoita:
10. Fai os exercicios 1, 2 e 3 da páxina 21 do caderno.
11. Se es de 1ºA responde a este cuestionario.
     Se es de 1ºB responde a este cuestionario.
Así de fácil!.
Envío da tarefa 2 e 3: Para que poda ver o ben que estás a traballar podes sacar fotos das páxinas do caderno realizadas ata hoxe e enviarmas por correo electrónico a musicavitaminica@gmail.com. Se tes algunha dúbida, escríbeme tamén. Pódente gravar nun vídeo (con que se vexan as mans chega) cantando as cancións e facendo os exercicios rítmicos.
 Ata a semana que vén.

Tarefa "Queda na casa 4"
12. Pide a unha persoa maior que realice este exercicio rítmico contigo: Recordamos que cando víamos un paxaro dábamos unha palmada e cando víamos un niño baleiro esperábamos o tempo da palmada. 
Ves que esta parella de paxariños ocupa o mesmo espazo que o paxaro grande?.
     
    
                                                                                                
Iso é porque caben dúas palmadas curtas no lugar dunha palmada normal. Así que, cando vexamos unha parella de paxariños damos dúas palmadas curtas para facer o seu ritmo, vale?. Probamos agora facendo dúas palmadas curtas con estes dous paxariños. Unha, dúas e tres: 
Outra vez. Unha, dúas, e tres:

Lembra que un paxaro é igual que unha negra e que o niño baleiro é igual a un silencio:
 
E a parella de paxariños é igual que unha parella de corcheas, vale?. 
A partir de agora, cando vexamos un paxaro damos unha palmada, cando vexamos un niño baleiro esperamos, e cando vexamos unha parella de corcheas damos dúas palmadas curtas. Si?. Adiante!.
Se non che saíu inténtao unha vez máis, e se che saíu, fenomenal!. Xa sabes ler unha parte da música!.
13. Recordas que en "La casita de las notas" entonamos unha escala musical? ... la si do´si la sol fa mi re do, se acabó.
A nosa voz sona cara arriba e logo cara abaixo. Cando sona cara arriba a escala é ascendente e cando sona cara abaixo a escala é descendente. Mira: 
14.  Fai a páxina 22 do caderno.
15. Sabemos como se chaman as notas gracias á clave de sol. A clave de sol colócase ao comezo do pentagrama. Nace na segunda liña (contando desde abaixo). Ten unha forma enrolada como a cuncha dun caracol, estírase e baixa rematando cun rabiño. Míraa:
16. Repasa a forma da clave de sol co teu dedo índice no exercicio 1 da páxina 23. Logo podes debuxar por dentro dela a súa forma como no vídeo cunha pintura e, por último, coloreala por dentro volvendo seguir o mesmo camiño. Fai despois o exercicio 2 e o exercicio 3.

Estádelo facendo moi ben. Grazas ás familias polo interese e a participación!.

Envío da tarefa 4: Envíanse as fotos das páxinas do caderno e, de maneira opcional, o vídeo dos exercicios rítmicos (os dos paxariños) e /ou das cancións a musicavitaminica@gmail.com. Os alumnos-as que non teñen caderno, ou ben poden imprimir as páxinas se as obteñen por outros compañeiros-as, ou ben poden repasar a través das actividades no ordenador sen facer o caderno.

Tarefa "Queda na casa 5"
17. Escoita o son dos seguintes instrumentos:

18. Escoita a "Marcha turca" de Beethoven:
19. Fai as páxinas 24 e 25 do caderno. No exercicio 1 da páxina 24 colorea o instrumento que escoitaches na "Marcha turca" de Beethoven. O exercicio 1 da páxina 25 faino con lapis: no primeiro pentagrama escribe sete notas, cada unha na liña que prefiras pero só nas liñas. No segundo pentagrama escribe catro notas, cada unha no espazo que prefiras pero só nos espazos. Como son catro, poden estar máis separadas ao longo do pentagrama que as sete de arriba. No exercicio 2 podes facer cada clave de sol dunha cor. Antes podes repasar como se fai no vídeo da tarefa anterior.
20. Escoita "Alla turca" de Mozart. Axuda a Mozart coa súa música dando unha palmada para recoller cada negra.
         
Envío da tarefa 5: Envíanse unicamente as fotos das páxinas do caderno musicavitaminica@gmail.com.

Tarefa "Queda na casa 6"
21. Une cada son co seu animal (fai clic nun son para escoitalo. Logo, marca a casilla fóra do icono do son e a casilla do animal que fai ese son para unilos).
Memorízaos (atopa o mesmo animal en debuxo e en imaxe real).
22. Fai a páxina 26 do caderno.
23.AndalucíaAragónGalicia e Madrid son comunidades autónomas do país no que vivimos, España. Míraas neste mapa de España.
Cada un destes lugares ten un baile popular, que o baila a xente desde lugar:
O chotis é o baile popular de Madrid.

xota é o baile popular de Aragón.

As sevillanas son o baile popular de Andalucía.

A muiñeira é o baile popular de Galicia.
24. Fai a páxina 27 do caderno. Lembra que as liñas do pentagrama comezámolas a contar sempre desde abaixo. No exercicio 2 comeza a repasar o pentagrama desde abaixo.

Envío da tarefa 6: Envíanse unicamente as fotos das páxinas do caderno musicavitaminica@gmail.com.
Tarefa "Queda na casa 7"
25. Vai ao exercicio 1 da páxina 28. Prepara as pinturas e escoita os sons do vídeo. Vai pintando a imaxe do que vai soando. Faino amodo, sen deixar ocos brancos e sen saír por fóra. Cambia de cor e pinta outro debuxo cada vez que sone un novo son. Non importa se non remataches de pintar o anterior, cambia e non quedes atrás. 
Agora podes acabar de pintar o que non che deu tempo antes.
26. Fai o exercicio 2 con debuxos de sons diferentes aos do exercicio 1. 
27. Escoita El amor de las tres naranjas de Prokofiev. Fíxate ben nos instrumentos que aparecen:
 
28. Fai o exercicio 1 da páxina 29 coloreando dos instrumentos que aparecen no exercicio, todos os que tocan en El amor de las tres naranjas.
29. Fai o exercicio 2.
30. Se es de 1ºA responde estas preguntas.
      Se es de 1ºB responde estas preguntas.
Envío da tarefa 7: Envíanse as fotos das páxinas do caderno musicavitaminica@gmail.com.

Tarefa "Queda na casa 8"
31. Escoita a Marcha do león
32. Vai á páxina 9 do caderno e fai o exercicio 1. Para elo volve escoitar a Marcha do león e vai numerando os debuxos polo orde que van aparecendo nesta peza musical e logo colorea.
Fíxate nas seguintes pistas (están desordenadas):
León ruxindo                 Paseando


                Aparecendo              Marchando ruxindo                  
33. Vai á páxina 11 do caderno. Fai o exercicio 1 escribindo o nome de todos os instrumentos. Atopa o pandeiro e as claves e colorea só estes dous instrumentos.
34. Fai o exercicio 2. Mira primeiro o significado do punto negro, do punto vermello e de Z:
Agora escribe o símbolo correspondente seguindo o orde das casillas como che indico arriba:
Ditado1: SON-SILENCIO-SILENCIO-SILENCIO-SON-SILENCIO-SILENCIO-SILENCIO.
Ditado 2: SON GRAVE-SON AGUDO-SON AGUDO-SON AGUDO-SON GRAVE-SON AGUDO-SON AGUDO-SON AGUDO.
Ditado 3: SON-SILENCIO-SILENCIO-SILENCIO-SON-SILENCIO-SILENCIO-SILENCIO. 
Ditado 4: SON GRAVE-SON AGUDO-SON AGUDO-SON AGUDO-SON GRAVE-SON AGUDO-SON AGUDO-SON AGUDO.
Envío da tarefa 8: Envíanse as páxinas do caderno. Os alumnos-as que non teñen o caderno poden tomar unha fotografía da práctica da escritura da clave de sol e das notas MI e SOL no pentagrama e enviala a musicavitaminica@gmail.com.

Tarefa "Queda na casa 9"
35. Ditados. 
Vai á páxina 31 do caderno e numera os pentagramas e todos os ritmogramas así: 
Prepara unha pintura azul clara para SOL e unha pintura amarela para MI. A pintura amarela colócaa primeiro, máis preto de ti e a pintura azul clara ao carón da amarela máis lonxe de ti. Mantén as pinturas neste orde. No primeiro pentagrama escribe enriba de cada número de unha en unha as seguintes notas:
SOL 2 MI 3 SOL 4 SOL 5 MI 6 MI MI SOL
Agora escoita como sonan (se non as tes ben, aproveita para corrixilas. Escoita primeiro e corrixe despois):
A continuación escoita e no segundo pentagrama vai escribindo SOL ou MI ao tempo que escoitas cada son. Non é necesario que mires o vídeo, mellor que vaias mirando o papel e collendo a pintura necesaria para escribir cada nota na súa liña. Dálle a play e concéntrate:
36. Fai a páxina 30.

Envío da tarefa 9: Envíanse as fotos das páxinas do caderno. Os alumnos-as que non teñen o caderno poden practicar a escrita destas dúas notas nun pentagrama nun folio coa clave de sol escrita ao comezo e enviala musicavitaminica@gmail.com.
Ata a semana que vén.

Tarefa "Queda na casa 10"
36. Ditados. 
No terceiro pentagrama da páxina 31 escribe as notas LA LA LA LA MI SOL LA LA
LA no 2º espazo coa pintura azul escura, SOL na 2ª liña coa azul clara e MI na 1ª liña coa amarela. Así:

Escoita como sona o que acabas de escribir:
Pon a pintura amarela preto de ti, a azul escura lonxe de ti e a azul clara no medio, entre a amarela e a azul escura. Mantén as pinturas nesa orde. 
 escribe 
No quinto pentagrama crea o teu propio ditado de sons con LASOLMI na orde que prefiras.

Imos agora cos ritmogramas. No primeiro ritmograma escribe: NEGRA, NEGRA- NEGRA, SILENCIO- NEGRA, PARELLA DE CORCHEAS- NEGRA, NEGRA. Así: (Para o silencio escribe Z).
Escoita como sona o que acabas de escribir:
No segundo ritmograma escribe: NEGRA, NEGRA- PARELLA DE CORCHEAS, NEGRA- PARELLA DE CORCHEAS, SILENCIO- NEGRA, SILENCIO.
No terceiro ritmograma escribe o que escoitas a continuación:
No cuarto ritmograma crea o teu propio ditado rítmico con NEGRA, SILENCIO  e PARELLA DE CORCHEAS na orde que prefiras (dúas figuras en cada caixiña).

Envío da tarefa 10: Envíase a páxina 31 a musicavitaminica@gmail.com. Esta é a última tarefa do curso. Pódese enviar esta e as anteriores que estean pendentes de envío ata o venres 5 de xuño.





LINGUAXE MUSICAL 2º CURSO 2019-20


Tarefa "Queda na casa 2"
1. A maioría do vocabulario que se emprega na música vén do italiano. Para referirnos á velocidade á que cantamos, tocamos ou bailamos existen as seguintes palabras: 
Cando a música sona adagio faino de maneira lenta.
Cando a música sona andante faino normal, nin lento nin axiña.
Cando a música sona allegro ten unha velocidade rápida.
Escoita:
2.  Agora vai á páxina 15 do caderno e fai o exercicio 1.
3. Escoita e observa "Na cova do rei da montaña" do compositor Peer Gynt (pon a pantalla en grande para velo mellor).
4. Fai da páxina 15 o exercicio 2.
5. Escoita de novo "Na cova do rei da montaña" imaxinando o que está ocorrendo. Que imaxinas? Debúxao no exercicio 3 da páxina 15.
6. Segue practicando a partitura SOL-LA-SI coa frauta. Non fai falta que sone, toca con ela debaixo da boca como practicamos na clase. Por se non a tes, déixocha aquí e tamén as posicións da frauta (se fas clic enriba dela ponse en pantalla grande).

Envío da tarefa 2: Se tes dúbidas pódesme escribir por correo electrónico. E para que vexa o ben que o estás facendo pódesme enviar as fotos das páxinas do caderno e un vídeo tocando a nova partitura. É recomendable facelo desde un ángulo fixo que colla as mans (desde un lateral) e a partitura pola que está lendo (un pouco desde atrás). Envía o musicavitaminica@gmail.comOs alumnos-as que non teñen caderno, ou ben poden imprimir as páxinas se as obteñen por outros compañeiros-as, ou ben poden repasar a través das actividades no ordenador sen facer o caderno.

Tarefa "Queda na casa 3"
7. Lembras que a maioría das palabras que empregamos en música son italianas? Pois hoxe aprendemos catro máis. Aprende:
Cando tocamos ou cantamos con moita intensidade facémolo forte e cando o facemos con pouca intensidade facémolo piano. A música que sona moi forte faino fortissimo e a música que sona moi suave faino pianissimoEscoita:
8. Vai á páxina 16 do caderno e fai os exercicios 1 e 2 (para o 2 repasa primeiro as palabras italianas da tarefa anterior).
9. A voz dunha muller é unha voz feminina e a voz dun home é unha voz masculina. Sonan diferente, normalmente a feminina aguda (^) e a masculina grave (v). Pero a voz dun neno e dunha nena é semellante ata que non son máis maiores. Así que tanto a voz dunha nena como a voz dun neno é unha voz infantil. Que tipo de voz son as seguintes voces faladas?. Di "feminina", "masculina" ou "infantil" segundo a voz que escoites.
10. Sabías que podemos falar porque as nosas cordas vocais vibran?. Este movemento que fan as cordas vocais chamáse vibración e permítenos falar e cantar!. Escoita e aprende a seguinte canción: "Vibran con él, vibran con él, la la la la la...".
11. Fai os exercicios 1, 2 e 3 da páxina 17 do caderno.
12. Practica unha nova partitura coas notas si, la, sol. Xa ves que cada nota está da cor coa que a traballamos na clase para que te axude, así non tes que imprimir a partitura e rodear as notas á man se non tes impresora ou prefires estudala no ordenador ou na tableta (lembra estudala coa frauta no mentón ata que saia antes de pasar a soplar). Non soples o primeiro día e cando soples lembra pensar na sílaba "tu". 
13. Se es de 2ºA responde a este cuestionario.
      Se es de 2ºB responde a este cuestionario.
Envío da tarefa 3: Envíanse as fotos das páxinas do caderno e o vídeo tocando "Campaíñas sonarán" a musicavitaminica@gmail.comÉ recomendable facelo desde un ángulo fixo que colla as mans (desde un lateral) e a partitura pola que está lendo (un pouco desde atrás). Os alumnos-as que non teñen caderno, ou ben poden imprimir as páxinas se as obteñen por outros compañeiros-as, ou ben poden repasar a través das actividades no ordenador sen facer o caderno.
Practica frauta 5 minutos ao día.

Tarefa "Queda na casa 4"
14. Antes de nada fai o exercicio 2 da páxina 12 se non o tes feito.
15. Ata agora estivemos traballando co compás de 2 tempos, verdade?. Un compás no que caben figuras musicais que suman 2 tempos (como fixeches no exercicio 1 da páxina 9).
                   
Hoxe imos traballar co compás de tres tempos que é igual que o de dous tempos pero cun tempo máis. Así de fácil: 
Dependendo de se un compás é de dous tempos ou de tres tempos, a continuación da clave de sol poñeremos un 2 e debaixo unha negra coa plica cara abaixo ou un 3 e debaixo unha negra coa plica cara abaixo. Ves?.
16. Vai á paxina 18 do caderno e fai os exercicio 1 e 2. O primeiro que hai que poñer é o compás (xa está posto no primeiro esquema rítmico). Coloca o compás nos esquemas rítmicos de abaixo. Logo marca os pulsos de cada compás con ralliñas verticais. 
E logo só tes que contar 3 pulsos e pos liña divisoria, outros tres pulsos e outra liña divisoria...e rematas con dobre barra final:
No exercicio 2 creas os teus esquemas rítmicos en compás de 3 tempos seguindo os mesmos pasos que acabas de facer no exercicio 1 (como o que fixeches no exercicio 2 da páxina 9 pero agora en 3 tempos). 
16. Escoita o Danubio azulÉ un valsUn tipo de baile moi elegante para bailar en festas. O Danubio azul é un dos valses máis coñecidos do compositor Johann Strauss. 
17. Fai o exercicio 3 da páxina 18. Nel todas as nenas e nenos están en movemento pero só algúns están bailando o vals El Danubio azul porque están facendo movementos axeitados a esa música. 
18. Por último fai o exercicio 1 e o 2 da páxina 19. No 1 combina as figuras musicais como che apeteza. Utilízaas todas. Podes ir riscando a que vaias escollendo. Non deixes que o ladrón marche con ningunha. Lembra colocar os pulsos e as liñas divisorias.   No exercicio 2, na cova, cada nota está coa súa clave de sol pero no pentagrama de abaixo só é necesaria a clave de sol do comezo.
19. Segue practicando pouco a pouco a partitura Campaíñas sonarán.

Moitas grazas ás familias por tanta colaboración, participación e interese como estades amosando!. É un exemplo de cara á motivación dos pequenos-as e para que sigan notando a conexión co cole e dando sentido ao que fan. Parabéns polo traballo que estades a realizar!.
Podedes seguir enviando os vídeos segundo avance cada un-ha. Non vos preocupedes se unha semana non podedes. O importante é que eu poda comprobar esa evolución. Se un neno-a precisa de dúas semanas para poder enviar un novo vídeo, pode facelo cada quince días. E se preferides envialo semanalmente coas páxinas do caderno, fenomenal tamén.

Envío da tarefa 4: Envíanse as fotos das páxinas do caderno e, de maneira opcional, o vídeo dos exercicios rítmicos a musicavitaminica@gmail.com. Os alumnos-as que non teñen caderno, ou ben poden imprimir as páxinas se as obteñen por outros compañeiros-as, ou ben poden repasar a través das actividades no ordenador sen facer o caderno.
Tarefa "Queda na casa 5"
20. Escoita os instrumentos de vento.
21. Fai as páxinas 20 e 21 do caderno. Na páxina 21 no exercicio 1 fíxate que hai dous trens con vagóns de 3 tempos e dous trens con vagóns de dous tempos. Nos trens de tres tempos debes escribir figuras que sumen tres tempos en cada vagón, por exemplo, tres negras. E nos trens de dous tempos debes escribir figuras que sumen dous tempos, como por exemplo, dous silencios. Combínaas como prefiras. No exercicio 2 completa coas notas SI, LA e SOL. Onde pon MI cámbiaa pola nota SI. Lembras onde se colocan?. Son as que sabes coa frauta. SI na terceira liña, LA no segundo espazo e SOL na segunda liña. Adiante!. 
22. Segue practicando coa frauta "Campaíñas sonarán".
Envío da tarefa 5: Envíanse unicamente as fotos das páxinas do caderno a musicavitaminica@gmail.com.

Tarefa "Queda na casa 6"
23. Escoita o conto "La naturaleza suena":
24. Fai a páxina 22 do caderno.
25."El diálogo musical" é unha pequena peza musical na que os instrumentos que sonan fan preguntas e respostas. Escoitas unhas partes forte e outras piano? Cando sonan forte están preguntando e cando sonan piano están respondendo. Adiviñas algún dos instrumentos que sonan?. Escoita con atención:
26. Fai a páxina 23 do caderno. No exercicio 1 debes debuxar en cada cadro un instrumento que escoitaches no "Diálogo musical" (sen atender á cor do recadro nin a se é pregunta ou resposta). Utiliza tantos cadros como instrumentos escoites. No exercicio 2 escribe as respostas con esas notas no orde que queiras e rematadas cunha negra.
Envío da tarefa 6: Envíanse unicamente as fotos das páxinas do caderno a musicavitaminica@gmail.com.

Tarefa "Queda na casa 7"

27. Fíxate nas notas e fai o exercicio 1 da páxina 24 do caderno.
28. Escoita e logo fai o exercicio 2:
29. Observa o musicograma e logo intenta facelo ti co dedo na pantalla ou no caderno como che indico. Fíxate que os puntos representan sons de notas curtas e as liñas sons de notas longas. Antento-a, que vai rápido:
30. Agora fai os exercicios 2 e 3.
31. Se es de 2ºA responde estas preguntas.
      Se es de 2ºB responde estas preguntas.
Envío da tarefa 7: Envíanse as fotos das páxinas do caderno a musicavitaminica@gmail.com.


Tarefa "Queda na casa 8"

32. Os instrumentos musicais clasifícanse segundo a maneira en que producen o son. Se un instrumento musical precisa de cordas para producir o seu son, ese instrumento é de corda. Se para facer son cun instrumento precisamos soplar nel, ese instrumento é de vento. E se para producir son golpeamos ou axitamos un instrumento, é un instrumento de percusión. Con esta información fai a páxina 26 do caderno.
33. Escoita a Danza de los mirlitones:
Escóitaa de novo e atende ao instrumento principal que a interpreta. Vai á páxina 27 e no primeiro recadro do exercicio 1 debuxa ese instrumento e escribe o seu nome ao lado. Fai tamén o exercicio 2.
34. Se che sae "Campaíñas sonarán" intenta tocala ao tempo que no seguinte vídeo:
Envío da tarefa 8: Envíanse unicamente as páxinas do caderno. Os alumnos-as que non teñen o caderno poden tomar unha fotografía da práctica da escritura da clave de sol e das notas SI, LA, SOL no pentagrama e enviala a musicavitaminica@gmail.com.

Tarefa "Queda na casa 9"

35. Fai o exercicio 1 da páxina 28 do caderno.
36. Escoita a canción "Un pollito me picó" atendendo ás voces que cantan.
Agora fai o exercio 2 da páxina 28.
37. Repasamos:


Antonio Vivaldi naceu na cidade de Venecia, en Italia. Foi violinista profesional e tamén director musical. Escribiu máis de 800 obras, entre elas "Las cuatro estaciones" cunha música á primavera, outra ao verán, outra ao outono e outra ao inverno. 


Amadeus Mozart, como vimos no conto na clase, pasaba moitas tardes escoitando como a súa irmá Nannerl tocaba o piano e quixo aprender a tocalo el tamén. Amadeus aprendeu a tocar o piano aos tres anos, e aos cinco anos xa daba concertos. Amadeus non foi á escola. O seu pai Leopold era músico e profesor e ensináballe Música, Matemáticas e idiomas. Leopold decidiu que os seus fillos, Nannerl e Amadeus debían dar concertos polo mundo. Amadeus compuxo música para tocar e música para cantar. Unha obra moi coñecida para cantar é "La flauta mágica" e unha obra moi coñecida para tocar é "Marcha turca".

Ludwig Van Beethoven tamén aprendeu piano co seu pai, que era músico, e máis tarde con outros mestres de Música. Traballou como pianista. Aos 26 anos comezou a quedarse bastante xordo e pouco a pouco quedou sen poder oír nada. Aínda así seguía facendo música. Como a facía sen oír?. Pois a partir das vibracións do son, ese tipo de temblores que podemos notar a través do tacto cando a música está sonando. Unha das obras máis coñecidas de Beethoven é "Para Elisa", adicada a unha muller que se chamaba así.

Camille Saent-Saëns aprendeu música coa súa nai e coa súa tía, e tamén aprendeu a tocar moi cedo o piano. Compuxo moitas obras, unha delas é "El carnaval de los animales", con varias pezas musicais que representan os movementos e sons de varios animais. En clase traballamos "La marcha del león". Lembras?.

38. Coa información anterior fai a páxina 29. Emprega unha cor diferente para cada compositor. Une a imaxe dun compositor da primeira columna coa súa información na segunda columna, a información da segunda columna coa súa obra musical na terceira columna, e a súa obra musical co nome do compositor na cuarta columna. 


Envío da tarefa 9: Envíanse as páxinas do caderno e o vídeo da frauta os que aínda non o enviaron. Os alumnos-as que non teñen o caderno poden tomar unha fotografía da práctica da escritura da clave de sol e das notas SI, LA, SOL no pentagrama empregando as figuras de negra, corchea e silencio, e tamén o vídeo da frauta e enviala a musicavitaminica@gmail.com.
Ata a semana que vén.

Tarefa "Queda na casa 10"
39. Ditados.
Vai á páxina 31 do caderno e numera os pentagramas e todos os ritmogramas así:
Primeiro pentagrama: Colle a pintura morada para a nota SI (3ª liña), a azul escura para LA (2º espazo) e a azul clara para SOL (2ª liña). Escribe no espazo ou na liña correspondente as seguintes notas: SOL-LA-SI-LA-SI-LA-SOL-SOL.
Escoita como sona o que acabas de escribir:
Segundo pentagrama: Escribe SILA ou SOL segundo o son que escoites:
Terceiro pentagrama: Crea o teu propio ditado de notas con SILA e SOL na orde que prefiras.
Cuarto pentagrama: Escribe de novo as notas que escribiches no terceiro pentagrama con figuras de negra (lembra: cabeza rechea+plica).
Quinto pentagrama: Escribe de novo as notas que escribiches no cuarto pentagrama con figuras de branca (cabeza sen rechear+plica).
Imos agora cos ritmogramas. Nos ritmogramas 1º e 2º coloca a fórmula do compás de 2 tempos (lembra: ao comezo un 2 e unha negra coa plica cara abaixo  e á esquerda).
Nos ritmogramas 3º e 4º coloca a fórmula do compás de 3 tempos (un 3 e unha negra).
Primeiro ritmograma: Escribe NEGRA, NEGRA- PARELLA DE CORCHEAS, SILENCIO- SILENCIO, NEGRA-NEGRA-PARELLA DE CORCHEAS. Así: (coloca os pulsos, as liñas divisorias e a dobre barra final).
Segundo ritmograma: Escribe o ritmo que escoites a continuación:
Terceiro ritmograma: Crea o teu propio ditado rítmico en compás de 3 tempos (se queres empregar a figura de branca lembra que dura 2 tempos).
Cuarto ritmograma: Escribe o ritmo que escoites a continuación. Escóitao tantas veces como necesites (coloca os pulsos, as liñas divisorias e a dobre barra final):
40. Por último fai a páxina 30 do caderno.

Envío da tarefa 10: Envíanse as páxinas do caderno a musicavitaminica@gmail.com. Esta é a última tarefa do curso. Non haberá máis tarefas de Música nin de Plástica. Pódese enviar esta e as anteriores que estean pendentes de envío ata o venres 5 de xuño.

Repaso de SI LA SOL.  Observa cada nota con cadansúa posición na frauta e comproba que colocas correctamnte as dúas mans.