Curso 2025-2026

A CLAVE DE SOL EN 1º

Practicando a clave de sol movéndonos, cantando, facendo a súa forma e escribíndoa nas clases de 1º.

Este signo musical indica como se chaman as notas e hai que colocalo sempre ao comezo do pentagrama cando queiramos crear unha melodía.


Estalles gustando moito aprendela porque, como eles din, "é a que manda na música".







 










RAPEAMOS POLO MAGOSTO


Castaña, castaña

 do chan se apaña,

metida no ourizo

non é unha patraña!.

Magosto, magosto,

non vaias co posto,

leva castañas

alegra ese corpo.

Coidado cos dedos

pódeste picar,

o castiñeiro protexe

o seu froito vital.

Apañando con tino,

metendo nun cesto,

deixando secar

a castaña ao soleiro.

Despois de ben secas

metemos o dente, 

poñémolas ao lume

para que estean ben quentes.

Tan só nun tempiño

están preparadas,

comemos castañas

castañas asadas!.

Tamén é costume

furar a tixola, 

para asar as castañas

a tixola mola!.


Recitado da letra: 

1ª estrofa: 1º EP

2ª estrofa: 4º, 5º e 6º EI

3ª estrofa: 2º EP

4ª estrofa: 3º EP

5ª estrofa: 4º EP

6ª estrofa: 5º EP

7ª estrofa: 6º EP


CALIDADES DO SON EN 2º


O alumnado de 2º respasou a representación gráfica do son para poder pasar a clasificar sons segundo as súas diferentes calidades.









CLASIFICANDO SONS EN 1º


En primeiro curso o alumnado traballando a representación gráfica dos sons e diferenciándoos do ruido. Así de ben o fixeron esta semana.