Practicando a clave de sol movéndonos, cantando, facendo a súa forma e escribíndoa nas clases de 1º.
Este signo musical indica como se chaman as notas e hai que colocalo sempre ao comezo do pentagrama cando queiramos crear unha melodía.
Curso 2025-2026
Por: Música Vitamínica o 21.11.23 / comentarios: 0 1º, cerebro musical, clave de sol, intelixencias multiples, LINGUAXE MUSICAL, signos musicais
Practicando a clave de sol movéndonos, cantando, facendo a súa forma e escribíndoa nas clases de 1º.
Este signo musical indica como se chaman as notas e hai que colocalo sempre ao comezo do pentagrama cando queiramos crear unha melodía.
Por: Música Vitamínica o 10.11.23 / comentarios: 8 1º, 2º, 3º, 4º, 5º, 6º, canción, castaña, interpretación, magosto, rap
do chan se apaña,
metida no ourizo
non é unha patraña!.
Magosto, magosto,
non vaias co posto,
leva castañas
alegra ese corpo.
Coidado cos dedos
pódeste picar,
o castiñeiro protexe
o seu froito vital.
Apañando con tino,
metendo nun cesto,
deixando secar
a castaña ao soleiro.
Despois de ben secas
metemos o dente,
poñémolas ao lume
para que estean ben quentes.
Tan só nun tempiño
están preparadas,
comemos castañas
castañas asadas!.
Tamén é costume
furar a tixola,
para asar as castañas
a tixola mola!.
Recitado da letra:
1ª estrofa: 1º EP
2ª estrofa: 4º, 5º e 6º EI
3ª estrofa: 2º EP
4ª estrofa: 3º EP
5ª estrofa: 4º EP
6ª estrofa: 5º EP
7ª estrofa: 6º EP
Por: Música Vitamínica o 2.11.23 / comentarios: 0 2º, calidades do son, cultura musical, ESCOITA ATENTA
O alumnado de 2º respasou a representación gráfica do son para poder pasar a clasificar sons segundo as súas diferentes calidades.
Por: Música Vitamínica o 30.10.23 / comentarios: 0 1º, cultura musical, ruido, silencio, son
En primeiro curso o alumnado traballando a representación gráfica dos sons e diferenciándoos do ruido. Así de ben o fixeron esta semana.