Curso 2025-2026

TOCANDO A BATERÍA EN 5º


Olé, olé e olé!. A clase de hoxe foi o segundo día de práctica de exercicios básicos modo principiante e as ganas que puxestes foron do mellor. 

A seguir así para poder acompañar cancións!.






























TOCANDO E CANTANDO EN 3º


Aquí temos as rapazas e os rapaces de terceiro interpretando esta canción popular francesa. Dáselles moi ben tocar instrumentos de láminas e poñen moito interese na aprendizaxe do canto.

Escóitaos!.






TOCANDO LÁMINAS EN 4º


Con melodía e acompañamento tocaron as rapazas e os rapaces de cuarto Un mercado persa de Albert William Ketèlbey.

Cunha práctica eficaz conseguen coordinarse e ser quen de tocar en conxunto ao tempo de non perderse coa parte do grupo compañeiro.

Tamén traballan a execución a partires da lectura e a memoria de pequenos fragmentos desenvolvendo a conciencia musical. 

Hoxe xa houbo máis voluntarias e voluntarios. Notouse o repaso semanal. Xenial!.