FELIZ 2023


Con gran elegancia celebramos hoxe a nosa particular entrada no ano 2023.

Unha vestimenta para a ocasión, uvas da boa sorte, e badaladas en directo foron suficiente para desfrutar unha vez máis dun momento de unión e de compañeirismo entre as clases de 5º de Educación Primaria.

Despedimos, así, o 2022 que tantos grandes momentos nos deu e pedimos ao ano próximo poder compartir máis e máis, e mellores aínda.

Agora xa estades preparadas e preparados para o cambio de ano definitivo. Pero lembrade agardar os catro cuartos antes da primeira badalada...

Agradecemos a todas as compañeiras e compañeiros as ganas postas neste día, á compañeira e ao compañeiro músicos encargados de tocar, e ás profesoras Isabel, Emma e profesor Miguel pola organización e preparación de todo o necesario para este día: planificación, decoración, merendola e actividades.

Boas festas!


Explicación

Badaladas



2022




"2023"



🎵🎵🎵







TAREFA PARA NADAL 4º, 5º E 6º



Lembrade que durante este período de vacacións debedes repasar os audios do primeiro trimestre.

Para elo accedede a:



seleccionade idioma GALEGO e logo introducide o usuario e o contrasinal que levastes na axenda.

Cando o fagades, podedes escribir un comentario ao final desta entrada dicindo como vos foi.

Ah!, e se empregades cascos ou auriculares, lembrade axustar o volume antes de conectalos.


Boas festas!


🎵🎵🎵

MÚSICA TIC

Esta semana houbo sesión de Música TIC de repaso dos contidos do trimestre a través de xogos musicais interactivos. E non o fixestes nada mal...

Pouco a pouco gañaredes máis puntos e pasaredes aos seguintes niveis. 

Que vos pareceu a sesión?. Podedes deixar un comentario ao final desta entrada e tamén podedes responder ao comentario dun compañeiro ou compañeira.















🎵🎵🎵

APRENDENDO OS INSTRUMENTOS

Que instrumento é?.

Xogando por parellas, o alumnado de 1º está aprendendo os diferentes instrumentos musicais. 

Existen moitos e, pouco a pouco, irán engadindo novos nomes ao repertorio dos que xa coñecen.

Con cada tarxeta sabida, un punto!.












🎵🎵🎵


RUBIK COMPLETADO


O cubo de Rubik, que orixinariamente se chamou cubo máxico, é un crebacabezas mecánico tridimensional creado polo escultor e profesor de arquitectura húngaro Erno Rubik no ano 1974.

No 1980, o cubo de Rubik foi premiado como o mellor xogo do ano na categoría de crebacabezas.

Ata xaneiro do 2009 levábanse vendidos 350.000.000 de cubos en todo o mundo.

Actualmente, existen variantes deste cubo pero o clásico posúe seis cores (branca, vermella, azul, laranxa, verde e amarela). 

Funciona a partires dun mecanismo de eixes que permite a cada cara xirar de xeito independente mesturándose, así, as cores. 

Para resolver o crebacabezas, cada cara debe volver a quedar dunha soa cor.


En Música calculamos cuartos, metades, partes enteiras... facemos divisións, multiplicacións, sumas e restas, e todo mentalmente. 

Dándolle ao coco esta vez cos cubos de Rubik: nivel 1 (inicial), nivel 2 (intermedio) e nivel 3 (avanzado).

NIVEL 1



  


  





NIVEL 2

  

          

   

     

  







NIVEL 3



      




Como che parece que o fixeron estas e estes cracks?. Podes deixar un comentario coa tua opinión ao final desta entrada.


🎵🎵🎵