A música desempeña un papel esencial nos medios de comunicación, como a radio ou a televisión. Ademais, existen algúns tipos de composicións creados especificamente para estes medios. Por exemplo:
. Unha sintonía é unha música que nos indica o inicio ou o final dun programa de radio ou de televisión, e que nos permite identificalo rapidamente. Adoita compoñerse por encargo, aínda que tamén se usan fragmentos de obras célebres.
. Un jingle é unha peza musical creada especialmente para anunciar algo. Adoita ser breve e apegadiza, e incluir na súa letra o nome do produto a anunciar.
Sintonías de televisión-Programas-Pasapalabra
Sintonías de radio-Sorteo-ONCE
Sintonías de televisión-Debuxos animados-Bob Esponxa
A persoa que constrúe e repara instrumentos musicais chámase luthier.
O laúde é un instrumento de corda pulsada de orixe árabe moi estendido na península ibérica. En Francia, chamábaselles luthieres aos fabricantes deste instrumento. Eran artesáns e artesás de moita sona. Esa palabra estendeuse ao resto de linguas de Europa.
Trátase dunha profesión moi antiga que aínda perdura nos nosos tempos. Podemos atopar luthiers de gaitas, de guitarras, violíns, laúdes. Tradicionalmente a este oficio adicábanse homes pero na actualidade tamén as mulleres son luthieres.
ODía Nacional de Galicia, coñecido tamén como Día de Galicia ou Día da Patria Galega, é a festa oficial da comunidade autónoma de Galiciae celébrase o25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago.
As celebracións adicadas ao Apóstolo teñen unha duración de dúas semanas aproximadamente. Durante esta quincena, as actividades culturais son moi diversas. A cidade de Santiago chea de música de todos os estilos, danza, teatro, pasarrúas e verbenas. É destacable a reunión de Bandas de Música de toda a Comunidade Autónoma, así como as exhibicións de traxes rexionais e bailes folclóricos.
A noite do 24, no momento que dá paso ao día 25, lánzanse os espectaculares fogos de artificio na honra precisamente ao Apóstolo Santiago, ao tempo que se queima o gran castelo de pirotecnia que imita la fachada gótica da Catedral. O 25 de xullo celébrase a misa solemne na Catedral.
Cando o 25 de xullo coincide en domingo, celébrase o Ano Santo Compostelano ou Ano Santo Xacobeo. Conforme a isto, o vindeiro ano Santo ou Xacobeo será o ano 2021 porque o día 25 será domingo. Ese ano a concentración de peregrinos e peregrinas chegados de todas partes do mundo será moito maior que de costume en Santiago de Compostela.
Aquí tedes un vídeo coa letra do himno de Galicia Os pinos:
Os e as de 6º que ides a 1º da ESO, podedes coñecer de maneira rápida a historia de Galicia no seguinte vídeo:
Os e as demais podedes coñecer a vida na Galicia antiga nos seguintes vídeos:
Video 1
Se che gustou o vídeo 1 mira a continuación o vídeo 2:
Vídeo 2
Gustouche o himno galego? Que é o que máis te chamou a atención da vida na Galicia de antes? Deixa o teu comentario sobre algo do que aprendiches nesta entrada.
O pasado luns o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria asistiu a un concerto explicativo da man dos músicos Rosa e Pablo.
O alumnado tivo a oportunidade de coñecer o por que dalgúns roles do ser humano na sociedade explicado a través da música tradicional galega.
Todo, ao tempo que se informaban sobre a evolución dos instrumentos galegos que coñecen hoxe en día e da importancia da música na sociedade xa desde as orixes da humanidade e ata os nosos días.
A conclusión foi que a música abarca moitos ámbitos da nosa vida redundando con importantes beneficios en cada un de nós como seres humanos e en conxunto como sociedade.